miércoles, 28 de diciembre de 2011

“O DCM non descansa por Nadal”

A pesares de que a competición oficial non regresa ata o vindeiro día 14 de xaneiro, os nósos saben a importancia de chegar ó 100% ós primeiros encontros tralo parón navideño, polo que apenas desfrutarán de vacacións.

O equipo adestrou o pasado xoves 22 case ó completo, xa que Yago regresou á dinámica de equipo e tan só Jorge e Chape causaron baixa. Do mesmo xeito, agárdase que mañá día 29 os nósos regresen ó pavillón de Valadares para non perder a forma e baixar os kilos de máis collidos en noiteboa e nadal.

Ademáis, o vindeiro día 02 de xaneiro de 2012, parte do nóso plantel terá unha agardada cita, a Copa Loiola 2012, trofeo de gran prestixio e onde este ano, o equipo ten postas moitas expectativas. Quique, Emi, Pani, Xmon e Pablo serán a representación dcmista do equipo no torneo (aínda que este último recibíu o permiso do clube para defender outra camisola no torneo). Xmon tamén podería recibir dito permiso se así o solicita.
A directiva busca reforzar ese terceto de fixos (Quique, Emi e Pani) con alomenos un par de fichaxes, que cubrirían as baixas de Yago, Chape, Vare e Jorge, quenes perderán o torneo por motivos deportivos, de saúde ou laborais. Un dos reforzos que soa con forza na prensa deportiva é un xogador cun gran nivel e traxectoria e moi querido polos nósos; Sebas, quen xa desputou algún amigábel coa elástica dcmista, pero sería a súa primeira participación no torneo. De confirmarse a noticia, o equipo contaría cun gran xogador e centraríase en atopar un gardamallas, aínda que o mercado de cancerbeiros é moi limitado, e un dos candidatables habituais, Castor, xa foi descartado polo presidente coas verbas de “Aforrarémoslle ter que coller unha gripe para xustificar a súa habitual baixa de última hora”. Soan tamén como posibles reforzos, Orly, Fidel (outro xogador procedente da capital galega ó igual que Sebas) e dous rapaces da canteira, Nacho e Pedro.

Tras ese torneo, si que chegará un descanso de dez días, ata o xoves 12 de xaneiro, onde o equipo retomará os adestramentos para preparar o vital encontro do día 14 ou 15 ante o colista da división, Os Gamusinos. Yago terá que regresar a terras condais para ditas datas, polo que sería baixa para ese encontro. Chape será dúbida xa que segue no parte de mancados e agardarase pola súa evolución ata entón. O resto do equipo debería estar a disposición do adestrador, que os agarda a todos para dito adestramento do xoves 12, xa que sería de gran importancia que os mesmos xogadores que entren na convocatoria ligueira dispoñan xa de minutos xuntos no adestramento.

Restan cinco encontros para rematar a primeira volta da competición e os nósos conscientes da importancia deses partidos, pretenden chegar máis enchufados que os rivais tralo parón, por iso, o DCM non descansa polo Nadal.

Un saúdo! Felices Festas! E próspero Aninovo!

miércoles, 21 de diciembre de 2011

“A pegada do vixente campión afunde ó DCM” DCM 2-7 Hannover


Entretido partido para despedir o ano, o que nos brindaron Hannover e DCM, dous equipos con aspiracións moi diferentes na táboa pero coa mesma necesidade de puntos.
O DCM tentouno, e chegou a meter o medo no corpo ó rival, pero a letal pegada do Hannover sentenciou o partido e enviou de novo ós Dcmistas a postos de descenso.

A décima xornada de liga, deixábanos un duelo entre vellos coñecidos e o regreso de Emi ás convocatorias tralo seu paso polas illas británicas. Polo que só Yago e Chape eran baixa para este partido.
Hannover comezou mandando co esférico, o movía dun lado a outro con moito criterio e paciencia pero non acababa de superar con claridade á defensa dcmista. Gozou dalgunha tímida oportunidade o DCM con pases en longo ós que a piques estaba de chegar Pablo. Pero pasados os minutos iniciais e ó ver que só coa posesión non era suficiente, os actuais campións optaron por tentar rachar a tela de araña dos rosiñas con disparos lonxanos, e acertaron de cheo na idea. Ós sete minutos de encontro, tras saque dende o curruncho e rexeite da defensa, o balón morto na frontal da área era convertido cun disparo potente polos visitantes facendo o 0-1. Pronto chegaría o 0-2 cun lonxano mísil de Migui que superaba a Jorge.
Duro golpe para os dcmistas en escasos minutos, que lles obrigaba a asumir máis riscos. Consecuencia diso, chegaría o terceiro gol dos visitantes tras boa combinación en ataque ante unha defensa moito menos poboada que no inicio, era o 0-3.
Parecía que sentenciaba xa o choque ó Hannover, pero baixaron entón en intensidade os visitantes e o DCM meteríase de novo no partido. Puido recurtar diferenzas Vare tras bo servizo de Emi en boca de gol, pero non chegou con convicción suficiente e o seu forzado remate petaba no defensa cando o cancerbeiro estaba case batido.
Sí conseguirían achegarse no marcador consecuencia da sexta falta do Hannover, Vare anticipábase nun balón dividido ó que rival chegaba tarde e Pousa indicaba a infracción. Quique, lanzaba o dobre penalti e aínda que o porteiro rexeitaba por dúas veces, á terceira Quique conseguíu transformar facendo o 1-3.
E un minuto despois, fantástica contra dos Dcmistas levada por Emi quen servía de novo a pracer para que esta vez sí, Vare fixese o 2-3 co que se chegaba ó descanso.

O DCM estaba no partido, e ós rivais aparecíanlles as pantasmas de partidos anteriores, onde a pesares de ser moi superiores, un exceso de confianza complicáballes os encontros.

Saíu convencido das súas opcións o DCM na segunda metade e tiveron ata 3 ocasións claras para facer o empate, a mellor nun disparo ó pau de Quique.
Pero a fortuna non estivo de cara neses intres para os dcmistas, non só porque non entrou o gol do empate senón porque o 2-4 chegaría en propia porta tras un intento de despexe de Pani.
Co 2-4, o DCM optou por centrarse no ataque, esquecendo o traballo en defensa, e ante iso, os visitantes atoparíanse coa situación idónea para desplegar o seu xogo, e con boas combinacións e desmarques creaban continuamente superioridades en ataque que se convertían en goles. Un tras outro ata chegar ós sete que reflicte o marcador. Tería tamén algunha contra clarísima o DCM pero hoxe a súa fortuna cara o gol xa tiña marchado facía tempo.

Remataba así un encontro que tivo momentos de igualdade, pero que rematou con victoria moi xusta do Hannover que foi moi superior ós Dcmistas no cómputo global.

Con este resultado e as victorias do P.Eloy, Xestas e de Navia, o DCM cae tres posicións na táboa e remata o ano en postos de descenso. Aínda así, o equipo debe quedar coas cousas boas destes dez primeiros encontros que son moitas, para regresar máis mentalizados cos rivais no ano 2012, xa que haberá moitísimo en xogo.
E é que agora sí, podemos dicir que rematou ese periodo de adaptación do equipo á categoría. Xa saben os nósos como son os partidos na primeira división, e a pesares de acabar en postos de descenso o ano, as sensacións non son de todo malas.
O DCM plantou cara a tódolos rivais e tivo opcións en tódolos encontros.
Ademáis, concluíu tamén a adaptación de Pablo ó equipo, Xmon e Chape retomaron o ritmo da competición e xa están a un alto nivel, superáronse importantes baixas como as de Jorge e Emi e a permanencia está moi preto (a só dous puntos).
Con implicación e esforzo, os resultados deberían chegar no ano 2012.

Ata entón, reciban un cordial saúdo. Felices festas para todos!

jueves, 15 de diciembre de 2011

“Ata sempre 2011” Dep.CarlosMiguel Vs. Hannover


A décima xornada de liga significará a despedida do ano 2011, un ano no que pase o que pase neste encontro, será sempre ben recordado polos dcmistas, xa que foi o ano do ascenso á 1ª división.

Pero deixando á marxe a melancolía, o certo é que os nósos regresan do parón ligueiro con boas sensacións e é que no último encontro conseguíuse unha vitoria un tanto inagardada ante un bo rival como é o Wapichi.
Ademáis, para esta xornada o equipo recupera a Emi, tras case dous meses de ausencia.

Pero enfronte estará un dos mellares equipos da liga, o vixente campión da categoría, e máximo goleador da presente campaña, que a pesares de ter un inicio de campionato algo dubitativo, é un dos equipos máis temidos polos nósos, quenes saben do que son capaces, tras coincidir con eles na 2ª división.
Eses pinchazos sufridos polo Hannover xornadas atrás, convirten ó rival dcmista nun equipo moito máis perigoso, xa que de seguro terán ansias de vitorias que os devolvan ó máis alto da clasificación e semella claro que xa non caerán na relaxación.

O DCM tentará aguantar o chaparrón de xogo e ocasións que adoita provocar o Hannover, e confiará en que o rival non teña o seu mellor día, o que unido a un traballo perfecto dos dcmistas, puidera dar lugar a ter opcións de sumar algún punto neste encontro.

Pero ademáis os nósos seguirán coa súa guerra particular, na búsqueda dunha idea de xogo idónea. Nas últimas xornadas o equipo conseguíu definir un sistema que deu froitos, pero co regreso de Emi, amplíase de novo o abano de opcións.

O que é seguro e que Jorge estará baixo paus, desputando un deses encontros que lle gustan, con moitas chegadas do rival que o farán traballar arreo, Vare seguirá na defensa xunto con Xmon (Chape causará baixa por problemas no menisco) e Pablo e Pani semellan intocables da parcela ofensiva polo bo rendemento que están a dar.
Na posición de Quique e de Emi é onde pode existir máis variabilidade, e consecuencia dese posicionamento, tamén pode variar o fundamento de xogo do equipo.
Polo de agora, parece que será Quique o que regrese a posicións defensivas a pesares do seu excelente entendemento ofensivo con Pablo, e Emi recuperará o seu posto no ataque dcmista. Dada a entidade e o nivel do rival, tampouco hai moitas dúbidas en canto ó plantexamento que debe facer o equipo, polo que as alternativas de posicións e idea de xogo quedarán pendentes de analizar para futuros encontros.

