jueves, 28 de abril de 2011

O DCM pon en xogo o seu primeiro "match ball"





Regresa a competición tralo parón de semana santa, cunha interesantísima xornada que pode ser vital para algúns equipos.

Caf.Zeus e WapichiUnited apuran as súas últimas opcións de ascenso ante os dous primeiros clasificados, DCM e P.Eloy respectivamente.

Se o DCM vence ó Caf.Zeus, os nósos asegúranse virtualmente o ascenso, xa que colocaríanse con 12 puntos de vantaxe sobre o 3º clasificado (e un partido máis), a falta de 5 xornadas por desputarse, polo que só unha debacle dcmista nos 3 partidos que lle restarían por desputar poderían arrebatarlle a plaza de ascenso directo.

Se o P.Eloy fai o propio sobre Wapichi, tamén deixaría "arranxado" o seu ascenso directo, e tan só quedaría no aire o primeiro posto da táboa, que polo momento, estaría en mans dos homes do Parquets se vencen os seus 5 enfrontamentos ata final de tempada (o DCM debería agardar un erro dos amarelos).


Resumimos a situación actual:

DCM: 54 puntos // Caf.Zeus - Descansa - Descansa(D.Cordero)-Frutas-Lecer- NK

P.ELOY: 49 puntos // Wapichi - Acerón - Cocedero - Kubi - LobisHome - Zeus

C.ZEUS: 45 puntos // DCM - Descansa(D.Cordero)- Frutas- Lecer - NK- P.Eloy

WAPICHI: 42 puntos // P.Eloy - Silvafresh - Castelao - Descansa - PontePintar - Acerón



O partido dos Dcmistas prevese moi complicado para os nósos, ante un rival que xa lles venceu na ida por 5-2, e cun estilo de xogo que parece pór en múltiples dificultades ós nósos.
Os nósos chegan tras moito tempo de parón (xa que ademáis do parón ligueiro non puideron desputar o último encontro por incomparecencia do rival) e poden saír descentrados.
O Caf.Zeus, moi mermado nesta segunda volta da competición polas baixas derivadas de lesións e sancións, está a amosar que incluso con baixas de gran importancia sabe sacar os partidos adiante, aínda que con resultados axustados e sufrindo, e chegará sabendo que unha derrota suponlle dicir adeus ó ascenso directo.

Polo tanto, o DCM debe mentalizarse da importancia do encontro, e saber que unha victoria suporía conseguir un obxectivo soñado dende o momento de fundación do equipo.
Por fortuna, o equipo ten máis "bolas de partido" no peto, aínda que agardemos que non deba empregalas.


Os primeiros minutos de encontro antóllanse claves para o devenir do resultado. Se o DCM sae metido, sen temores e pon toda a carne no asador para levarse o partido, terá moito gañado.
Aliñación probable:
---Jorge---
-Vare--Pali-
----Pani----
-----Emi----
DOMINGO 18:00H PAVILLÓN DE BEMBRIVE

Segue en xogo tamén os títulos de máximos goleadores, menos goleados e da deportividade, polo que cada partido de aquí a final de tempada terá un incrible interese para moitos equipos.

EMOCIÓN A FARTAR!! Non perdan esta xornada ligueira!!

PARTICIPEN EN VAI-Á-PORRA DEBAIXO DESTA PREVIA


Estes son os partidos seleccionados para a 24ºxornada de VAI-Á Porra (25º do campionato 2010/2011)

Deportes Carlos Miguel Vs. Caf.Zeus
NK Vs. Acerón
Parquets Eloy Vs. Wapichi


Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo


E a continuación a clasificación xeral actualizada. A incomparecencia de Migui nesta xornada volve dar opcións ós seus perseguidores, quenes sen estar acertados conseguiron alomenos recurtar uns puntiños importantes. Escasas xornadas para o final, momento decisivo para Vai-á-Porra!



sigan participando en Vai-á-Porra!!

jueves, 14 de abril de 2011

¿Acórdase o DCM do que é gañar sufrindo?




¿Acórdase o DCM do que é gañar sufrindo?


Momento vital da tempada. Todo o traballo realizado ata o de agora, dará os seus froitos se o equipo mantén o ritmo de vitorias 5 xornadas máis. Só 5 encontros, 5 finais.
Pero a 2ª volta dcmista está a ser tan incrible que o equipo está a vencer os encontros sen sufrir, apabullando ós rivais. E isto debe facernos pensar… ¿e se o partido é igualado? ¿recorda o DCM o que é gañar sufrindo? ¿saberá ter paciencia e madurar o encontro ou poderalle a presión?

