lunes, 25 de mayo de 2015

X.28 "Moito castigo para un bo Matiz" Secundino 2-2 MatizVigoFS


A antepenúltima xornada ligueira desputada en xornada electoral, deixounos un empate a dous goles entre Bar Secundino e Matiz Vigo, nun partido no que a falta de recambios no banco do Matiz, provocou un chisco de falta de enerxía dos maticistas que puido influir no resultado.

O encontro comezou cun Matiz sen trocos (Chape tivo que marchar en busca da segunda equipación ao vestir tamén o rival de negro), no que formaron Jorge baixo paus, Xmon e Vare en posicións defensivas e Emi e Pani no avanzado. O Matiz saíu con forza, presionando a saída de balón do rival e cunha presión moi elevada. Así, os nósos comezaron mandando e gozaron de boas ocasións. Un par de mans a mans co cancerbeiro que marcharon fóra por pouco. A intención do Matiz era adiantarse nestes primeiros minutos para poder despois controlar o ritmo do partido. Pero errou estas ocasións e o cansazo comezou a facer mella. O rival o soubo e observou que debía ser él quen pasase a incrementar o ritmo, respostando tamén con presión a todo o campo. Sufríu o Matiz durante o tramo central da primeira metade, pero un tempo morto solicitado polos nósos curtou a dinámica e os olívicos retomaron de novo o control do partido ata o descanso.

No descanso chegou Chape para dar un relevo que ao final sería imprescindible, pois Emi sufriría unha lesión muscular que pon punto e final a súa gran tempada.
No inicio da segunda metade, Secundino tentou de novo arrinconar ao Matiz coa presión na saída do balón, pero nesta ocasión o seu intento quedou truncado cun golazo dende campo propio de Vare, quen observou ao cancerbeiro algo adelantado e conectou un disparo que marchou coma un obús para a portería rival. Incrible golpeo e un gol que lle viña de perlas ao Matiz. 0-1.
Mais pronto disiparíase esa vantaxe ao respostar Bar Secundino cunha contra ben levada tras un roubo de balón que significaba o 1-1.
Sucedéronse entón as ocasións para ambos bandos. Os porteiros e os paus adquiriron protagonismo. O partido era moi igualado e co paso dos minutos o cansazo rachaba cada vez máis o partido, era difícil xa manter o control. Emi tiña que deixar definitivamente o campo e o Matiz pasou a xogar con Chape e Xmon atrás e Vare e Pani arriba.
Pero entón, a falta de minuto e medio, o Matiz trenzaría unha magnífica xogada, cun pase en profundidade de Chape que superaba milimétricamente ao defensor que cubría a Vare para que éste encarse a portería rival e ante a saída do porteiro servise para Pani, quen nun gran esforzo físico conseguía acompañar a xogada para marcar o 1-2 a pracer.
Quedaba un minuto escaso para o final, ese minuto fatídico no que tantos goles encaixou o Matiz (DCM) ao longo da súa historia. E desta vez non ía a ser distinto. O equipo defendía a xogada coas escasas enerxías que lle quedaban, pero tras tapar un primeiro disparo, o balón caía de novo para un atacante rival quen dende fóra da área conectaba un tremendo disparo que marchaba directo ao segundo pau da portería defendida por Jorge. 2-2.

Unha mágoa de gol tras ver tan preto os tres puntos, pero os nósos deben quedar unha vez máis moi satisfeitos por deixar todo no campo. Magnífico traballo. Como diciamos, peor que os dous puntos que escaparon foi a lesión de Emi que pon a vista xa na vindeira tempada.
Restan dous encontros para finalizar a boa tempada do Matiz. Dous choques de máxima dificultade ante equipos da parte alta da tabla. Os nósos cruzan os dedos para poder contar cos 6 dispoñibles (e cicáis con Pablo na derradeira xornada). En xogo ser campións da deportividade e decidir o posto clasificatorio (a permanencia está virtualmente conseguida, pero de momento as matemáticas mandan).

domingo, 24 de mayo de 2015

X28- Bar Secundino Vs MatizVigo FS. Recta Final en Xornada Electoral.