¿Conseguirá o DCM (12º) rematar o ano fóra dos postos de descenso? Unha victoria dos nósos o aseguraría, pero incluso co empate ou no peor dos casos coa derrota, tamén podería lograrse e é que Navia e Xestas (13º e 14º) enfróntanse a duros rivais, Mazda e NovoVidal (2º e 5º) respectivamente, o P.Eloy (15º) ten un duelo directo con UrbaOsCabazos (11º) e Gamusinos (16º) aplazou o seu partido.
A décima xornada ten a resposta.

HORARIO E LUGAR: Pavillón de Moledo, Sábado ás 19:00horas DCM VS. HANNOVER
(e antes, outro partido entre rivais directos dos nósos, ás 18:00 UrbaOsCabazos-PEloy)

domingo, 4 de diciembre de 2011

“Recompensa ó madrugón" DCM 5-2 Wapichi

Balón de osíxeno vital para os Dcmistas o conseguido esta 9ª xornada de liga, nun encontro no que todos os esforzos víronse recompensados con goles que facilitaron moito un compromiso que se prevía moito máis complexo.


Plantexamento correcto, boa actitude e sobretodo anotar goles en momentos fundamentais do partido deron como froito esta vitoria vital.
O Wapichi non foi quen de superar a poboada e colocada defensa dcmista, namentres que os nósos, grazas a un inspiradísimo Pablo que volveu formar parella letal con Quique, sí souberon rachar o sistema defensivo rival para decantar o partido.

E como diciamos os goles chegaron en momentos vitais. O primeiro, nada máis principiar, recuperación en media pista e gol de Pablo, 1-0.
Síntese moito máis cómodo o DCM por diante no marcador e grazas a iso, asentouse no partido, defendeu moi ben e creou boas ocasións de gol.
Transcorrían así os minutos ata que mediada a primeira metade, desafortunada acción de Jorge, quen tras un saque de banda de Wapichi que lanzou directamente a portería, dubidou se deixar entrar o esférico (non é válido o gol de saque de banda) ou detelo, e coas dúbidas rematou por tocar o balón e éste colouse cara a portería por debaixo das súas pernas. Era o 1-1.
Pero Wapichi seguía algo desenchufado, parecía non atoparse cómodo xogando ataques largos, e o DCM apenas lle permitía contragolpes, onde sí son moi perigosos.
Foi entón cando os nósos atoparon o camiño da portería rival. Ben Quique ou ben Pablo caían a banda esquerda ata pegarse á liña de banda, onde recibían o balón da defensa, entre eles tirábanse unha magnífica parede e plantábanse diante do gardamallas rival.
Así chegaría o 2-1 e o 3-1, pero puideron ser máis. O segundo foi de Quique e o terceiro de Pablo xusto antes do descanso, noutro minuto vital.

O 3-1 era un resultado perigoso para o segundo tempo. Quedaba moito partido e a vantaxe era moi curta. Pero todo saíu a pedir de boca no comezo do segundo tempo.
Nada máis saír, combinación perfecta entre Quique e Pani, e éste último marcaba un fantástico gol que tiraba por terra todo o falado polos rivais no descanso, 4-1.
E por se iso fose pouco, máis de cara poríase o encontro cando Pablo tiraba un desmarque e recibía o pase en longo de Vare, que lle chegaba en bote, permitíndolle conectar unha fermosa bolea que significaba o 5-1 e o seu primeiro hattrick co equipo, noraboa!
Soubo entón o DCM xogar os minutos seguintes, finiquitando de todo o encontro. Sen apenas conceder ocasións, deixaron transcorrer os minutos en campo rival, conseguindo continuos saques de banda e de esquina que levaba ó partido a súa recta final. Con todo decidido, Wapichi tentou maquillar o resultado, momento no que se lucíu Jorge con dúas grandes intervencións, pero o rival o lograba na última xogada de encontro, 5-2.


Vitoria vital para o DCM xusto antes do parón festivo. Recompensa ó madrugón de Chape, Xmon, Vare, Jorge, Pani, Pablo e Quique, gran partido rapaces! Tres puntos e moi boas sensacións ante un rival da zona alta. Agora a descansar coa tranquilidade que trae unha nova vitoria.
Despois visitaremos ó todopoderoso Hannover, co regreso de Emi, para rematar este fantástico ano 2011.

jueves, 1 de diciembre de 2011

“Difícil pero non imposible” DCM – Wapichi

O DCM enfróntase na 9ª xornada de liga ó mellor recén ascendido da categoría. Namentres os outros equipos recén chegados (Gamusinos, Xestas, P.Eloy e DCM) pasan por problemas clasificatorios, o Wapichi atópase nunha cómoda sexta posición que lle permite pensar en obxectivos moito máis ambiciosos ca permanencia.

E é que a pesares de que o Wapichi ascendeu o ano pasado como 3º clasificado da 2ªB por detrás de P.Eloy e DCM o certo é que iso debeuse a un baixón de rendemento durante moitas xornadas por motivos máis ben extradeportivos, xa que en realidade e como estase a observar esta tempada era o equipo con mellor plantel da categoría. Ademáis nos dous enfrontamentos directos cos nósos saíron vencedores, 6-2 na ida e 6-5 na volta. Semella por tanto que estamos a falar dun equipo superior ós nósos, pero a situación do DCM, que regresou a postos de descenso a xornada pasada, obriga ó equipo a tentar puntuar en encontros nos que a lóxica daría como normal unha derrota.

Por iso, o equipo debe centrarse en sí mesmo e esquecer quen está enfronte. Os nósos, a pesares dos contratempos que están a pasar e que todos coñecemos, cicáis están a dar un nivel inferior do que poderían alcanzar. E é que este equipo debería saber manexarse como peixe na auga en situacións como a actual. Sempre foi un conxunto que non lle gustou o favoritismo, que sempre soubo mellorar o seu rendemento cando tiña enfronte a un grande, que creceuse coas adversidades...Pero este ano, o equipo non está sabendo manexar a situación. Só no encontro ante o Xestas onde se conseguíu a vitoria víuse a alma deste equipo. No resto de encontros, os nósos saen á pista con algo de medo polo rival pero acaban aceptando un combate corpo a corpo, onde habitualmente saes perdendo se es inferior.
Non queremos esixir demasiado dende aquí ó equipo no seu primeiro ano na categoría, pero recomendámoslle que radicalice o seu xogo, que vaia ás trincheiras se é necesario.

O mellor exemplo o poden encontrar no rival desta semana, o Wapichi, equipo que soubo asumir o seu papel, e como se pode apreciar con claridade na crónica do seu último partido, está alcanzando as vitorias dende a defensa. Péchanse atrás, defenden con todo e a partires de ahí os goles acaban chegando.

Pola contra, o DCM semella ter esquecido o que é pelexar polos encontros e só asume a medias as tácticas. Saben que o importante é defender, pero non se entregan en corpo e alma a iso, polo que están quedando a medio camiño nos paritdos e non rematan de conseguir resultados.

Difícil papeleta por tanto a do DCM para esta xornada, pero ogallá tiren de orgullo para sacar puntos moi importantes, xa que hai enfrontamentos directos entre os equipos de abaixo que poden afundir máis ó equipo na clasificación. Imos rapaces!


MADRUGA CO DCM! DOMINGO ÁS 9:00H NO PAVILLÓN DE MOLEDO

lunes, 28 de noviembre de 2011

“O DCM merece máis pero regresa ó pozo” Dec.JesúsCao 2-1 DCM


O Dec.JesúsCao levouse os tres puntos nun igualado encontro no que os locais tiveron a posesión pero as ocasións máis claras foron dos dcmistas, que mereceron alomenos un empate. Esta derrota condena ós nósos ós postos de descenso.

Duro varapau o sufrido polo DCM na oitava xornada de liga. A pesares de saber da superioridade teórica do rival, o equipo tiña esperanzas en obter algún punto neste encontro para non regresar ós postos de descenso. O equipo tentouno dende a paciencia. Prantexoulle un partido incómodo ó Dec.JesúsCao quen dominaba o esférico pero non era quén de crear ocasións de perigo. E co paso dos minutos o DCM ó ver que o encontro era igualado foise soltando e creando boas ocasións de gol.
Aínda así, sería o antigo CTGA o que se adiantaría no marcador mediada a primeira metade, nunha gran xogada colectiva do equipo que remataba Edgar no segundo pau facendo o 1-0.
Tras o gol, chegaría outra boa ocasión para os locais, tras un disparo que petaba nos dous postes da portería de Jorge pero que non chegaba a entrar.
Esa xogada espertou ós Dcmistas. Pablo comezou a deixar boas accións, e desta vez, atopou un gran socio en Pani, quen cun esforzo incrible nesta primeira metade, acompañaba sempre ó seu compañeiro e gozaría de boas ocasións de gol.

A máis clara nun pase dende banda esquerda de Pablo tras unha contra,
na que Pani chegaba con todo pero o seu disparo atopábase co gardamallas local, quen fixo unha actuación sobresaínte.
Tamén disporía o DCM de ocasións a balón parado con remates francos tras saque dende o curruncho, pero esta tempada, a pesares de estar executando ben a estratexia, o balón non acaba de chegar ás redes da portería rival.

Coa sensación de estar metidos de cheo no encontro e de que as ocasións seguirían chegando, marchaban os nósos ó descanso.

Na segunda metade, todavía gozarían de maior número de ocasións os Dcmistas.

E así Quique conseguiría empatar ó recibir na área un pase de Pablo tras saque en curto dende o curruncho con Pani. Era o 1-1, e o partido estaba igualadísimo.




Tería Quique o 1-2 nas súas botas tras un lanzamento de falta, pero por desgraza o seu disparo petaba no longueiro da portería.

