lunes, 15 de agosto de 2011

Historia - Palmarés




 
 



Palmarés: 
 - Temporada 2006/07 (3ª División):
  • Campión da Deportividad de 3ª Grupo "C"
  • Campión de Campións da Deportividade de Fútbol Sala
- Temporada 2007/08 (3ª División): Sen títulos
- Temporada 2008/09 (3ª División):
  • Campión de 3ª Grupo "C"
  • Equipo Menos Goleado de 3ª Grupo "C" (honra compartida co Acerón)
- Temporada 2009/10 (2ª División):
  • Campión da deportividade de 2ª Grupo "B"
  • Campión de Campións da Deportividade de Fútbol Sala
- Temporada 2010/11 (2ª División):
  • Subcampión de 2ª Grupo "B"
  • Equipo Máis Goleador de 2ª Grupo "B"
  • Campión da Deportividade de 2ª Grupo "B"
  • Campión de Campións da Deportividade de Fútbol Sala 
- Temporada 2011/12 (1ª División): 
  • Campión da deportividade de 1ª División
  • Campión de Campións da Deportividade de Fútbol Sala 
- Temporada 2012/13 (1ª División): 
  • Campión da deportividade de 1ª División
  • Campión de Campións da Deportividade de Fútbol Sala
 Historia
O Deportes Carlos Miguel fundouse no verán de 2005, froito da fusión do CUVJ (herdeiro do Frenagol) e o Paghatinaikos, ambos equipos que xogaban na Liga Loiola que se disputaba no Colexio Apóstol Santiago.
En Setembro o club acadaba unha das poucas e codiciadas prazas que había libres na competición recreativa non federada máis imporante da cidade, é dicir, Vigo en Xogo. O Deportes Carlos Miguel (en adiante DCM) militaría na súa primeira campaña na terceira división grupo "C".
Primeira Temporada (2006/2007): O plantel inicial dese ano estaba composto por: Jorge (gardamallas anteriormente do CUVJ), Pali (Xogador que estivo no Frenagol e no Paghatinaikos), Vare (Xogador do CUVJ), Xmon (Xogador do CUVJ), Chap (Xogador do CUVJ), Pani (Xogador do CUVJ), Emi (Xogador do Paghatinaikos), Quique (Xogador do Paghatinaikos) e Kokinho (Xogador do CUVJ).
Esta primeira temporada na competición foi mellor do agardado para os nosos, xa que fixeron unha primeira volta moi meritoria baixando moito o nivel na segunda, pero na que non tivo apretos por salvar a categoría debido ás rendas obtidas nos primeiros partidos da competición regular. Ademais ese ano o club acadaría os seus dous primeiros títulos, que eran o de campión da deportividade do seu grupo e o de campión de campións da deportividade de fútbol sala.
Segunda Temporada (2007/2008): No verán previo a esta temporada produciuse a primeira e única baixa até o momento do equipo. Kokinho deixaría o plantel para fundar un novo proxecto que se chamaría Balance F.S. O DCM decidiu entón mover ficha e facerse cos servizos dun vello coñecido que retornaba a Cidade Olívica tralo seu paso por Barcelona. Ese xogador non era outro que Yago, que xa tiña xogado no Frenagol. Polo tanto o plantel, outra vez composto por 9 xogadores, sería o seguinte: Jorge, Pali, Vare, Chap, Xmon, Emi, Pani, Quique e Yago.
Nesta temporada o equipo aumentou o seu rendemento respecto a temporada anterior, manténdose no primeiro tramo da temporada entre os equipos punteiros do grupo, e situándose en moitas xornadas en postos de ascenso. Porén unha segunda volta moi irregular fixo que os nosos quedaran na sexta posición, sen opcións a optar ó ascenso.
Terceira Temporada (2008/2009): Neste ano o equipo concienciouse de que o ascenso tiña que ser o obxectivo polo cal loitar tras dous anos de adaptación a categoría. O Plantel era o mesmo que o do ano anterior, e dicir, Jorge, Pali, Vare, Chap, Xmon, Emi, Pani, Quique e Yago.
Nesta temporada o DCM comezou moi forte o campionato, pero non sería até o final da primeira volta cando se enfrontou contra o Bar Kubi (de aquela, Grupo Donno) cando acadaría o liderado. Esta foi unha temporada pragada de dificultades, xa que no mencionado partido o equipo tan só contaba con 5 compoñentes en bo estado, e así aconteceu en máis partidos. Ademais o partido viña de ser aprazado por un temporal que houbo unha semana antes e que fixo que non se puidera disputar o partido nin na Mina, nin no pavillón do frontón. Ademais esta temporada tamén será recordada por ser na que o DCM viuse obrigado a repetir un tramo de partido, foi contra o Vanesma na primeira volta. O Vanesma marcou un penalti pero o árbitro do partido decidiu anulalo e darlle o balón ó gardamallas do DCM xa que os rivais se tiñan adiantado no lanzamento para optar ó rexeite. Porén o Comité decidiu anular esa acción xa que o regramento indica que teñen que volver a repetir o penalti. Finalmente marcaron o penalti na repetición do partido, e o resultado final foi de 2-2.
Finalmente, e unha vez que alcanzou o equipo o liderado xa non o soltaría en toda a segunda volta, acadando o ascenso e o campionato de liga a dúas xornadas para o final, cando lle gañou ó Lounge Bar, por un avultado resultado. Ademáis de facerse co título de campión da 3ªC, tamén conseguiu proclamarse como o equipo menos goleado da categoría, conxuntamente co Acerón.
A vitoria no campionato ligueiro permitiulle ó DCM clasificarse para o torneo de campión de campións, onde caería derrotado na primeira rolda fronte ó Parquets Eloy.
