jueves, 24 de abril de 2014

Análise Final de Temporada


Sen opcións ligueiras a falta de dúas xornadas (os nósos xa non poden alcanzar a 3ª praza e necesitan só un punto para asegurar matemáticamente o 4º posto), o entorno Dcmista ten a vista posta no próximo campionato copeiro que se desputará dende o 10 de maio.

Na “Rolda Previa” o DCM enfrontarase a “WebsGalicia.es”; equipo que nestes intres ocupa a 5ª posición da 3ªDivisiónA con números similares aos dos rosiñas pero nunha división inferior. Non será un encontro sinxelo, pero o DCM partirá como favorito no choque e está obrigado a gañar. Deberá esquecer o estilo despreocupado co que ven xogando os últimos encontros de liga (xa que no torneo do KO hai moito en xogo en poucos minutos e un só erro pode deixarte fóra) e recuperar o seu estricto sistema táctico que tan bos resultados defensivos acostuma a dar, para vencer os encontros dende unha sólida defensa.

En caso de vencer este primeiro enfrontamento, o DCM veríase as caras, dúas semanas despois (o bado 24 de maio) nos 32avos de final contra o “Arenal Beer Station” (equipo que librou por sorteo a fase previa); é actualmente o 10º clasificado da 3ªDivisiónB con tan só 5 victorias en 22 encontros, pero cuns bos rexistros defensivos (62 goles encaixados, números similares aos de equipos máis punteiros). Semella polo tanto un rival de nivel inferior ao WebsGalicia.es, pero difícil de bater, polo que agardaríase un encontro con resultado curto, o que implica que calqueira gol (tanto anotado, como encaixado) podería ter unha importancia vital; a máxima concentración será a clave do choque.

De superar esta segunda rolda, a competición levaríanos a desputar os 16avos de final tan só un día despois, o domingo 25 de maio, contra o vencedor de Explanada (11º clasificado da nosa 2ªA) Vs. Caf.Mus (3º clasificado de 3ªA). Estaríamos a falar xa de rivais de nivel similar aos Dcmistas.

O vencedor do choque, desputaría os oitavos de final o bado 31 de maio, previsiblemente e salvo sorpresa, ante un totalmente renovado “Peluquería Vanesma” (que nada ten que ver co equipo que compartíu división co DCM ano atrás), e do que os expertos din que é o mellor equipo de tódalas divisións da VigoEnXogo2014 e gran favorito para este torneo. É o líder de 3ªA, con 24 vitorias en 24 partidos, e cuns números que asustan: 204 goles a favor e 26 en contra. Para iso, o Vanesma tería que derrotar a un duro rival na anterior rolda, o Danais FS (4º clasificado da 1ªDivisión)

Os cuartos de final desputaríanse o día seguinte, domingo 01 de xuño, quedando a semifinal e a final para o fin de semana do 07 e 08 de xuño.


Por tanto, os derradeiros dous encontros ligueiros deberán servir de preparación do DCM para afrontar este difícil pero atractivo torneo. Este fin de semana o equipo recibirá ao segundo clasificado da categoría BarLuadaII, que atópase a tan só un punto do líder da división, polo que se xoga as súas opcións de título.
E o próximo fin de semana o equipo pechará o ano ligueiro contra o colista da división, BarSecundino.
Ademáis, os nósos, non deben esquecer que todavía permanecen de cheo na loita por ser campións da deportividade da súa división (a nivel global as opcións son algo máis remotas), polo que non deben cometer erros infantís nestes dous últimos encontros.

LINO