Pasaban os minutos e o encontro parecía querer rematar en empate.
Pero nunha acción illada os locais farían o definitivo 2-1. Este gol non se houbese producido tempadas atrás, pero este ano o equipo todavía ten que fixar conceptos. E é que chegou nun saque de banda a favor dos dcmistas. O debuxo táctico nestas situacións é o seguinte: un dos homes defensivos saca de banda, namentres o outro actúa de peche, cunha posición cercana á banda dende a que se saca, cun dobre obxectivo, poder recibir en caso de que non haxa posibilidade de pase cara diante e sobretodo co obxectivo de evitar o ataque rival en caso de perda do balón. Nesta ocasión e a consecuencia da variabilidade de postos e de xogadores á que ten que someterse o equipo polas necesidades, dito debuxo táctico non estaba sobre a pista. O outro home defensivo que ten que facer de peche situábase na banda contraria e non preto da xogada.
O saque de banda caeu en pés dun rival, e cun só pase plantou a un xogador só diante de Jorge, quen a pesares de facer unha boa saída era superado por unha gran acción técnica do rival, quen tocaba coa punteiriña moi rápido e raso para superar a saída de Jorge e mandar o balón ó fondo das redes tras petar no pau.

Era o 2-1. Poría entón o DCM empeño para empatar, pero quedaban apenas 4 minutos e o colexiado Toni os convertíu en 2, tras unha aplicación cuestionable da normativa. (a normativa establece que “non se poderán solicitar tempos mortos cando falten menos de 4 minutos”, pero o colexiado concedeuno a falta de 2 minutos, alegando que fora solicitado cando faltaban máis de 4. Non atopamos a norma específica ó respecto. É dicir, non sabemos se é correcto concedelo se o solicitas cando faltan máis de 4. De todas formas, sería unha norma moi ilóxica, xa que non ten sentido que un partido poida rematar a falta dun minuto porque se conceda un tempo morto. Se alguén sabe algo ó respecto, agradecemos as súas aclaracións).

Aínda así o DCM gozaría dun disparo a porta, e no saque de portería, o cancerbeiro superaría o tempo establecido para sacar, polo que o colexiado sinalaba tiro indirecto dende a frontal da área. Tras un minuto situando a barreira, otorga permiso para o saque da falta, e cando o xogador do DCM toca o esférico para que o seu compañeiro dispare a porta, asubía o final do encontro. Por fortuna a xogada non tiña rematado en gol porque senón houbese liado unha boa o colexiado.
¿Para que estás unha hora pelexando coa barreira, colocando ós xogadores... se non vas a deixar executar o lanzamento? Gañas de montar lío, non ten outra explicación...

Remataba así este igualado encontro entre dous bos equipos.
Difícil papeleta a que ten por diante o DCM para rematar o ano. Wapichi e Hannover. En principio dous rivais superiores ós nósos, pero o equipo necesita os puntos, e por tanto non debe pensar nos rivais senón nas súas propias necesidades.

Despedímonos ata a previa! Un saúdo!


TODAS AS FOTOS DO ENCONTRO:

https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/111127DecJesusCaoDCM?authuser=0&authkey=Gv1sRgCKH7puuHit-HXg&feat=directlink#

jueves, 24 de noviembre de 2011

“A seguir sumando” Dec.JesúsCao – DCM


A oitava xornada do campionato traénos un bonito encontro entre dous equipos amigos e vellos coñecidos dende a tempada do debú dcmista na VigoEnXogo. Co pitido inicial esqueceranse durante 50 minutos as boas relacións xa que ambos conxuntos necesitan os puntos; o antigo CTGA para seguir escalando posicións e achegarse ós seus éxitos da pasada campaña onde remataron 3º e o DCM debe sumar se non quere rematar a xornada en postos de descenso (xa que o duelo directo entre Navia e UrbaOsCabazosfará que un dos dous saia do pozo se o DCM non puntúa).

Para este encontro o equipo contará coa baixa de Xmon ademáis das xa coñecidas de Emi e Yago, polo que Jorge estará baixo paus, Vare e Chape traballarán en defensa, Pablo e Pani en posicións máis adiantadas e Quique terá que amosar polivalencia unha xornada máis. Os nósos chegan ó encontro coa moral alta tralo último empate in extremis. O equipo conseguíu por fin interiorizar unha idea de xogo para este tramo da tempada e logrou tamén concluír a adaptación de Pablo ó equipo, quen cada vez atópase máis cómodo, máis en forma e asume máis responsabilidades, convertíndose en peza fundamental do sistema de xogo.

O DCM debe xogar tendo en conta a necesidade de puntuar, sen que iso convírtase nunha presión afogante sobre o equipo. Esa necesidade debe traducirse nun plus de intensidade e de concentración dos xogadores; nun aumento do seu rendemento.Ese plus faltou no último encontro ante BarOCruce, onde o equipo en canto se decatou da superioridade técnica do rival, asumíu a derrota como algo normal e deixouse levar no marcador, ata que por cuestións do azar anotou unha serie de goles que o meteron no encontro, e foi entón cando aplicáronse ó 100% para conseguir o empate.
Esa concentración amosada nos dous derradeiros minutos de encontro ante o BarOCruce é a que debe lograr o equipo nos partidos se quere contrarrestar ós rivais. Loitar cada balón coma o último, pensar que cada ataque do rival pode supor a derrota, e que cada ataque noso vai levarnos ó éxito, é a fórmula para lograr vencer este encontro e os venideiros.
Neses dous minutos todos empurraron para conseguir o empate. Todos berraron animando ó compañeiro, colocándoo en defensa, chamando á concentración en cada xogada; esa é a maneira. E é que de non xogar ó 100%, é moi probable que o equipo saia derrotado, xa que enfronte terá a un rival moi experto, moi veterano nesta liga, baseado nunha moi boa colocación táctica en defensa e con homes de calidade e velocidade en ataque, que poden superar a calquera defensa que non esté ó máximo nivel de rendemento.


Así que xa saben, partido importantísimo este domingo ás 18:00h no Pavillón da Mina. Non o perdan!

lunes, 21 de noviembre de 2011

"Un punto milagroso" DCM 6-6 BarOCruce


De milagre pode calificarse o punto conseguido na sétima xornada de liga polo Dep.CarlosMiguel, nun encontro no que o rival, BarOCruce, foi superior no campo, amosou que é un moi bo equipo co balón pero pecou de exceso de confianza cando a falta de seis minutos para o remate do encontro vencía por 2-6. Entón, comezaron a chegar os goles dcmistas, quenes empatarían no derradeiro minuto do encontro para ledicia de xogadores e afeccionados.

Nin prognósticos, nin teorías, nin nada de nada. O que ocorreu na noite do pasado domingo 20N (no pavillón do Calvario, xa que en España ocorreron outras cousas), non ten explicación posible.
O DCM chegaba a esta xornada con Jorge,Vare,Xmon,Chape,Pablo,Pani e Quique e coa intención e a necesidade de sumar os 3 puntos ante un rival descoñecido pero que viña dunha xeira negativa de resultados.
Pronto puideron comprobar os nósos, que este descoñecido rival ten un gran potencial e que move o balón e xoga as posesións coma un dos mellores equipos da categoría. Fan rodar o esférico dun lado a outro do campo, ate que atopan a un xogador que fai a función de pivote para tirarlle unha parede perfecta, marchar por banda, facer caer a tódala defensa rival cara ese lado do campo e servir o balón forte e raso á banda contraria onde entra un terceiro xogador sen marcaxe.
Desta maneira gozaría BarOCruce de moitas ocasións durante o partido, pero desperdiciaron un gran número delas.
De feito, varios dos seus goles acabaron chegando dunha maneira moito menos fermosa, en disparos lonxanos que tras petar nun defensa coábanse rebotados na portería dun Jorge que a pesares dos seis goles firmou unha boa actuación.
O DCM comezaría por debaixo no marcador 0-1, pero Quique lograría empatar 1-1 tras unha formidable recuperación e servizo de Pablo.
Os visitantes volverían a marchar no marcador con outros dous goles, 1-2 e 1-3, pero de novo Pablo recuperaba e servía para que Quique recurtara distancias a pouco do descanso.

O DCM chegaba vivo ó tempo de refrixerio. O rival era superior en ataque, pero tiña lagunas defensivas que os nósos estaban a aproveitar. Todo estaba por decidir.

Pero na segunda metade, BarOCruce impuña a súa superioridade e comezaba a facer goles. Algúns de bonita xogada, outros de rebote... a falta de seis minutos o electrónico reflexaba un contundente 2-6. Relaxáronse entón en defensa e o DCM comezou a ter a fortuna de cara.
Vare nun tres para un marcaba o 3-6. Semellaba que este gol non significaba nada, simplemente servía para maquillar o resultado.
Pronto Pani ía anotar o 4-6 (merecido primeiro gol de Pani no campionato, que hoxe tivo unha gran actuación a nivel ofensivo, e mereceu marcar noutra fermosa acción da segunda metade na que rematou de bolea pero que desvaratou o gardamallas rival). Tampouco semellaba significar moito este cuarto gol, xa que tan só restaban 3 minutos para o final.
Pero de novo, o DCM saía á carga, e Pablo anotaba rápidamente o 5-6.
Quedaba minuto e medio para o final e o equipo sen saber moi ben cómo estaba metido no partido.
Sacou de centro un BarOCruce que xa non estaba no pavillón, recuperaban os nósos pero desperdiciaban a posesión. Quedaba menos dun minuto para o final.
Outra perda de balón dun desquiciado rival, Quique e Pablo pelexan na área e de novo Pablo acaba transformando o gol do empate.
Explosión de xúbilo dos xogadores e da bancada. Era o 6-6.
Quedaban 20 segundos para o final e todavía gozaría BarOCruce dunha falta ó borde da área que desbarataba Quique ó pegarlle o balón nas costas.
Arango asubiaba o final do encontro. O milagro acontecera.

