sábado, 10 de mayo de 2014

Benvidos ó Torneo do KO. Deportes Carlos Miguel Vs WebsGalicia FS



Moi boas tardes queridos lectores

Nos atopamos neste blog para comentar por primeira vez na historia do DCM, o que vai a ser a súa participación no torneo da copa, que este ano se abre a tódolos equipos participantes na competición recreativa máis importante da cidade de Vigo.

Tras finalizar un ano no que se cumpriron os obxectivos mínimos con soltura, pero no que non se conseguiu recuperar a categoría perdida un ano antes, o DCM ten a oportunidade de pórlle unha bonita guinda ó final de temporada pechando unha boa actuación no campionato de Copa. A partir deste intre, cada actuación do equipo rosiña determinará se pode seguir xogando unha semana máis a competición, ou se debe coller vacacións anticipadas.

O sorteo da copa determinou, como ben comentou Lino fai unhas semanas, que o equipo deberá xogar a rolda previa ós 1/32 de final. O partido será contra o WebsGalicia.es rival que pasamos a analizar a continuación.

O WebsGalicia.es  rematou a temporada como 5º clasificado da terceira división grupo A, o grupo do todopoderoso Vasnesma quen non sabe o que é non gañar no que vai en competición e que suma 219 goles a favor e tan só 27 en contra. O Websgalicia pola súa banda obtivo 41 puntos, conseguindo gañar 13 partidos, empatou 2 e perdeu 11, obtendo 84 goles a favor (3,23 goles por partido) e 77 na contra (2,96 por partido). Obtivo unha cómoda quinta praza quedando 5 puntos por debaixo do cuarto clasificado e 7 por riba do sexto. Polo tanto se trata dun equipo sólido da terceira división, que nun futuro pode dar o salto de categoría. Un rival complicado para o cadro DCM'ista, que observamos no seu partido fronte ó líder da categoría, onde plantáronlle cara, dificultándolle a vitoria ata que o Vanesma conseguiu abrir a lata, e comezou a golear, como o soe facer cada fin de semana.

Por todo isto o DCM, terá que dar o mellor de si mesmo, para lograr pasar de rolda e continuar a competición a lo menos unha semana máis. Para todo isto o equipo rosiña debe recuperar o espírito competitivo, e deixar a relaxación de obxectivos das últimas xornadas ligueiras onde non se xogaba nada. Ademais o cadro DCM'ista debe ser consciente da importancia de amosar un comportamento sólido, xa que un gol na contra nesta competición te pode enviar a casa ata outubro, máis aínda tendo en conta a solidez do rival que ó igual que outros moitos equipos facilítalle moito as cousas adiantarse no marcador. Polo tanto os xogadores que saían ó campo este domingo, deberán facelo concentrados ó 100% e ofrecendo sacrificio colectivo en defensa, xa que se todos cumpren as súas funcións a vitoria estará moito máis cerca. Todo isto sen esquecer a faciana ofensiva, na que o equipo rosiña non está atopar demasiados problemas para xerar ocasións pero si para transformalas, pero estamos seguros que a necesidade de vitoria propia da competición copeira mellorará as estatísticas do noso equipo.

Para este fin de semana son baixa segura Quique e Yago, ambos fora das terras galegas. Dúbida e Chap quen parece ser que non chegará a tempo para a disputa deste partido. Polo tanto a convocatoria segura será a de Jorge na portería, na que terá que dar o mellor de si mesmo para pór en valor os goles acadados polo equipo, Selu, Vare e Xmon que deberán ser o baluarte defensivo que en moitos partidos foi o DCM e Emi, Pani e Davo en ataque que ademais do sacrificio defensivo deberán ser os encargados de xerar o xogo que leve ós nosos cara a vitoria.

O partido se disputará o domingo día 11 de Maio ás 12:00 no pavillón de Bembrive!, agardámoste, se necesita todo o apoio para poder pasar esta eliminatoria.

IMOS DCM!!!!

Fin da Temporada Regular - Clasificación Final

Finalmente o DCM termina cuarto na súa volta á segunda división "A", finalmente os malos resultados contra os equipos máis potentes da división, onde acumularon 6 derrotas, lle impediron optar ó ascenso de categoría. Non obstante, o equipo mostrouse moi regular cos restantes equipos, cos que tan só perdeu 3 partidos, o que fai que os Rosiñas poidan ser optimistas de cara os seus encontros de copa.

Destaca a igualdade entre o primeiro e o segundo clasificado, así como a remontada do Camping Cangas, quen remata a liga sexto, empatado co quinto,  8 puntos por debaixo do noso equipo.

Os número do DCM son os seguintes:
Posición: 4º
GF: 85 (3,27 goles por partido) - 5º equipo máis anotador
GC: 70 (2,69 goles por partido)- 4º equipo que menos goles encaixa.
Puntos: 45 (1,73 puntos por partido xogado)