A 1ª desas 5 finais enfróntanos ó BarLobisHome. Todos os prognósticos falan dunha nova vitoria sinxela a favor dos dcmistas. Pero na ida, o encontro decidíuse na última xogada do encontro, nun saque de esquina transformado por Yago e que significaba o 2-1.
Daquela o equipo non gañaba os partidos con tanta facilidade como nas últimas datas, e ninguén prevía resultados avultados antes dos encontros.
Pero agora semella que o equipo só sabe gaña desa maneira e que está “obrigado” a facelo así, e dende aquí queremos poñer ós nósos en aviso.
Cicáis esta xornada toque sufrir… deberemos estar preparados.
Se o encontro non se pon tan a favor nos primeiros minutos como ocorre nas últimas semanas, o equipo debe manter a calma, non ter présa por facer gol, deberá centrarse en labores defensivas e agardar a súa oportunidade en ataque. Incluso pode ser que algún dos rivais que quedan ata rematar a tempada consiga adiantarse no marcador. Haberá que manter a calma. O importante son os 3 puntos, non as goleadas, e iso pode conseguirse tanto no primeiro como no derradeiro minuto.

Así que mentalizados rapaces. O LobisHome é un rival serio, cun bo gardamallas e que non perde a posición no campo. Chega de empatar a 4 goles ante o Caf.Zeus e necesita unha vitoria para escapar dos postos perigosos da clasificación.

A aliñación prevista é a seguinte, aínda que agora o equipo non ten unha estrutura tan ríxida e varios xogadores poden empregar unha ou outra posición segundo a convocatoria e segundo o devenir do encontro.

--------Jorge-------
---Vare------Pali---
--------Pani---------
--------Yago--------

Preparados para sufrir. O premio ben merece saber sufrir uns cantos partidos máis. Imos rapaces!!!

miércoles, 13 de abril de 2011



Estes son os partidos seleccionados para a 23ºxornada de VAI-Á Porra (24º do campionato 2010/2011)

BarLobisHome Vs. Deportes Carlos Miguel
Acerón Vs. Lecer
BarCocedero Vs. FrutasNieves


Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo


E a continuación a clasificación xeral actualizada, distánciase Migui ó facer pleno co resultado do DCM, pero todavía pode pasar de todo!!:



sigan participando en Vai-á-Porra!!

domingo, 10 de abril de 2011

“Máis preto do soño” DCM 6-1 BarKubi



O DCM cumpríu no seu compromiso e conseguiu os tres puntos nun encontro no que foi vital a vantaxe conseguida polos nosos nos primeiros instantes de partido, xa que despois de que BarKubi centrárase, o encontro estivo moito máis igualado. Esa victoria unida a unha nova e inesperada derrota do Wapichi e o imprevisto esvarón do ParquetsEloy, sitúa ós nósos líderes (cun partido máis que o P.Eloy),e cun colchón de 4 puntos sobre o ascenso (se é que Caf.Zeus gañou o seu encontro), o que achéganos un pouco máis ó soño de alcanzar a 1ª división.

Unha vez máis foron os sete habituais os artífices desta nova victoria. Cun 3-0 a favor transcorridos escasos 10 minutos, o partido quedaba prácticamente sentenciado para os intereses Dcmistas. O rival acurtaría distancias co 3-1, pero na seguinte acción os nósos facían o 4-1 e voltaban a impor unha vantaxe máis que considerable.
Tralo descanso, chegarían dous goles máis dos nósos (un de moi bela factura tras combinación de todo o equipo e asistencia final de Emi cara Pani xa en liña de gol) e o recital do Sr.Pousa, que amosou un incrible cartón amarelo a Emi por devolver o esférico ó rival no lanzamento dun dobre penalti. Para explicarlles a acción extraemos parte do escrito que o DCM ten previsto presentar ó Comité de Competición, xa que lle parece unha tomadura de pelo o cartón amosado polo colexiado:


  • - Nunha acción do encontro, o Deportes Carlos Miguel recupera o balón no seu propio campo e sae en contraataque. Ó percatarse de que un xogador rival queda tendido no chan mancado, o nóso equipo disponse a tirar o balón fóra para que o xogador sexa atendido, pero antes de poder lanzar o balón a saque de banda, o rival comete falta sobre un dos nosos xogadores; falta que é sinalada polo colexiado e como era a sexta, deberá lanzarse dende o punto de dobre penalti.
    - Nun xesto de deportividade, o Deportes Carlos Miguel decide devolver o esférico nese dobre penalti, xa que a xogada ocorreu cun rival tirado no chan. Por iso, o xogador Lic. ----, en lugar de lanzar con intención de facer gol, pasa o balón ó porteiro rival.
    - Nese instante, o colexiado procede a amonestar ó noso xogador con tarxeta amarela; segundo a versión do propio colexiado pola aplicación do seguinte artigo do Regulamento da Federación Galega de Fútbol Sala: 13
    - FALTAS ACUMULATIVAS 13.3. Procedimiento (para la sexta y siguientes faltas acumuladas)
    • El ejecutor del tiro libre deberá lanzarlo con la intención de marcar un gol y no podrá pasar el balón a otro compañero.
    13.4. Infracciones/sanciones Si un jugador del equipo que ejecuta el saque infringe esta Regla de Juego:
    • Si no se marca un gol, los árbitros detendrán el juego y lo reanudarán con un tiro libre indirecto a favor del equipo defensor, que se ejecutará desde el lugar en donde se cometió la infracción.


O equipo recoñece que o tiro libre indirecto a favor dos rivais está ben sinalado en aplicación do regulamento, xa que o noso xogador non tirou con intención de marcar gol como indica a regla, pero reclamará que o regulamento nada establece de que deba sancionarse dita acción con cartón amarelo e por suposto, apelará ó “SENTIDO COMÚN” que debe aplicarse para non sancionar a un equipo por unha mostra de deportividade. O peor de todo foi que os primeiros en recriminar a acción ó colexiado foron os propios rivais, ó entender que non era xusto amonestar a un xogador por ser deportivo, e eles foron os máis perxudicados ó recibir unha ristra de amonestacións.

Non paga a pena falar máis do tema.
O equipo venceu, os goleadores foron Emi e Pani por partida dobre e Yago e Pali nunha ocasión. Debemos pensar xa nas 6 finais que quedan por diante. BarLobisHome, CafZeus, DobleDeCordero, FrutasNieves, Lecer e NK.

Sería un grave erro relaxarse agora, pensar que a cousa está feita e que nos podemos permitir algunha derrota. Hai que saír con todo en cada encontro e tomarse cada un deles como unha auténtica final. E aprender do que lles está pasar ó resto e saber que de igual maneira, esas derrotas poden sucedernos a nós se non damos o mellor nivel cada partido.

Imos equipo!!!

sábado, 9 de abril de 2011

"En busca dunha nova vitoria" DCM-BarKubi



Nova xornada de liga que enfronta ós nósos a un vello coñecido, o BarKubi.


Os nosos deberán estar de novo ó 100% de compromiso, entrega e concentración, para superar a un BarKubi que non porá as cousas nada sinxelas ó igual que non llas puxo a Caf.Zeus.


Os nósos non poden errar e o saben, por iso agardamos a mellor das súas versións unha vez máis. Con probabilidade, a convocatoria será máis numerosa ca dos sete habituais, polo que o equipo deberá recompoñerse e conseguir o seu bo nivel das últimas xornadas tamén con oito ou nove xogadores.


Aliñación probable:


------Jorge--------
---Vare-----Pali---
-------Pani------
-----Quique-----


Esta tarde ás 19:00 horas no Manuel Antonio Un saúdo e Hala DCM!


SIGAN PARTICIPANDO EN VAI-Á-PORRA

jueves, 7 de abril de 2011



Estes son os partidos seleccionados para a 22ºxornada de VAI-Á Porra (23º do campionato 2010/2011)

Deportes Carlos Miguel Vs. BarKubi
Parquets Eloy Vs. Silvafresh
Lecer Vs. Wapichi


Recordamos que:
- Para participar en Vai-á Porra débese por un comentario nesta nova.
- A puntuación é a seguinte
+1 punto por acertar o gañador do partido
+2 puntos por acertar o gañador do partido e os goles que marca un dos dous equipos
+5 puntos por acertar o resultado completo


E a continuación a clasificación xeral actualizada:



Moitas xornadas por diante, todo pode pasar; sigan participando en Vai-á-Porra!!

lunes, 4 de abril de 2011

“Cando todo marcha sobre rodas” BarCocedero 1-10 DCM


Tralo parón ligueiro, o DCM recupera a segunda posición da táboa nunha tarde de domingo onde todo saíu perfecto para os intereses Dcmistas. As 19:55 horas, FrutasNieves marcaba o 3-4 e remontaba un encontro que Wapichi semellaba ter máis que controlado, e as 20:25 o DCM xa gañaba 0-4 deixando claro que non ía a deixar escapar a oportunidade de recuperar os postos de ascenso directo.