Un punto que sabe a gloria despois do visto sobre o campo, e é que o DCM remontou catro goles en pouco máis de catro minutos. Este é o quinto punto do taboleiro dcmista e aínda que o equipo necesita unha victoria pronto, todo o que sexa sumar sempre é positivo; de feito, este punto mantén ó equipo fóra dos postos de descenso, tras unha xornada, na que 5 dos 6 últimos clasificados conseguiron sumar puntos, aprentando moitísimo máis as cousas por abaixo.

Agora chegan tres vellos coñecidos, o DecoracionesJesúsCao (antigo CTGA), despois o equipo recibirá a Wapichi e tras unha xornada de descanso pola ponte festiva de decembro visitaremos a Hannover para rematar o ano. Analizaremos o encontro na previa. Ata entón reciban un cordial saúdo! Tamén para os nosos lectores que nos seguen dende as illas británicas!

jueves, 17 de noviembre de 2011

"A achandar o camiño" DCM-BarOCruce

*En castelán: "A allanar el camino"

Tras unha última xornada na que ningún dos nove últimos clasificados conseguíu sumar os 3 puntos, o sétimo compromiso da tempada, convírtese nunha clara opción para aqueles equipos que logren vencer, de poñer a directa e entrar de cheo no camiño da permanencia.

O DCM é un deses equipos que ten diante unha gran oportunidade para coller aire e sumar un número de puntos “aceptables” a estas alturas de tempada para lograr o obxectivo marcado, e é que de vencer, os nósos conseguirían chegar ós 7 puntos en 7 partidos, unha media cercana á que se prevee necesaria para non estar no descenso a final de tempada.

O equipo contará coas baixas de Emi e Yago, namentres que Xmon (que descansará a vindeira xornada) e Quique chegan tocados, e o estado de Chape non está confirmado ó 100%. Polo demáis, Jorge (aínda que con molestias nos dedos nos últimos encontros) estará baixo paus (salvo catástrofe pola súa designación como suplente en mesa electoral), de novo coa intención de lograr reducir a elevada media de goles en contra que está a sufrir o equipo neste inicio de campaña. Vare tentará contribuir a ese obxectivo dende a defensa, acompañado por Xmon, Chape ou Quique segundo as dispoñibilidades. Tamén Pablo e Pani traballarán arreo en defensa, pero ademáis terán a responsabilidade ofensiva do equipo, na que agardemos que tamén poida contribuír Quique.

Enfronte, un BAR O CRUCE que foi subcampión da tempada pasada con 16 victorias 4 empates e 7 derrotas. Un descoñecido para os nósos pero que con esa carta de presentación queda claro que é un rival moi complicado, que gañou nas dúas primeiras xornadas pero que agora chega dunha xeira negativa de resultados, tras empatar na última xornada contra Dec.JesúsCao, perder por non presentación ante o Wapichi e caer derrotado tamén ante Maza por 1-4 e ante Xestas por 0-2.

Así que tres puntos moi importantes para o DCM; se se conseguen, o camiño será máis sinxelo, namentres que unha derrota significaría botar máis pedras a unha senda xa de por sí complicada.
Imos rapaces!!!

HORA E LUGAR: Domingo ás 21:00 horas, no pavillón de lavadores (calvario)

E xusto antes, ás 20:00h, poderán desfrutar do partidazo da xornada que enfronta ós dous líderes da primeira división de vigo en xogo. Hannover-Mazda. Non o perdan!!!

domingo, 13 de noviembre de 2011

“Un DCM sen enerxía sucumbe ante o colíder” Augasa-Mazda5-2DCM


A inoperancia ofensiva do DCM durante máis de trinta minutos propicia unha relativamente cómoda vitoria do Mazda na sexta xornada de liga. A esta derrota (asumible nos cálculos dcmistas pola permanencia) hai que unirlle dúas inesperadas e innecesarias amonestacións que dificultarán tamén o trofeo á deportividade de aquí a final de tempada.

Frouxo e espeso partido o visto na tarde do sábado no pavillón da Mina entre un dos candidatos ó ascenso e un dos candidatos á permanencia da categoría.
Ambos equipos deixaron transcorrer os primeiros 15 minutos de partido sen pena nin gloria. Nin houbo ocasións claras nin intentos de ir a polo partido. Pero a falta de escasos minutos para o descanso, nas dúas primeiras chegadas claras do Mazda, o partido decantábase do lado local cun significativo 2-0.
Sen facer grandes esforzos, o Mazda impuña a súa superioridade teórica en dous zarpazos e deixaba moi tocado a un agarrotado DCM.

Os nósos debían reaccionar na segunda metade, seguir mantendo as posicións defensivas que estaban a lograr que o Mazda non se achegase con perigo, pero comezar a saír con máis homes e máis velocidade cara o ataque. Pero incomprensiblemente o equipo mostrouse extasiado. Nin un ápice de enerxía no inicio dos segundos 25 minutos. O regreso de Yago ó equipo non trouxo o revulsivo agardado, e tanto as súas pernas coma as do resto do equipo non respostaban. Non se chegaba ós balóns, non había movementos… só existía unha incrible falta de enerxía.
A isto uníuselle que nunha das primeiras accións da segunda metade, o Mazda atoparía outro regalo dcmista para sacar o seu terceiro zarpazo do encontro e deixalo prácticamente visto para sentenza.
Foi entón cando o DCM sacou algo de orgullo e comezou a soltarse un chisco. Dispuso o equipo de moi boas ocasións de gol e ó final conseguiría recurtar distancias cun gol de Yago. Pouco duraría a ledicia xa que cando o equipo comezaba a espertar, nunha desafortunada xogada, o balón pasaba na área pequena por debaixo das pernas de Pablo que non era quen de despexar e quedaba a placer para que os locais fixesen o cuarto da tarde. Desquitaríase a partir de entón Pablo da súa desafortunada acción sacando o seu mellor fútbol. Comezou a tirar paredes en banda con Quique e foi o único en mostrar algo de enerxía no partido. Foron os mellores minutos dcmistas, pero de novo truncaríanse con dous cartóns amarelos en contragolpes do Mazda. Quique e Pablo os amonestados. Quique faría o 4-2 pero pronto Mazda respostaba co 5-2 definitivo.

Remataba así un extrano encontro no que ó colíder bastoulle con aparecer en momentos puntuais do partido e dedicarse a non sufrir o resto do tempo. O DCM, incapaz físicamente de dar ritmo ó encontro ata os minutos finais, facilitou o trámite ó rival.
O peor, a falta de enerxía dos nósos e sobretodo os dous cartóns amarelos.
O mellor foi que a pesares de ser un dos peores días dos nósos, non foron apabullados por un dos favoritos da categoría.

Toca esquecer xa este encontro e centrarse nos dous vindeiros, ante Bar O Cruce e Dec.JesúsCao, onde o DCM necesita puntuar antes dun difícil decembro con enfrontamentos ante Wapichi e Hannover. Tras estes 4 partidos, chegará un inicio de 2012 ante rivais directos que decidirá as opcións dcmistas para a segunda volta.



As imaxes do encontro ofrecidas pola nosa fotógrafa oficial:

https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/111112AugasaDCM?authuser=0&authkey=Gv1sRgCMznnZGhi4fXXw&feat=directlink

miércoles, 9 de noviembre de 2011

“Visita a un dos cocos da categoría” Augasa-Mazda VS. DCM



Esta sexta xornada da tempada tráenos o debut de Yago na 1ªDivisión, nun encontro no que o DeportesCarlosMiguel visita a un dos candidatos ó título e líder provisional da categoría (xunto co Hannover); o Augasa-Mazda, antigo LaCasita e vello coñecido dos nósos tras coincidir na segunda división.

O despegue clasificatorio dcmista das últimas dúas xornadas, atópase nesta xornada cunha dura pedra no camiño, ó enfrontar ós nósos a un dos dous equipos líderes da categoría, tras gañar 4 encontros e empatar 1, con 23 goles a favor (máis do dobre co DCM) e 13 na contra (2 menos cos dcmistas).
Este rival, xa é coñecido dos nósos, xa que dúas tempadas atrás atopáronse na 2ªdivisiónGrupo B, rematando o DCM na sétima posición da táboa e eles campións da categoría por diante do Hannover. Ambos enfrontamentos desa tempada resolvéronse co resultado de 5-3 en contra dos dcmistas (na ida o DCM plantexou un partido ofensivo, no que comezaría perdendo 3-0, e na segunda volta o equipo optou pola táctica contraria, cedeu o esférico e centrouse na defensa, pero a pesares de comezar gañando 0-2, LaCasita remontaría nos intres finais nun partido tolo). A pasada campaña, o Mazda, rematou 4º clasificado en 1ª división, unha posición máis que meritoria para ser o primeiro ano na categoría, e esta tempada o seu obxectivo é claramente loitar polo título.

Os nósos son conscientes da superioridade do rival, tanto física como técnicamente, polo que as únicas opcións no partido pasan por estar mellor que eles tácticamente falando e contar cun chisco de boa sorte.
Puntuar neste encontro suporía unha incrible inxección de moral para o equipo, polo que de seguro saltarán ó campo a intentalo.
Ademáis, o xa comentado regreso de Yago pode darlles ós nósos ese plus de motivación para afrontar este encontro e pensar en dar a badalada.

Por todo o exposto, semella que o equipo tentará seguir coa liña de xogo dos últimos encontros. A novidade estará na entrada de Yago na convocatoria, que seguramente disporá de moitos minutos como referencia ofensiva do equipo, polo que posiblemente Quique retrasará a súa posición esta xornada á parcela defensiva, xa que ademáis Chape será dúbida (a xornada pasada xa caeu da convocatoria por problemas físicos, e se non está ó 100%, a entrada dun home máis na convocatoria como é Yago, permitiríalle recuperarse e non forzar neste encontro). Vare e Xmon completarán a liña defensiva.
En portería estará Jorge, quen tras conseguir manter a porta a cero na última xornada, terá nesta ocasión un deses encontros no que ten traballo arreo para desfrutar e lucirse no seu cometido.
E xunto a Yago, un Pani que enténdese ás mil marabillas co noso dianteiro e un Pablo que aínda que non xogou ningún encontro oficial xunto a Yago, está nun estado de graza que asegura entendemento con calqueira.