 
Bos días queridos lectores, nos atopamos nesta xornada electoral de domingo, onde se decide o futuro de numerosos concellos de Galicia para analizar o que vai ser a antepenúltima xornada de liga desta segunda división de Vigo en Xogo.

A localización deste partido será no Pavillón municipal de Bembrive (ás 20:15), parroquia viguesa, que ademais de escoller ó alcalde da cidade escollerá ó seu propio alcalde pedáneo. 

Quédanlle 3 partidos ó Matiz Vigo esta temporada, e os rivais non serán outros que o Bar Secundino (13º Clasificado), o Cafetería Danais (6º) e o Cafetería Zaida (5º). O Matiz pola súa banda chega a este partido na cuarta posición a 2 puntos do terceiro clasificado e cunha vantaxe de 3 con respecto ó quinto. O equipo da Oliveira de Vigo se atopa esta semana ante unha oportunidade perfecta para facerse coa salvación, xa que se atopa 6 puntos por enriba dos postos de descenso, distancia que a-lo menos mantería de ser quen de lograr os 3 puntos, o que tendo en conta que restarían 6 puntos en xogo lle darían a salvación virtual ós nosos.

O rival como diciamos será o Bar Secundino que se atopa na décimoterceira posición, e que intentará conseguir os máximos puntos posibles para estar ben posicionado para as posibles salvacións nos despachos. Os secundinenses contan con 21 puntos, xa que obtivo ata o de agora 5 vitorias, 6 empates e 16 derrotas, 36 goles a favor (1,33 por partido) e 91 na contra (3,37 g/p). Estas estatísticas deixan claro que o problema do Bar Secundino é a súa dificultade á hora de facer gol, sendo o equipo menos goleador con moita diferenza co seguinte (O Vet. Ars Canis con 51). Pola súa banda o Matiz Vigo trala súa goleada da semana pasada se sitúa a tan só 7 goles de chegar á máxica cifra dos 100, xa que conta con 93 goles a favor (3,44 g/p) e 67 na contra (2,48 g/p). Se nos remontamos ó partido de ida desta temporada observaremos que o Matiz Vigo conseguiu facerse coa vitoria por un resultado axustado de 3-1, facendo desta forma o Bar Secundino o seu primeiro gol da historia ante o Matiz Vigo, xa que a temporada pasada caeu ante os nosos por 5-0 e 2-0, na última xornada da primeira volta e na derradeira da pasada liga respectivamente .

Porén o MatizVigo non debe confiarse, xa que xa sabe o que é caer contra equipos teóricamente inferiores segundo a táboa clasificatoria, ademais contará cunha axustada convocatoria de 5 ou 6 futbolistas en función da situación física de Chap. A convocatoria será a formada por Jorge na porta, Vare e Xmon para tarefas defensivas e Pani e Emi para as posicións máis adiantadas. É dúbida Chap e son baixas seguras Davo, que deberá estar cumprindo a súa obriga como cidadán nunha furna electoral, Yago, Quique e Pablo que se atopan fora da cidade olívica. 

Partido moi interesante por tanto o que vai enfrontar ó MatizVigo e ó Bar Secundino, nunha hora que non impide a ninguén acudir as furnas para votar, agardemos o apoio do respestable nesta fantástica xornada de domingo, onde poderemos gozar da festa do fútbol ó tempo que da festa da democracia. Coma sempre xa o saben Imos que nos Imos!! Imos Matiz Vigo!!!

lunes, 18 de mayo de 2015

X.27 "Novo festín" MATIZVIGOFS 9-1 BARLOBISHOME


O Matiz recupera o sorriso tralo tropezo da semana pasada e desfruta do seu xogo (foi un dos partidos onde máis posesión tivo e a empregou con moito criterio) e dos seus goles. O equipo tentará repetir estas sensacións nos tres derradeiros encontros da tempada.

Partido desputado no pavillón do Berbés nun calurosísimo domingo de maio baixo a arbitraxe de Arango. O Matiz contaba coas baixas de Quique, Pablo, Yago e Chape, pero recuperaba a Vare e contaba con Jorge, Davo, Xmon, Emi e Pani en perfectas condicións.
A xogada inicial do encontro foi un claro reflexo do que se vería durante moitos minutos deste partido. Os nósos realizaron unha das posesións máis longas que se recordan, movendo o esférico dun lado a outro, con pase e continuación, ata atopar a opción máis clara de disparo. Ese arranque subíu moito a moral dos nósos que xogaron con moita confianza no seu xogo o resto do encontro.
Nesta primeira metade acadaríase un parcial de 5-0, aínda que ben é certo que a relaxación provocou un par de boas ocasións para o rival nas que Jorge respostou con grandes intervencións. Mereceu BarLobisHome marchar con algún gol ao seu favor ao descanso.

Mais do mesmo na segunda metade, aínda que o partido rachouse algo máis e o Matiz xa non apuraba tanto as súas posesións senón que buscaba o gol nas contras. Ao final 9-1 con 4 goles de Emi, 2 de pani, 2 de Davo e 1 de Vare.
Gran premio para os nósos 6 xogadores que marcharon orgullosos do seu traballo.

Como diciamos restan tan só 3 encontros para baixar o telón desta tempada 2014-2015 e o Matiz quere seguir desfrutando (ademáis segue en xogo a 3ª praza e a deportividade).

Reciban un cordial saúdo.

domingo, 17 de mayo de 2015

X27- MatizVigo FS Vs BarLobisHome. Obxectivo: Recuperar o terceiro posto

Moi bos días benqueridos lectores

Hoxe con algo de retraso nos atopamos nestas liñas para analizar o que vai ser a 27ª xornada de liga de Vigo en Xogo, onde se disputará unha das catro finais que lle quedan ó Matiz para intentar acadar o terceiro posto e pechar de forma definitiva o ascenso. 

O rival desta xornada será o Barlobishome, equipo que ocupa a duodécima posición da táboa clasificatoria con 20 puntos, tras conseguitr no que vai de campionato 6 vitorias, 2 empares e 18 derrotas. Conta con 58 goles a favor (2,23 por partido) e 102 na cotra (3,92 g/p). Números que demostrar que son un equipo con bos números ofensivos pero que teñen problemas á hora de defender a súa portería. Porén o BarLobishome xa lle deu desgustos noutros anos ó Matiz, cando o equipo daquela denominado Deportes Carlos Miguel, chegaba como favorito e finalmente caía derrrotado. No partido de ida o Matiz logrou superar ó equipo barcista por 2-4, resultado que sería tamén óptimo esta semana para poder seguir optando á terceira praza que agora o matiz ten a 2 puntos depois da derrota da pasada semana. Ademáis unha vitoria lle permitiría pechar definitivamente a salvación, xa que actualmente ten os postos de descenso a tan só 6 puntos, e unha vitoria lle permitiría ampliar un pouco esta vantaxe quedando 9 puntos en xogo, co cal tan só unha debacle levaría ós nosos ás profundidades da terceira división.

Para este partido o Matiz Vigo debe espertar tralo seu mal partido da semana pasada, e demostrar que tan só foi unha pequena pedra no camiño que non vai enturbiar o bo momento de xogo e resultados polo que atravesaba o equipo. Para este partido a convocatoria será moi axustadiña, estando Jorge na porta, Xmon e Vare (quen volve tras superar as súas molestias físicas) para postos defensivos, Pani e Emi para os postos de ataque e Davo como esre valioso comodín que lle está permitindo saír airoso ó equipo destas convocatorias tan axustadiñas. Serán baixa Chap por motivos laborais, e Quique, Pablo e Yago por atoparse fora da cidade de Vigo.

