Nova vitoria do equipo
rosiña nesta 4ª xornada de liga que consolida a candidatura do
equipo a estar na pelexa cos mellores. O equipo superou un chanzo
máis no longo camiño da 2ª división, nesta ocasión coa
dificultade engadida que supón sempre xogar en un campo pouco
habitual e de dimensións moi reducidas; o fixo sen grandes alardes,
co xusto e necesario, sacando novamente a máxima rendabilidade
posible ós seus goles. Ao igual que a pasada xornada o equipo puido
e debeu sentenciar moito antes o encontro e acadar un resultado máis
amplo, pero errou en ataque e novamente permitíu manterse no choque
ao equipo rival, que nos últimos minutos meteu o medo no corpo á
bancada Dcmista con porteiro xogador sobre o campo. Pero a
experiencia que teñen xa os nósos nesta competición estalles
permitindo sacar estes bos resultados incluso cando o xogo non é
todo o fluído que debera e cando os goles non chegan e algún que
outro erro defensivo sae a relucir. Chega co posicionamento táctico
(incluso con desaxustes que non se pagan tan caros na 2ª división
como na 1ª) e co peso que teñen no campo os xogadores máis
veteranos do plantel na competición.
Unha vez máis o equipo
comezou mandando no xogo. Dominaba e tiña ocasións, pero as
dimensións do campo facilitaban moito a defensa do equipo rival. Así
transcorreu case toda a 1ª metade, con algún que outro altibaixo no
que Jorge tivo que intervir, pero con moito maior peso ofensivo do
DCM que non foi quen de traducilo en goles. 0-0 ó descanso.
A segunda metade comezou
con máis do mesmo, boas ocasións nos instantes iniciais que
novamente marchaban ao limbo. Pero nunha delas chegaría o ansiado
gol. Sería tras un saque de banda en campo rival, tralo que Pani cun
gran movemento conseguía chegar a liña de fondo e poñer un pase da
morte que Emi remachaba no segundo pau. Gran gol e o máis difícil
semellaba feito. 0-1.
Non baixou a intensidade o
equipo e seguíu dominando. Noutra chegada, Yago estrelaba un potente
disparo no longueiro no que parecía unha nova ocasión
desperdiciada, pero en segunda xogada aparecería Xmon para anotar o
2º do equipo e o seu 2º gol na tempada tras un disparo que tamén
petaría no poste da porta rival. 0-2.
O encontro semellaba
encarrilado, pero nunha acción individual sen aparente perigo, un
atacante do Clínica Veterinaria Ars Canis. sacaba un potente disparo
cruzado que sorprendía a todos e reducía distancias no marcador
1-2.
Quedaban minutos por
diante e o rival incorporou ó seu porteiro ó ataque en varias
xogadas. O DCM non titubeou e mantivo a compostura o que impedíu
claras ocasións rivais. Co pitido final os afeccionados respiraron
tranquilos.
Agora toca parón por
ponte festiva; agardemos que non afecte á dinámica positiva de
resultados.
Despedímenos ata o
regreso da competición na fin de semana do 9-10 de Novembro. Un
cordial saúdo.
1 comentario:
Hicisteis un buen partido aunque sin quitaros logros, creo que el nuestro tambien lo fue.
Basta puntualizar que solo disponiamos de dos recambios y que nuestro gol llega de comenzar una presión más arriba. Con un par de pulmones más los hubiesemos hecho mas minutos.
Vuestros goles: el primero llega tras un error defensivo donde el vuestro pasa entre dos jugadores sin que ninguno le salga al paso y obliga al cierre a dejar al suyo. A partir de ahi es un dos para uno.
El segundo es un contragolpe.Nos faltó más velocidad de recuperación de posición para evitar el primer tiro.
Mantuvimos la seriedad y con ello las opciones hasta el final del partido. De ahi un ajustado 2-1
Hasta la vuelta. Suerte!
Un jugador de Ars Canis
Publicar un comentario