Así que xa saben, como antesala ó gran derbi do fútbol galego do domingo, un bo partido no pavillón da Mina, o sábado, ás 16:00 AugasaMazda – DCM.

lunes, 7 de noviembre de 2011

“O DCM respira trala primeira vitoria” DCM 1-0 ACDXestas



Na quinta xornada chegou o primeiro triunfo dcmista na máxima categoría; triunfo que serve para sacar ó equipo dos postos de descenso e dá un respiro clasificatorio ós nósos, o que lles permite continuar coa súa adaptación con máis tranquilidade.

Tralo empate da última xornada e o regreso de Jorge á portería, o DCM recibía ó Xestas nesta 5ª xornada coa moral alta e coa intención de buscar o primeiro triunfo da tempada.
Para iso, o equipo puxo en pista a idea de xogo do último encontro, e de novo obtivéronse resultados.
Jorge na porta, Quique e Vare en defensa e Pani e Pablo en posicións ofensivas formaron o cinco inicial, con Xmon preparado no banco.
Os primeiros minutos de encontro foron cómodos para os nósos. O rival tiña posesión de balón pero non chegaba preto da área local, mentres que o DCM con ataques máis directos, comezaba a ter algunha ocasión de perigo.
Ós dez minutos de encontro chegaría a xogada clave do partido. Pablo recuperaba o esférico en media cancha e saía con velocidade só no man a man co gardamallas. O porteiro rival saía á desesperada e o atacante dcmista tiraba de calidade para regatealo e marcar a porta baleira. Golazo da última incorporación dcmista que amosa o seu bo momento de forma e que cada día atópase máis cómodo no equipo e na pista. Era o seu segundo gol nas dúas últimas xornadas, dous chicharros que valen 4 puntos.
A partires de ahí, o DCM tiña o partido moi de cara, debía xogar igual e ademáis xa non tiña a necesidade de facer gol.
Aguantou ben os dez minutos posteriores ó gol onde seguíu desfrutando de ocasións e o rival seguía sen crear perigo. Pero nos 5 últimos, antes do descanso, o equipo non atopaba a maneira de recuperar balóns e saír cara o campo contrario, e o rival desfrutou dos seus mellores minutos, atopando as súas primeiras oportunidades en disparos lonxanos e metendo homes moi preto do nóso gardamallas, dificultándolle a visión e buscando posibles rexeites. Por fortuna para os nósos, Jorge mostrouse inconmesurable ante eses disparos lonxanos e permitíu chegar ó descanso co 1-0 no marcador.

A segunda metade foi similar á primeira, aínda que desta vez, o Xestas gozaría de maior número de ocasións claras cos dcmistas, e é que por parte dos nósos só contabilizamos perigo en xogadas a balón parado botadas por Quique (saques dende o curruncho e unha cesión ó porteiro rival) e nunha contra na que Vare non chegou a conectar en condicións o disparo tras parede con Pablo.
Pola contra o rival xa non só tivo disparos lonxanos dende a frontal, senón que gozou de algunha opción máis (non demasiadas, debido ó bo facer defensivo de todo o equipo), pero sí gozou de algún disparo cruzado, saques de esquina e rexeites, pero as poucas veces que superaban o sistema defensivo atopábanse cun Jorge moi inspirado no seu regreso que transmitíu moitísima seguridade en todo momento e conseguíu rematar coa súa portería a cero por primeira vez nesta tempada.
Co asubío final de Arango, chegaba a primeira vitoria e sumábanse tres puntos vitais ó casilleiro dcmista.

Este triunfo permite saír dos postos de descenso (con independencia da decisión do comité sobre a non presentación de BarOCruce, que podería rematar a xornada con 0 puntos e permitir subir unha posición máis ós nósos) e afrontar a complicadísima xornada vindeira sen tantos apuros. O equipo contará con Yago para este encontro por primeira vez na tempada, pero enfrontarase a un dos claros candidatos ó título ligueiro (con permiso do Hannover); o Augasa-Mazda.
Difícil papeleta para os nósos, que tentarán dar a badalada e rabuñar puntos por terceira xornada consecutiva.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

“Tralo primeiro punto… a pola primeira vitoria” DCM vs. ACD XESTAS


Regresa a competición esta fin de semana coa desputa da 5ª xornada de liga. Os nósos recibirán nesta ocasión a outro recén ascendido á categoría, o Xestas, campión de 2ªA o ano pasado tras rematar a tempada con tan só unha derrota.

Os DCMistas chegan con gañas ó partido tras conseguir por fin o primeiro punto para o seu casilleiro, e coa boa nova do regreso de Jorge á portería, unha vez que os servizos médicos retiráranlle os puntos de sutura fai xa case dúas semanas.
O rival, o Xestas chega moito máis cómodo na clasificación, sexto na táboa con 7 puntos, obtidos tras empatar con Wapichi e gañar a Dec.JesúsCao e a BarOCruce (próximo rival dcmista) e perdendo contra o Mazda.

Agárdase por tanto un partido moi igualado, de dous equipos procedentes da 2ªdivisión. O DCM necesita os puntos para escapar do descenso e por iso, agárdase de novo ver unha entrega e implicación total dos nósos coma no último encontro ante UrbaOsCabazos.
Coa recuperación de Jorge que volta á portería coa intención de lograr o seu primeiro encontro en 1ª sen encaixar, Quique regresará a postos ofensivos, para completar un ataque Dcmista que está a coller o nivel agardado, cun Pani traballador e comprometido como o que máis e un Pablo que está a atopar o que equipo busca nel.
Na defensa, de novo estarán Chape (que está a respostar con creces e sabendo adaptarse á continuidade de cinco partidos seguidos sen descanso), Xmon que mellora cada encontro e cada adestramento que completa co equipo e xa está á altura dos seus compañeiros e Vare, quen tamén vaise atopando máis cómodo en cada partido coas súas novas parellas de baile en defensa.
E os homes ofensivos de novo terán que duplicar esforzos, ó preverse que o DCM repita a táctica do último partido, na que se lles esixe un traballo defensivo enorme.

Por tanto, tres puntos moi interesantes os que están en xogo neste encontro. Non o perdan!!

HORARIO E LUGAR: Domingo ás 12:00h, Pavillón de ManuelAntonio (Meixoeiro)

lunes, 24 de octubre de 2011

“O primeiro punto na máxima categoría” UrbaOsCabazos 1-1 DCM




Nova data histórica no Deportes Carlos Miguel; o 22-10-2011 conseguíuse o primeiro punto na máxima división do fútbol sala de VigoEnXogo.
Foi tamén o día da estrea da nova equipación que o equipo vestirá ó longo desta tempada.


Chegaba a 4ª xornada de liga, e o equipo consciente de contaba coas importantes baixas de Jorge, Emi e Yago, tiña como obxectivo primordial espantar as pantasmas de lesións dos últimos encontros e desfrutar do partido á marxe do resultado final.
Pero ademáis, e lonxe do que moitos agardaban, o equipo pareceu dar coa tecla indicada para comezar a sumar puntos ó casilleiro. Cando menos se agardaba, cando todo estaba na contra, o equipo xogou o seu mellor encontro da tempada. Foi o día no que superados uns minutos iniciais de nervos, amosaron a mellor versión defensiva do equipo no que vai de liga, e con eses cimentos, comezaron a atopar as xogadas de ataque, que co paso dos minutos foron máis e mellores, chegando a merecer a victoria nos intres finais do partido.

O partido disputábase no pavillón de Lavadores. O equipo saltaba á pista lucindo nova equipación e Quique o facía como gardamallas circunstancial.
Enfronte un UrbaOsCabazos que chegaba cun punto na clasificación e encabezado por un vello coñecido dos nósos, o ex dianteiro de Mun2Guadarrama, que tivo a mala fortuna de mancarse na primeira xogada de encontro, cunha escordadura de nocello.

Os primeiros minutos foron dominados polo rival, namentres o DCM tentaba asentarse na pista e ir acoplando a táctica de xogo preestablecida. O tempo pasaba e Urba a pesares do dominio do esférico e dalgún erro importante provocado polos nervos en defensa, apenas inquedaba a un Quique que cumpríu con creces o seu papel.
Foi entón cando o equipo comezou a crecer. Víuse cómodo na pista por primeira vez en catro partidos. Non sufría en exceso en defensa e comezaba a ter ocasións en ataque. Só ía na súa contra o tremendo desgaste físico que Pablo e Pani comezaban a acumular.
A primeira parte transcorría con moita igualdade e semellaba querer rematar con 0-0 no electrónico. Pero a escasos minutos do final, Urba ía adiantarse no marcador nunha xogada con algo de fortuna, na que Vare erraba nun intento de corte de balón, o dianteiro rival marchaba por banda esquerda e lanzaba a porta coa fortuna de que o esférico colábase por debaixo de Quique, quen laiábase pola acción. 1-0.

No descanso, o equipo recompúxose do golpe axudado cos ánimos dende a bancada de Jorge e Lúa e reafirmouse no seu convencemento de que esta era a mellor maneira de conseguir algo no encontro, e saíu de novo ó campo coa ilusión de remontar o partido.