Partido importantísimo para o Matiz Vigo quen encara estas 4 últimas xornadas de liga, sabendo que pode optar a todo, dende un hipotético ascenso ata un descenso. Estes partidos determinarán se o equipo o vindeiro ano se atopa en primera, segunda ou terceira división. Imos que nos Imos, IMos Matiz Vigo.

X26. "Un espeso Matiz desperdicia 3 puntos" AVISPAS 4-2 MATIZVIGOFS


Relaxación e falta de ritmo competitivo debido a tanto parón ligueiro, poden ser algunhas das causas que expliquen a derrota do Matiz esta fin de semana.
Trala marcha de Quique, o equipo contaba coa boa nova da presenza de Yago.
O partido era unha gran oportunidade para esquecer definitivamente os postos de descenso, mais o clube non foi quen de transmitir a importancia do encontro.
Iso notouse, e o equipo, aínda que competíu, o fixo a un nivel máis baixo que nas últimas datas. Estivo lento e falto de chispa e non soubo aproveitar que o rival non tiña trocos.

Ademáis das baixas habituais, e aínda que entrou na convocatoria, tampouco xogou Vare por mor dunhas molestias musculares.
O rival aproveitou na primeira metade as dúas escasas ocasións das que dispuxo (en dúas accións nas que nin a defense nin Jorge estiveron acertados) e polo Matiz anotaron Pani e Emi 2-2 con dous bos goles.

Tralo descanso o partido foi todavía máis lento. O Matiz só foi quen de mover o esférico con algo de velocidade nun par de ocasións, pero desta vez sen atopar porta.
E o rival, en dúas xogadas illadas, tirando de potencia individual, anotou dous novos tantos que decantaron o encontro.

Non obstante, nada que reprochar aos nosos xogadores que esforzáronse ata o final, pero non foi o seu mellor día.

O equipo sitúase con estes resultados na 4ª praza. Pensa xa no seguinte partido, onde mellorar a imaxe para desfrutar máis do seu xogo será o principal obxectivo (sempre sen perder de vista a deportividade).

Despedímonos ata a previa de Xaime!
Un cordial saúdo.

domingo, 10 de mayo de 2015

X26- Avispas de la Arena Vs MatizVigo FS. Comeza a recta final.

Moi bo día queridos lectores, nos atopamos nestas liñas para analizar o que vai a ser o principio da recta final desta segunda división A de Vigo en Xogo. E é que tan só quedan 5 xornadas para rematar a liga, 15 puntos en xogo que poden facer que un equipo pase de estar en postos de posible ascenso a descender a terceira división.

O MatizVigo encara esta recta final nunha inmellorable posición, e é que a derrota de fai quince días ante o Vanesma Peluqueras case non tivo efectos clasificatorios para o equipo da Oliveira de Vigo. Isto se debe a que o Camping Cangas perdeu o seu partido ante o Cafetería Zaida e o Cafetería Danais o seu ante o Catacroker United. Estas dúas derrotas permiten ós nosos seguir na terceira posición da táboa clasificatoria con 46 puntos, aventaxando nun ó cuarto clasificado (o Camping Cangas) e en 6 ó quinto, sexto, séptimo e oitavo clasificado que avanzan empatados na clasificación con 40 puntos (debemos ter en conta que o Explovi ten un partido menos e 39 puntos, co cal podería achegarse ós 42). Porén esta privilexiada posición na táboa clasificatoria non lle permite relaxarse ós nosos, xa que tan só se atopan 6 puntos por riba dos postos de descenso. 

Precisamente esta semana o MatizVigo FS xogará contra un dos equipos que teñen 40 puntos e que marcan os postos de volta ó inferno. O Avispas de la Arena se sitúa na séptima praza con 12 vitorias, 4 empates e 9 derrotas, cun balanzo de 78 goles a favor (3,12 g/p) e 82 na contra (3,28 g/p). Pola súa banda o Matiz chega con 14 vitorias, 4 empates e 7 derrotas, con 82 goles a favor (3,28 g/p) e 62 na contra (2,48 g/p). Obsérvase polo tanto que o Avispas de la Arena atópase nuns números medios na táboa clasificatoria, sen destacar por ser dos que máis goles marcan e tampouco ser dos que máis encaixa. No partido de ida os nosos lograron superar ó equipo avispero por 2-1 nun axustado partido de nadal disputado no pavillón do Berbés, onde os nosos cun equipo pragado de xogadores pouco habituais (estaban Pablo e Quique) tivo que empregarse a fondo para obter os tres puntos. 

Para este importantísimo e emocionante partido o Matiz Vigo chega cheo de moral tras levar unha xeira de xogo e resultados perfecta, tan só truncada polo imparable líder que parece xogar noutra división. O equipo ven de dar unhas sensacións de xogo moi positivas e incluso ante o Vanesma conseguiu plasmar o seu bo momento de xogo. Será importante que este parón non teña afectado ós nosos e que cheguen a esta recta final de campionato nun estado de forma envexable que lle permita afianzar os seus obxectivos clasificatorios, de gañar hoxe se deixaría a un rival polo descenso a 9 puntos, quedando 12 en xogo. Para este partido o MatizVigo contará con Jorge na porta, Davo, Xmon e Vare para os postos defensivos e con Emi, Pani e Yago para as posicións máis avanzadas. Serán baixa Chap por motivos persoais, e Quique e Pablo que se atopan fora da cidade olívica.

O partido se disputará na tarde do domingo ás 18:00 no pavillón do Berbés un magnífico escenario para disfrutar dun importantísimo encontro, no que os nosos deberán saír 100% concentrados para poder lograr os 3 puntos, e deste xeito comezar vitoriosos unha xornada deportiva do domingo que rematará coa disputa en Balaídos do Celta - Sevilla. Anímense todos a participar desta festa do fútbol, e xa o saben Imos que nos Imos! Imos Matiz Vigo!!!.

martes, 5 de mayo de 2015

"O Matiz cae con orgullo ante o líder" MatizVigo 2-7 VanesmaPeluqueras


A diferenza da primeira volta, desta vez sí, o Matiz puido competir contra o líder. A lóxica impúxose e a calidade do invicto Vanesma puido coas gañas dun Matiz que xogou a un bo nivel e caeu co seu orgullo intacto.

O encontro disputouse no extraordinario Pavillón Central das Travesas, polo que os nósos entenderon que debían desfrutar do partido con independencia do resultado, e así o fixeron. Foi ademáis a despedida de Quique ata a vindeira tempada.
A diferenza do que ocurría anos atrás, este Matiz, xoga igual con independencia do rival que teña enfronte. Non se encerrou, e xogoulle de ti a ti ao líder. Así, o partido foi sempre un encontro aberto, con ocasións para ambos lados pero onde a pegada do Vanesma declinou a balanza cara o lado dos perruqueiros.
Adiantaríanse os visitantes con sendos golazos pola cruceta (mostra de que a súa calidade está moi por riba do nivel desta 2ª división). Recurtaría distancias o Matiz por mediación de Vare tras asistencia de Emi, pero antes do descanso, de novo Vanesma abría diferenzas co 1-3 tras unha xogada con algo de fortuna.

O Vanesma saíu a por todas na segunda metade, e pronto deixaría o choque sentenciado. Desta vez tiraron de forma física para superar a un Matiz que comezou a acusar o cansazo e observou como era quen de defender os ataques rivais en primeira instancia pero sempre chegaba tarde ao rexeite e ás segundas xogadas das que o Vanesma sacou gran partido.
O Matiz mantivo o seu xogo a pesares do resultado e acadaría o segundo gol tras unha gran xogada colectiva na que Vare acabou asistindo para que Quique anotase un bo gol na súa despedida. Ao final 2-7 no electrónico.

Finalizaba así un encontro no que os nósos desfrutaron a pesares da derrota.
Agora, trala xornada de descanso chega o tramo final da competición. A seguir desfrutando!