domingo, 7 de octubre de 2012

DCM 2-2 SihoFs



O DCM inicia a tempada cun empate nun encontro sen dono, con moitísimas ocasións de gol e que calqueira puido vencer.

Os nósos cometeron erros tanto na finalización na porta rival como na defensa dos goles encaixados, pero amosaron unha grandísima actitude e esforzáronse ó máximo en cada acción, o que permitíu sumar este primeiro punto.

Na primeira metade a pesares das moitas ocasións, o primeiro gol non chegaría ata os intres finais do periodo. Pablo retorcíase nun vistoso escorzo para chegar a un balón dividido e dende o chan sacaba unha asistencia de ouro cara o desmarque de Pani que estirábase para tocar o xustiño coa punteira o esférico para superar a saída do porteiro por baixo das súas pernas. 1-0 e descanso.

As sensacións eran boas, por diante no marcador e a pesares do igualado do encontro, a primeira metade tivo un pouco máis de control por parte dos dcmistas.
Pero o segundo tempo isto trocou, e o peso das ocasións desequilibrouse un pouco cara o lado do SihoFs (antigo Mazda), que semellaba aguantar mellor físicamente o paso dos minutos cos Dcmistas (ambos equipos cun só troco).
Pronto empataban o encontro tras un saque de esquina e un barullo na área de Jorge, que tivo hoxe moito traballo e resolveuno con grandes intervencións e algo de fortuna cos paus da súa porta. 1-1.
Respostou moi pronto o DCM cun fermosísimo gol. Roubo de Vare en campo contrario na saída do rival, magnífica asistencia de Emi cara o bigoleador Pani que cun acrobático remate empurraba o fondo das redes. Golazo. 2-1.
E mediada a segunda parte e tras varios balóns á madeira empataría o SihoFs. 2-2.

De ahí ó final ocasións claras para ambos conxuntos que chegaron ós intres finais coa amenaza de dobre penalti por parte dun disctudo Muñiz e non lles quedou máis remedio que conformarse co resultado.

Primeiro punto Dcmista que mellora o inicio do ano pasado e ante un dos rivais que lle venceu nos dous encontros da tempada anterior.

Noraboa polo esforzo Jorge, Chape, Vare, Emi, Pablo e Pani, a seguir así! 

jueves, 4 de octubre de 2012

Os rivais da tempada 2012-2013

Este é o calendario do DCM (10º clasificado a tempada pasada con 40 puntos) e os datos que coñecemos dos rivais:

Siho FS (Antigo Mazda Fs 7º clasificado)
Talleres Cahersa (11º clasificado con 35 puntos)
Urba-La Galia (12º clasificado con 29 puntos)
Bar Clavel (sen datos; a temporada pasada era o segundo patrocinador do Heladería Venencia 2ªB)
Bar o Cruce (8º clasificado con 43 puntos)
Dec.Jesús Cao (6º clasificado con 50 puntos)
Distribuciones Rivas Hannover (2º clasificado con 69 puntos)
El Rincón de Poucho (Antigo Novo Vidal 3º clasificado)
Flipper/Sarayka (9º clasificado con 41 puntos)
Matamá VelArte (1º clasificado con 71 puntos)
Moho Europecis (Ascendido de 2ªA como 1º de grupo con 70 puntos)
Parquets Eloy (5º clasificado con 51 puntos)
Piedrajoya (4º clasificado con 54 puntos)
San Xoan/Pescadería Rocío (Ascendido de 2ªB como 1º de grupo con 62 puntos)