A concentración en defensa aumentou, e os nósos apenas permitiron achegamentos rivais. Cada vez recuperaban máis balóns e saían con máis criterio cara o ataque. Un incansable Pablo deixaba os seus mellores minutos da tempada como xogador dcmista, axudando en defensa e liderando o ataque do equipo. Pani acompañábao no esforzo deixando unha vez máis mostra do seu traballo. Vare, tamén subíu un peldaño o seu rendemento asumindo máis responsabilidade na saída de balón e tentando exprimir todo o potencial dos dous homes ofensivos do equipo. Chape e Xmon, inconmensurables en defensa nesta segunda metade, tamén firmaron a súa mellor actuación no que vai de ano e collen plena confianza para futuros encontros. Quique, non só asumía a responsabilidade de xogar nunha posición vital do campo, senón que transmitía seguridade, forzas e gañas ós seus compañeiros.
Con todo, o equipo comezaba a crear ocasións moi claras. O empate chegaría tras unha xogada na que o gardamallas rival tardaba máis do permitido en sacar de porta. O tiro libre indirecto foi desaproveitado polos nósos, pero o rexeite caíalle a Pablo quen aproveitaba que o porteiro estaba fóra do marco para anotar o seu segundo gol co equipo e facer o 1-1.
O equipo víñase arriba. Outro tiro libre indirecto, varios córners e sobretodo tres contras moi claras puideron decantar o partido cara o lado dcmista, pero desta vez tocaba conformarse co empate.


Primer puntiño que sabe a gloria para os nósos, que marchaban sen lesións e coa sensación de ter o traballo ben feito. Felicidades rapaces!!

Ogallá éste sexa un punto de inflexión para o equipo e tralo parón cheguen moitos máis puntos.
Para comprobalo haberá que agardar dúas semanas, onde o DCM recibirá ó ACD Xestas

Ata entón, reciban un cordial saúdo!



Moitísimas grazas polas fotos ós nósos fotógrafos particulares. Poden desfrutar de todas elas no seguinte enlace:
https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/2011_10_22CABAZOS?authuser=0&authkey=Gv1sRgCO-Q6urMk8jobA&feat=directlink

sábado, 22 de octubre de 2011

"Mercury" vestirá ó DCM esta tempada

Temos en primicia as novas equipacións DCMistas para esta tempada.

Tras unha primeira tempada con Penalty, os catro últimos anos Luanvi foi a marca elixida polo noso patrocinador para vestir ó equipo, e nesta tempada 2011-2012, DeportesCarlosMiguel, aposta por unha marca descoñecida por estes lares pero de gran importancia no resto do territorio; "Mercury", empresa que (transcribimos da súa propia web) vestíu moitas Instituciones que han confiado en Mercury sus proyectos y uniformados para todo tipo de deportes, desde Ciclismo a Federaciones , Clubes de Fútbol, Basket, Universidades, Ejercito de Tierra, Guardia Civil y nuestros representantes en la Universiada en Japón.

O modelo elixido é o "Cosmos" dotado coa última tecnoloxía "VaporDraw" xddd, na vistosa cor rosa.
Unha aposta atrevida, que non deixará indiferente a ninguén. Polas enquisas realizadas anos atrás, parte da afección de seguro que recibe cos brazos abertos esta nova equipación dcmista, e de seguro que chegan tamén duras críticas tanto de dentro como de fóra do clube.



Tamén o nóso gardamallas recibíu unha equipaxe "Mercury", no seu caso o modelo Cruceiro en cor laranxa:


Páxina web de mercury: http://www.mercury.com.es/index.html

miércoles, 19 de octubre de 2011

“A despedir un desafortunado mes” UrbaOsCabazos – DCM


O DCM afronta o último partido do mes de outubro (xa que a vindeira semana non haberá competición) coas baixas do seu gardamallas e do referente ofensivo do equipo ante un UrbaOsCabazos (7º clasificado a tempada pasada) que chega cun só punto na clasificación e sendo o equipo máis goleado ata o momento da categoría.

Nesta 4ª xornada de competición, os nósos só pensan en esquecer o último encontro e agardan espantar as desgrazas que semellan perseguir ó equipo neste comezo da tempada.

Desfrutar do partido e rematar sen lesións son os obxectivos desta xornada.
O equipo saldrá a loitar polos puntos, pero dende o clube son conscientes que a baixa de Jorge na portería é moi importante para o equipo, xa que non só supón perder ó gardamallas titular senón tamén ter que reconvertir a algún compañeiro de posición, perdéndoo na súa posición nata.
Por iso, e aínda que os xogadores dcmistas buscarán dar a badalada con tódalas súas forzas, dende algunhas esferas do clube xa agardan a chegada do mes de novembro para tomalo como un reinicio da competición para os nósos, xa que tras este mes de adaptación e tras unha xornada de parón, retomarase a competición coas pilas cargadas e tendo xa esquecidas as desgrazas ocorridas nestas primeiras xornadas.

Para este partido, o adestrador xa comunicou que porá na pista un equipo ultradefensivo, que permita o menor número de lanzamentos a porta posibles por parte do rival e busque o gol en ocasións illadas.
Todavía non trascendeu a decisión de quén ocupará a portería dcmista, así que haberá que agardar ó día de partido para coñecela.

Polo momento, o equipo adestrará mañá co fin de seguir collendo forma física que semella estar a necesitar nos encontros ligueiros.

Así que xa saben, acompañen ós nósos o vindeiro sábado ás 16:00 horas no pavillón de lavadores para tentar despedir o mes de outubro cunha alegría maiúscula.

Reciban un cordial saúdo.

URBA OS CABAZOS VS. DCM
SÁBADO 22, ÁS 16:00 HORAS
PAVILLÓN DO CALVARIO

lunes, 17 de octubre de 2011

“Unha fatídica xogada decantou o encontro” DCM 1-4 TalleresCahersa





Un igualadísimo encontro que apuntaba a empate rematou cunha abultada derrota, unha abultada brecha no mentón do gardamallas dcmista (6 puntos de sutura) e un abultado cabreo entre os nósos xogadores que tiveron que vivir a impotencia de ver como o partido escapáballes froito dunha máis que cuestionable actuación arbitral.

Tan só tres xornadas desputadas pero que semellan reunir todo o infortunio de tres tempadas enteiras. Derrotas pola mínima, no derradeiro segundo de encontro, actuacións arbitrais desafortunadas e sobretodo dúas visitas a urxencias, fan pensar a moitos que o DCM ten as meigas na contra.

Esta semana, o importante duelo ante T.Cahersa principiou de cara para os nósos. A pesares de non ser o equipo de tempadas pasadas, o DCM segue sen ser un rival cómodo para os equipos de primeira. Ningún dos dous equipos merecía moito nos primeiros instantes do partido, no que as imprecisións e a falta de xogo eran as protagonistas, pero nese escenario, os nósos conseguiron adiantarse por medio de Quique. Pero dous minutos durou a ledicia á parroquia dcmista. Dúas xogadas despois, e tras un barullo na área na que un dianteiro rival chocaba con Jorge impedíndolle defender a súa porta, o rexeite era aproveitado polos visitantes para facer o empate. As protestas do nóso gardamallas foron estériles para un colexiado máis pendente de entablar conversacións co público das bancadas que do propio partido.
Pero tralo empate chegarían os minutos máis cómodos da tempada para os nósos. De novo sen moito fútbol pero con empuxe, comezaron a crear ocasións e Cahersa apenas chegaba con perigo a área local. As máis claras chegaron en saques dende o curruncho onde os nósos tiveron ata tres disparos sen oposición para marcar pero non estiveron atinados.

Chegábase así ó descanso do partido, onde o colexiado aproveitou de novo para entablar varias conversacións coa bancada, facéndolles saber que estaba moi canso de arbitrar xa 5 partidos e que pediría moitos menos para a vindeira xornada (ogallá se cumpran os seus desexos).

Na segunda metade o partido igualouse moito máis. Cahersa xa non se limitaba a defender senón que tamén buscaba o ataque. O DCM víuse incapaz de superar a defensa visitante, acusando a baixa de Emi e amosando falta de velocidade, de movementos e de xogo en ataque.
Transcorrían os minutos e ambos equipos comezaban a ver con bos ollos o reparto de puntos.
Pero nese intre chegou a xogada fatídica e polémica do día. Jorge saía do seu marco para despexar un balón solto, pero chocaba co seu compañeiro Xmon e o esférico quedaba solto dentro da área. O nóso gardamallas lanzábase para atrapar a pelota e semellaba ser obxecto de clara falta por parte do xogador visitante. Consecuencia da caída, abríase unha importante brecha no mentón. O silbato do árbitro sonou e os nósos dirixíanse a atender a Jorge confiados de que tiña asubiado falta, pero para asombro de propios e extranos o risueño e falador colexiado sinalaba o punto fatídico. De aquela Jorge xa se dirixía cara os vestiarios ante a gran cantidade de sangue que provocou a brecha. Nin por un segundo, molestouse o parlanchín colexiado en atender ó gardamallas, limitouse a recibir con total ledicia as protestas da bancada e dos xogadores dcmistas e tan só víu necesario decirlle ós nósos que sacasen outra camisola para o que fose o novo gardamallas. Desafortunado ou non na decisión de asubiar penalti, o que non cabe dúbida e que estivo moi desafortunado nas formas e no seu comportamento. Será máis importante atender a un compañeiro ferido que pedir unha nova camisola para reiniciar o partido... Destacar neste punto que os rivais do Talleres Cahersa sí se preocuparon polo nóso porteiro, non só na xogada senón tamén ó rematar o partido, polo que agradecemos que eles sí amosaran un comportamento moito máis digno que o do propio colexiado (que debería ser o que dese exemplo).

En 4 anos que levan os dcmistas na competición, difícil é recordar velos tan desesperados e impotentes ante unha actuación arbitral. Xa non por esta xogada na que pode equivocarse, senón pola actitude habitual deste personaxe cara os nósos.

Quique púxose baixo paus pero non conseguíu deter o penalti, era o 1-2. E aínda que quedaba moito partido por diante, os nósos non souberon esquecer a xogada.
Pecaron de falla de tranquilidade e a rabia levounos a desaparecer do partido, chegando así o 1-3 e o 1-4 do Talleres Cahersa.

Felicitar ó rival pola victoria e polo seu comportamento.
Destacar por último que ó término do encontro, o colexiado só tivo palabras para seguir rindo, facendo monólogos coa bancada (na que ninguén lle reía os chistes) e dicindo que estaba moi canso de arbitrar tantos partidos… nin unha soa palabra para preguntar polo estado do porteiro. Ogallá teña moitos fines de semana de descanso de aquí en diante xa que tanto os pide.