Cuarta Temporada (2009/10): Este sería o ano do debut en segunda división (o equipo quedaría encadrado no grupo "B"), tras tres temporadas competindo en terceira división, o rendemento do equipo nesta nova categoría era toda unha incógnita. Para este proxecto o DCM decidiu manter o plantel dos dous anos anteriores, é dicir, Jorge, Pali, Vare, Chap, Xmon, Pani, Emi, Quique e Yago.
O Equipo comezou a ligar perdendo o seu primeiro partido, porén pronto remontaría posicións e faría unha meritoria campaña para ser a súa primeira temporada na segunda división. Na primeira volta mantívose entre os mellores da categoría roldando sempre a quinta praza. Porén na segunda volta baixouse un pouquiño o listón e o equipo tivo que conformarse coa sétima praza, é dicir metade da táboa, unha posición máis que digna para ser a primeira temporada na categoría.
Ademais volveu gañar o trofeo á deportividade, esta vez de 2ª división grupo "B", e o trofeo de campión de campións da deportividade de fútbol sala, o segundo que viaxaría cara as vitrinas DCM'istas.
A Clasificación definitiva deste ano a poden consultar premendo AQUÍ
Quinta Temporada (2010/11): Neste segundo ano na categoría de prata, o equipo estaría formado polos mesmos xogadores que nas 3 campañas anteriores, é dicir: Jorge, Pali, Vare, Xmon, Chap, Emi, Pani, Quique e Yago.
Na primeira volta de esta temporada o rendemento do equipo non foi de todo regular sobretodo no primeiro tramo da temporada onde o equipo non era quen de superar a zona media da táboa. Ó Final desta primeira volta conseguiuse arranxar un pouco os números obtendo 10 victorias e 4 derrotas nas xornadas deste primeiro tramo do campionato. O club finalizaba o torneo de inverno como cuarto clasificado a tan so un punto do ascenso e a 4 do Parquets Eloy que xa lideraba a competición nese tramo da temporada.
A segunda volta foi a mellor volta da historia do DCM, o equipo obtivo 11 victorias por tan so 1 derrota (xogáronse menos partidos que na segunda volta, por mor das expulsións), o que serviulle ó equipo DCM'ista para lograr a segunda posición do campionato, quedando a tan so 1 punto do campión ligueiro (o Parquets Eloy) e superando en 14 puntos o Wapichi United, 3º clasificado ó final de liga.
Esta gran temporada que finalizou con 21 victorias e 4 derrotas, redondeuse coa obtención por primeira vez na historia do club, do trofeo de máximos goleadores (144 goles a favor), do subcampionato do trofeo zamora (62 goles na contra), e coa obtención por segundo ano consecutivo e terceiro na súa historia do título de campións da deportividade do grupo, e o título de campión de campións (é dicir de tódolos equipos de fútbol sala de Vigo en Xogo) da deportividade.
Para consultar a clasificación e as diversas xornadas desta temporada preman AQUÍ
Sexta Temporada (2011/12): No ano do debut na máxima categoría do fútbol afeccionado vigués, o DCM principiou a tempada cun novo reforzo, Pablo Santos, procedente do Rápido de Bouzas e co visto bo do presidente do clube nesas datas, o Sr.Sotelo. Pablo chegaba como substituto de Pali, que deixaba o proxecto tras cinco anos no mesmo, sendo o segundo membro fundador en abandonar a disciplina Dcmista. O resto dos xogadores (Jorge, Vare, Xmon, Chap, Emi, Pani, Quique e Yago) continuaban no plantel.
Na primeira volta de esta tempada o equipo tivo que lidiar con moitos contratempos. O xa previsto de que Yago desputase moi poucos partidos por ter que estudar na cidade condal, uníuselle unha brecha no mentón de Jorge nun encontro ante Talleres Cahersa que o alonxaba varias xornadas dos terreos de xogo. Tamén Emi resultou mancado e posteriormente causaría baixa por unha viaxe de estudos ás illas británicas. Por fortuna, o equipo foi quen de ir pouco a pouco adaptándose á categoría e comezar a sacar resultados positivos. Aínda así, a primeira volta remataría co DCM ó borde do precipicio a 2ª división.
A segunda volta principiou coa mellor xeira de resultados do equipo (4 vitorias e 1 empate en 5 partidos), que os achegaba moito ó obxectivo da permanencia. Pero cando mellor ían as cousas, un novo contratempo, desta vez a marcha de Quique cara Austria por motivos laborais. Por fortuna, o clube reaccionou con celeridade e pechou a contratación de David Santos, quen adaptouse rápidamente ó equipo e consolidouse na parcela defensiva do mesmo. Por primeira vez na historia, o DCM alcanzaba os 10 membros teóricos, aínda que menos na práctica pola marcha de Yago e de Quique, o plantel era máis reducido.
A permanencia matemática selábase con catro xornadas de marxe para a conclusión.
Esta gran temporada que finalizou co equipo na 10ª posición da táboa, e redondeuse coa obtención por terceiro ano consecutivo do título de campións da deportividade do grupo, e o título de campión de campións (é dicir de tódolos equipos de fútbol sala de Vigo en Xogo) da deportividade ó ter recibido tan só 4 cartóns amarelos.
Para consultar a clasificación e as diversas xornadas desta temporada preman AQUÍ

No hay comentarios: