sábado, 3 de octubre de 2015

X1: CIL Vigo Vs MatizVigo FS. Comeza o Espectáculo

Pasaron 4 meses dende que finalizou a liga aló polo mes de xuño e xa estamos de novo aquí de volta para acercárvos o que vai ser a primeira xornada de liga da temporada 2015/16 do grupo único de segunda división.

Todo fai presumir que este ano a segunda división terá un nivel moi superior a de temporadas anteriores. Debido ó cambio de formato da liga, que fixo que o ano pasado descenderan 16 equipos (8 por grupo) de segunda división a terceira, fai que agora en segunda tan só queden aqueles equipos que o ano pasado demostraron ter un bo nivel e acadar unha boa posición na táboa clasificatoria. Non en van antes era 28 os equipos que podían presumir de estar en segunda división mentres que agora tan só 14 poden ter ese privilexio.

Porén a pesar deste aumento de nivel que se lle presupón á nova liga, o Matiz Vigo conta con facer un bo papel un ano máis e conseguir estar durante toda a temporada nos postos sobranceiros da categoría. Para isto o club tras un verán de infarto conseguiu finalmente renovar a todo o seu plantel e nunhas condicións máis ventaxosas que na temporada pasada. Facendo unha análise por liñas esta é a situación do equipo nesta temporada:
  • Portería: Nesta demarcación seguirá Jorge ó igual que os restantes 10 anos de historia deste club. Agardemos que o gardamallas sexa quen de acadar a regularidade necesaria para ser un porteiro fiable nos 26 partidos da competición. Será clave para poder ser un dos equipos menos goleados do campionato.
  • Defensa: Nesta demarcación seguirán os clásicos Vare, Chap e Xmon que intentarán mellorar se é posible o gran nivel que veñen demostrando en tódolos anos de competición do equipo. Moito evolucionaron dende a priemeira temporada, tanto en colocación como en técnica individual. Ademais destes 3 estará Davo que finalmente chegou a un acordo de renovación co club e que será ese xogador que lle dea osíxeno e esforzo a tódalas liñas do equipo, agárdase que siga sendo un xogador clave. 
  • Ataque: Na zona ofensiva do equipo é onde atopamos as maiores novidades nesta liga. Seguen Emi e Pani, que deben seguir sendo xogadores clave en calidade e esforzo para poder resolver eses partidos que se atopan atascados. Pero ademais este ano contarán con máis axudas xa que o club recupera a Yago, ese delantero tanque que ademais non está exento de calidade e que este verán ven de demostrar que está a un nivel superior que o de outros anos, e que ademais contará coa regularidade de partidos que non tivo en anos pasados. Tamén a directiva conseguiu recuperar por uns meses a Pablo, xogador que o ano pasado tivo unha presenza testimonial no equipo. Qué dicir de Pablo un xogador que o club coseguiu unir ó seu proxecto convencéndoo para deixar un histórico como o Rápido de Bouzas. Xogador de calidade incuestionable que é quen de resolver xogadas inverosímiles e que coñece a dinámica do equipo a que de seguro que se adaptará con facilidade. Por último nos falta mencionar a Quique que agora que está máis cerca nosa, cambiando Perú por Austria, agardemos que poida estar presente en máis partidos do campionato e seguir marabillando a tódolos espectadores e incluso ós árbitros. 
 Este é por tanto o cadro de xogadores co que contará incialmente o Matiz Vigo para esta temporada, pero centrándonos máis neste partido a convocatoria estará formada por 8 xogadores: Jorge na porta, Xmon, Chap e Vare para posicións defensivas e Emi, Yago e Pani para a vangarda do equipo.

Debe ser este un partido importante para comezar con bo pé a competición. O equipo deberá saír concentrado e demostrar que o bo nivel mostrado nos amigábles de pretemporada e no torneo de Baiona non foi un espellísmo senón que tan só foi un avance da gran temporada que nos van regalar os xogadores deste Matiz Vigo.

O primeiro partido xa o saben, será este sábado ás 20:00 na pista do Frontón do Pavillón das Travesas, unha hora magnífica para volver gozar dos nosos. Agardámoslles neste partido e xa o saben Imos que nos Imos! Imos Matiz VIGO!!!