Ata aquí a crónica e as críticas. Toca pasar páxina. Pedimos disculpas por escribir tanto sobre un colexiado, non nos gusta, pero era moita a rabia contida e dalgunha maneira ten que saír.
Con todo isto non queremos quitar ningún mérito á victoria do rival, que a traballou e acabou merecéndoa.
Esquecida a actuación arbitral toca pensar xa na vindeira xornada. Agardamos que os servicios médicos permitan a Jorge regresar ós terreos de xogo para esta xornada antes do parón polo festivo da seguinte fin de semana.

Reciban un cordial saúdo!


AS FOTOS DO PARTIDO:


https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/DCMTalleresCahersa?authuser=0&authkey=Gv1sRgCMbj0_bU9LLQuQE&feat=directlink#5664551506267973106

jueves, 13 de octubre de 2011

“E na 3ª xornada... chegou a primeira final” DCM-TalleresCahersa




A competición non fixo máis que comezar, pero os dous primeiros pinchazos dcmistas e que o rival sexa o equipo que marcou a permanencia a tempada pasada na 1ª división, convirten este encontro nunha auténtica final para ambos equipos.

Os dous chegan moi necesitados de puntos para coller osíxeno na clasificación, ambos con 0 puntos, ocupan postos de descenso.

O DCM chega a esta 3ª xornada agardando ter superada xa a “adaptación” á categoría. O equipo todavía non se atopou a sí mesmo nos dous primeiros encontros, pero aínda así deu a talla e loitou polos puntos. A mágoa, é que a mellora e adaptación do equipo vese alterada gravemente pola lesión de longa duración de Emi, o referente ofensivo do conxunto nestas primeiras xornadas.
O equipo deberá por tanto corrixir erros de xornadas anteriores e ademáis adaptarse a esta nova situación. Quique regresará a súa posición de home avanzado do equipo, cubrindo así a baixa de Emi, e deixando os dous postos da zaga en mans de tres homes; deste xeito, Chape e Xmon seguirán vendo incrementado o seu protagonismo no equipo, e observando a súa progresión neste inicio de liga, de seguro que poderán superar este difícil exame.

Unha nova derrota significaría que o equipo tería que facer xestas no futuro, gañando a equipos con obxectivos máis ambiciosos ca os dos dcmistas. Namentres que unha victoria, a primeira na categoría, sería un bálsamo para o equipo, e daría os folgos necesarios para afrontar os seguintes partidos.

O rival, Talleres Cahersa, chega despois de perder 5-1 ante Dec.JesúsCao e 3-1 ante BarCruce. Como diciamos, é o equipo que marcou a permanencia a tempada pasada con 9 victorias, 5 empates e 13 derrotas.

Así que xa saben:

DOMINGO ÁS 17:00 HORAS
PAVILLÓN DO MONTE DA MINA
DCM VS. TALLERES CAHERSA

domingo, 9 de octubre de 2011

“Perdeuse un punto e ó referente ofensivo do equipo” PiedraJoya 5-4 DCM



O DCM estraga nos trinta últimos segundo do encontro todo o traballo feito para conseguir o primeiro punto da tempada. Nun partido sen control, os nósos empataron o partido na penúltima xogada do mesmo, e tralo saque de centro, córner e gol do rival que facíase coa victoria. O peor, as dúas fisuras na man de Emi que non voltará a xogar co equipo ata decembro.

A segunda xornada, deixounos un encontro moi similar ó do debut. O equipo tropeceu na mesma pedra. Voltou a encaixar cinco goles, e así é práctimante imposible obter puntos.
De novo, o rival amosouse moi superior ó DCM nos primeiros compases de partido. Tocaba máis e mellor, metía a todos os seus homes de campo na parcela dcmista, e os nósos non conseguían fixar as marcaxes. O PiedraJoya sempre acababa por atopar un disparo limpo, directo cara a portería dun Jorge que traballou arreo neses minutos de encontro e mantivo ó seu equipo no partido.
O equipo non estaba cómodo en defensa nin en ataque, pero ó igual que ocorrera na primeira xornada, a pesares de non dominar ningunha faceta do xogo, seguía metido de cheo no partido, o 0-0 continuaba no electrónico e o equipo confiaba en que Jorge seguise parando as acometidas rivais e en atopar unha xogada illada para marcar. Pablo tivo unha nas súas botas pero non atopou as redes, algo que sí conseguiría Quique superado o ecuador desta primeira metade, quen tras marchar por banda en xogada persoal conseguía sacar un potente disparo para adiantar ó DCM no marcador 0-1.
Incrible pero certo, PiedraJoya estaba por debaixo no marcador, a pesares de ter ó DCM contra as cordas non conseguía facer gol, e en labores defensivas mostraban algunha laguna que aproveitaron os dcmistas. De feito, os vermellos puideron incluso ampliar as súa vantaxe, nunha ocasión na que Emi recibíu un fantástico balón dentro da área e cando se disponía a tirar, era arrollado polo defensa local, acción na que un desafortunadísimo DeLaCruz decidía lavarse as mans.
Pero o encontro seguíu coa mesma tónica. Os nósos non estaban nada cómodos sobre o campo. Unha e outra vez o rival conseguía crear ocasións, e nun novo disparo lonxano rexeitado por Jorge, conseguirían o gol ó aproveitar o balón morto na área para empurrar sen oposición. Era cuestión de tempo que este gol chegase, pero tan só significaba o 1-1, e os nósos marchaban ó descanso con moitísimas opcións no partido, demasiado premio para o visto sobre o campo.

A segunda metade cambiou. Ó igual que na primeira xornada, o rival esquecíase de seguir dominando o partido e o convertía nun ir e vir sen moito sentido. Poren, PiedraJoya con menos dominio do esférico e do partido, ía conseguir moitos máis goles que na primeira metade, cousas do fútbol. Sería aproveitando contragolpes, todos dende banda dereita do seu ataque e con disparo cruzado ó segundo pau, sen apenas oposición da defensa visitante. Así chegaría o 2-1, ó que Emi respondería con xogada individual e fermoso gol, 2-2. Pero de novo 3-2 e 4-2. O encontro estaba moi costa arriba, pero o DCM non ía a tirar a toalla. Están nesta categoría para pelexar e loitar todos os partidos e iso ían facer. De novo Emi era arrollado por segunda vez na área, e esta vez sí, DeLaCruz pitaba un máis que evidente penalti. A mágoa foi que ante a dureza da entrada, Emi caía contundentemente ó chan fracturándose a muñeca e un dedo da man esquerda. Quique convertía o penalti e devolvía á esperanza á parroquia dcmista. O equipo volcouse ó ataque. O propio Quique estrelaría un balón no longueiro. Entrábamos no último minuto do choque. Emi que a pesares da súa grave lesión, seguía no campo axudando ó equipo, abría cara banda dereita, onde Vare tras recibir sacaba un disparo cruzado que superaba ó gardamallas rival e remataba no fondo das redes. Era o empate, o ansiado 4-4. O equipo o conseguira, o esforzo valera a pena. Apenas quedaban trinta segundos de partido, PiedraJoya sacaba de centro e conseguía un saque dende o curruncho. Era a última xogada do partido, e incomprensiblemente o DCM xa non estaba no campo. Ninguén mandaba na parcela defensiva, non se sabía quen ocupaba cada unha das catro posicións do campo e ninguén soubo colocar ó equipo. En catro tempadas disputadas, poucos saques de esquina creáronlle problemas ós dcmistas, quen teñen as posicións para defender estas xogadas máis que explicadas, pero este ano o equipo esqueceu estes automatismos e estanlle a pasar moita factura. Así un rival só no primeiro pau recibía sen oposición ante o berro tardío de agonía de Jorge. Xmon chegaba á axuda pero o rival xa tiña levantado o esférico para conectar un disparo inverosímil que pasaba por riba de Xmon e superaba a Jorge pola escadra. 5-4.

O DCM deixaba escapar un punto que significaba moito para eles. Puntuar nestas dúas primeiras xornadas houbese significado moita tranquilidade para o equipo, pero non puido ser. E o peor non foi iso senón a lesión de Emi, que xa non regresará a xogar co equipo ata o mes de nadal.
Pero toca pasar páxina e ser optimistas co futuro. É certo que o DCM víuse superado nos dous partidos, pero aínda así remou para chegar con opcións ós instantes finais, e o conseguíu. Puxo en moitísimas dificultades ó 5º e 6º clasificado da primeira división a tempada pasada, o que significa que os nósos poden pelexar todos os partidos. Ademáis, este sempre foi un equipo que se crece ante as adversidades, e xa na tempada pasada, tivo que superar outra baixa de longa duración de Emi. Así que toca poñer o mono de traballo rapaces, recuperar as nosas virtudes e pelexar para conseguir xa na vindeira xornada os primeiros puntos da tempada. Imos DCM!!

jueves, 6 de octubre de 2011

"Na búsqueda dos primeiros puntos" PiedraJoya VS. DCM



Tralo debut na máxima competición, o DCM afrontará este segundo encontro coa intención de rabuñar os primeiros puntos para o seu casilleiro clasificatorio.

Sacudidos xa os nervos do debut, o equipo enfrontarase nesta segunda xornada ó 5º clasificado da tempada pasada, o PiedraJoya, equipo que chega de vencer ó DecoracionesJesúsCao, nun encontro moi táctico e de pouco ritmo. Agardamos por tanto un rival que garda ben as posicións defensivas e que xoga cun único referente ofensivo, que sabe moverse de costas á portería rival e que porá en dificultades á nosa defensa. O DCM deberá por tanto ter paciencia, aplicarse moitísimo en defensa, non dar concesións e agardar que as ocasións cheguen en ataque.

Os nósos xa amosaron que teñen potencial ofensivo suficiente para crear ocasións de gol, pero deben estar máis atinados para resolvelas (cicáis acusaron os nervos no primeiro encontro), e deben corrixir os erros defensivos, xa que difícilmente gañarán encontros encaixando 5 goles (como ocorreu no debut). Pensando nesas correccións o equipo adestrará hoxe xoves, cun Galecoi reforzado, que aumentou o seu nivel de xogo, o que facilitará que os dcmistas poidan aproveitar máis estas xornadas para mellorar e corrixir erros.