Nova xornada sinalada como moi perigosa no calendario dcmista, e nova xornada na que os nósos sorpréndese a sí mesmos polo nivel que están acadando nesta segunda volta da competición. O mellor DCM da historia continúa vencendo partidos e ten na súa man unha inmellorable ocasión para alcanzar as cotas máis altas da competición. E é que xa non son só os números clasificatorios, senón as sensacións que amosa esta “versión mellorada” do equipo, o DCM versión 5.0, baseada en:
- A solidez defensiva baseada nun seguro gardamallas (que volve amosar o seu mellor nivel), nunha defensa cun incrible saber estar e fantástica colocación (que alcanza a súa mellor versión co sistema de trocos Quique-Vare-Pali), e un traballo encomiable con tremendo desgaste dos actuais tres homes ofensivos do equipo (Emi-Pani-Yago), convirten ó equipo nun dos máis sólidos da competición.
- O altísimo ritmo de xogo imposto polo equipo dende o primeiro ó último minuto (algo que non se conseguía outras tempadas) que noquea ós rivais e que engancha a tódolos xogadores ó partido, incrementando en gran medida o seu nivel competitivo e a súa concentración durante os 50 minutos.
- Un ataque demoledor. Cun Yago tocado por unha variña máxica que fai que en moitos dos últimos encontros convirta en gol todo o que toca, pero sobretodo cun ataque baseado nese alto ritmo que fai que as ocasións cheguen unha e outra vez en cada encontro. A iso úneselle un bo saco de goles en xogadas de estratexia.
- A porción necesaria do factor “sorte”. Que fai que o equipo non acumule lesións ni sancións nas últimas datas e que acompaña nos minutos chaves dos encontros.

Así fraguouse onte unha nova vitoria dcmista. Por 1-10, devolvendo desta maneira a goleada que o Bar.Cocedero infrinxira ós nosos na primeira volta por 3-10. Os nósos tiñan a lección aprendida e coas armas antes citadas superaron con claridade ó rival. 0-4 ó descanso con goles de Quique e 3 de Yago e 1-10 ó final con outro de Quique, segundo hattrick da tarde para Yago e un para Pali e outro para Vare.

Agora toca frea-la euforia. E é que un mínimo de relaxación, de sensación de superioridade ou de conformismo que leve a baixar un ápice o nivel e as cousas pódense torcer en calquer momento. Ademáis o equipo, afeito xa a mecánica dos sete habituais, deberá saber conseguir un nivel similar de intensidade e rendemento cando a convocatoria sexa máis numerosa.

Quedan 7 finais. BarKubi, BarLobisHome, CafZeus, DobleDeCordero, FrutasNieves, Lecer e NK. 7 encontros nos que para gañar hai que dar o nivel destas dúas últimas xornadas, xa que senón chegan os sustos. Sirva de exemplo o que lle ocorreu onte a Wapichi, e as vitorias sufridas e axustadas do ParquetsEloy ante o colista ou do CafZeus ante BarKubi (vindeiro rival Dmista).
Non hai rival sinxelo, non baixemos a garda, máxima concentración rapaces! Un cordial saúdo e ata a previa!

viernes, 1 de abril de 2011

“Complicadísimo exame tralo parón” BarCocedero-DCM

Regresa a competición cunha xornada de moito nivel.


O DCM visitará a un complicadísimo rival, que non só venceu ós nósos na primeira volta senón que deulles unha soberana paliza por 3-10.


O Wapichi enfrontarase a un renovado FrutasNieves que polo visto no último encontro que desputaron no Calvario ante Castelao, poden porlle as cousas moi difíciles a un imparable Wapichi se xogan moi concentrados e moi serios dende o primeiro ata o último minuto de partido.


E o Parquets Eloy, líder da categoría xogará contra o colista, pero ollo, lonxe do que poda parecer, tamén será un partido con interese xa que na primeira volta ambos equipos empataron a 5 goles.


Polo tanto gran xornada a que nos agarda, na que o DCM está obrigado a gañar.


É outro dos encontros sinalados como de alto risco no calendario que lle queda ós dcmistas, e por iso o equipo debe mostrar o seu mellor nivel se quere sacar 3 puntos que semellan imprescindibles para seguir loitando polos dous postos de ascenso directo. O Cocedero sorprendeu na primeira volta cun xogo moi alegre, directo e baseado nas paredes ofensivas e o DCM non soubo reaccionar en todo o partido. Agardemos que teñan aprendida a lección e non haxa erros nas defensas home a home como no partido de ida. Para este encontro, agárdase a mesma convocatoria que ante Acerón e a aliñación probable será:


--------Jorge---------

--Vare----------Pali--

---------Emi----------

--------Quique--------


Domingo ás 20:00 horas no pavillón de bembrive, e xusto antes o Wapichi-Frutas, dous partidazos que non poden perder!


E sigan participando en Vai-Á-Porra!