O enfrontamento ligueiro terá lugar o sábado ás 16 horas no peculiar pavillón de Manuel Antonio, campo no que os nósos xa viviron de todo… grandes remontadas, minutos de xogo brillante, encontros desastrosos, inicios de partido dende o punto de penalti, cartóns por errar un penalti… agardemos que este sábado, este pavillón poida entrar unha vez máis na historia dcmista como o pavillón no que o equipo consegue os seus primeiros puntos na máxima competición.

Así que xa saben:

SÁBADO 08, ÁS 16:00H
PAVILLÓN DE MANUEL ANTONIO (MEIXOEIRO)

PIEDRAJOYA VS. DCM

lunes, 3 de octubre de 2011

"Sen premio o bo debut dcmista na máxima categoría" DCM 4-5 P.Flipper




O DCM queimou unha nova fase na súa historia ó debutar na Primeira División.
O fixo deixando unha boa imaxe, de equipo que poderá competir cos seus rivais, pero acusando nervos e falta de engranaxe, o que impediron que o equipo sumara o seu primeiro punto na clasificación.



Ás 12:00 horas do domingo 02 de outubro de 2011, baixo a batuta do bo colexiado Eladio, principiou a andadura dos nósos na máxima categoría do fútbol sala vigués.
O encontro supoñía tamén o debut de Pablo Santos coa elástica dcmista en partido oficial.
O rival, o Pescadería Flipper, antigo Milucho (que rematou 6º na categoría a tempada pasada), impoñía moito respeto. Xogadores con boa planta, xuventude e experiencia na categoría.

Dende o pitido inicial, Flipper tentou traducir sobre o campo esa superioridade teórica, e o conseguíu. Os seus primeiros minutos foron moi bos, de posesións longas, pases rápidos e sen concesións ós dcmistas. Aínda así non foron minutos de demasiado sufrimento para o noso gardamallas, xa que o rival non conseguía superar a tupida defensa dcmista. Pero ante esta imposibilidade de chegar con claridade ata a nósa área, os visitantes, optaron moi intelixentemente polos disparos lonxanos. A falta de colocación dcmista nos primeiros minutos, provocou que eses disparos foran moi cómodos para os rivais, sen oposición dos nósos xogadores, que chegaban sempre tarde a tapar eses lanzamentos. Así chegaría o primeiro gol; disparo dende a frontal sen que ningún dos vermellos chegue a tapar o lanzamento, e erro de Vare no intento desesperado de despexe que desvía o suficiente o esférico moi preto da liña de gol impedindo que Jorge poida facer nada. 0-1.
A tónica continuaría de xeito similar. O Flipper amosaba a súa superioridade, pero non xogaba ó 100%, algo que aproveitaría o DCM para ir collendo confianza e comezar a chegar ó marco rival. Nunha desas aproximacións, a recente incorporación dcmista, Pablo, faría o seu primeiro gol, tras unha gran xogada de Chape que lle servíu un perfecto balón ó segundo pau. 1-1.
O DCM estaba no partido. Pouco a pouco foi sacudíndose a presión, e comezaba a igualar o choque. A mágoa foi que nun córner a favor, no que Pablo a piques estivo de conectar un disparo moi perigoso, o rival montou unha rápida contra que remataba no 1-2. Duro golpe cando o equipo comezaba a ter opcións.
Pero incomprensiblemente, o rival esqueceu o que estaba a facer ata o momento, dominar o esférico e o partido. Botouse atrás, deixouse dominar polo DCM, e únicamente limitábase a defender con continuas faltas tácticas. Deste xeito, chegaría a 6ª falta e o consecuente dobre penalti, que Quique convertía no 2-2, resarcíndose dunha ocasión errada anteriormente nun dous para un contra o gardamallas rival.
Con este empate no electrónico chegábase ó descanso.

O DCM estaba metido no partido. Cometera moitos erros de colocación, pero a súa boa actitude e o cambio de xogo do rival permitíalle ter opcións de puntuar.

Pero o equipo volveu errar en defensa. Fáltalle moito por facer ós dcmistas para recuperar o nivel defensivo das últimas tempadas. Transcorreran apenas tres minutos do segundo tempo e Flipper xa mandaba de novo no marcador 2-3.
Pero de novo, o rival comezaba a cometer faltas un tanto innecesarias. Nunha delas, Quique sacaba con celeridade para Pani quen errou o seu man a man co gardamallas. Tería máis ocasións o equipo, pero o que chegaría sería o 2-4.
O DCM meteríase unha vez máis no encontro cunha xogada individual de Emi por banda esquerda, quen marchaba cun chisco de fortuna do seu marcador e batía por baixo ó porteiro visitante. 3-4.
Lanzouse o equipo a polo empate e tivo un bo feixe de ocasións para logralo, pero esqueceu as posicións defensivas, e nunha contra, Flipper sentenciaba o partido facendo o 3-5.
De novo Emi recurtaría distancias tras un gran contragolpe, con roubo de Vare, apertura para Quique e pase da morte deste para Emi que facía doblete.
Era o 4-5 pero non había tempo para máis.

Bo debut dcmista, que amosou que pode competir na división, pero que ten que arranxar certas lagunas defensivas con urxencia. A colocación do equipo sobre o campo será clave tamén esta tempada.

O vindeiro rival, o Piedra Joya, 5º clasificado a tempada pasada, chega tras vencer ós actuais subcampións de liga, o Inaute. De novo será un equipo teóricamente superior ós nósos en canto a físico e experiencia refírese, pero se o DCM recupera as súas armas de tempadas pasadas, de seguro que pelexará o encontro.

Grazas pola súa lectura. Reciban un cordial saúdo.

jueves, 29 de septiembre de 2011

A tempada máis esixente da historia Dcmista xa está aquí!


Principia o soño Dcmista de competir na máxima división do fútbol afeccionado vigués. Este domingo, 02 de outubro de 2011 ás 12:00 horas no pavillón do Calvario, DCM-PescaderíaFlipper.



Os nósos son conscientes de que o salto de categoría supón un incremento exponencial do nivel futbolístico dos rivais, pero ademáis, o equipo non foi quén de adaptarse todavía ós cambios sufridos no seo do clube.
Aínda que en realidade o único troco visible foi a marcha de Pali e a fichaxe de Pablo, outra serie de circunstancias fixeron que o equipo chegue pouco maduro a este inicio de campionato.

A situación é a seguinte:

Na portería é onde todo semella estar ben engranado. Jorge continuará un ano máis baixo os paus, e tras superar pouco a pouco o ano pasado a situación de saber compaxinar unha longa semana laboral coa concentración necesaria para os encontros, agarda este ano rendir a un altísimo nivel. Os novos rivais esixiranlle moito, e o equipo necesítao.

Na defensa, Chape e Xmon, prácticamente inéditos en tempadas pasadas, están chamados a ter un papel máis protagonista este ano, e aínda que cada adestramento que pasa amosan un mellor nivel, todavía necesitan algo máis de tempo para retomar ó 100% a dinámica e a filosofía do equipo.
Do mesmo xeito, Quique terá que rematar de afacerse a unha nova posición no campo, que aínda que xa a coñece da tempada pasada e onde rendíu a un nivel alto, non é o seu rol nato. Ademáis nunca compartira a parcela defensiva con Chape e Xmon, polo que terá que botarse a rodar o balón para que collan compenetración.
Vare, será o máis veterano desta semirenovada defensa, e a pesares de xa ter xogado con todos os seus compañeiros en tempadas pasadas, tamén hai certas novidades para él, xa que afeito durante catro anos a unha defensa case fixa formada por Pali e máis él, agora verase inmerso nun sistema de rotacións continuas no campo, tanto del, coma dos seus compañeiros defensivos, tendo que aplicarse moito nesta nova situación.

Na parcela ofensiva, Pani e Emi tentarán manter o alto nivel goleado do equipo na tempada pasada. Eles tamén vense inmersos en trocos.
Emi, pasará a ser o referente máis adiantado do equipo, cando habitualmente facía máis de enganche.
E Pani tamén terá os seus minutos nesta posición, habituado a ter por diante a referencia de dianteiros máis fixos como eran Yago e Quique.
E coma gran novidade Dcmista para esta tempada, aparece Pablo, xogador que ven a cubrir a ausencia de Yago, e que deberá afacerse a todo, á liga, ós compañeiros, ó sistema defensivo e ofensivo… por fortuna, conta con nivel e calidade máis que de sobra para rendir dende o primeiro encontro.
E todo o equipo tamén debe afacerse a Pablo, xogador de características moi distintas ó que había ata o de agora. Moi rápido e habilidoso, cualidades que agardemos que pouco a pouco os seus compañeiros saiban explotar.
O equipo contará moi exporádicamente coa participación de Yago, que agardemos que sume goles moi valiosos a final de ano.

A situación e moi difícil. Recén ascendidos á categoría e con moitos cambios estructurais, o DCM será de inicio unha das cenicientas da división. Agardemos que os nósos saiban asumir o seu papel, e dende ahí vaian sumando puntos que os fagan crecer e coller o ritmo necesario para voltar a ser un dos equipos máis competitivos da VigoEnXogo.

Pouco que dicir do rival desta xornada, non é o que debe preocupar agora ós nósos. O primeiro é atoparse a eles mesmos con independencia do rival. Todos serán moito máis difíciles que os rivais tidos ata o momento, e todos partirán como favoritos. O sexto clasificado da tempada pasada será un rival dificilísimo, pero o equipo tentará con todas as súas forzas comezar a rabuñar puntos, que serán fundamentais para o seu obxectivo.

A desfrutar do premio de xogar na 1ª división!! Imos DCM!!

DATA E HORA: Domingo 02/10/2011 ás 12:00
LUGAR: Pavillón do Calvario
RIVAL: Pescadería Flipper (5º ou 6º clasificado a tempada pasada na 1ª división)