Moi bos/boas días/tardes/noites
benqueridos lectores.
Xa está aquí a segunda xornada de
liga, a que o DCM chega cun moi bo sabor nos seus beizos despois de comezar gañando
o campionato a semana pasada ante outra cafetería, neste caso a Cafetería
Danais. Como ben explicou Lino na súa crónica o equipo Rosiña (nese partido
Rosi-Branco) deixou moi boas sensacións a pesar do curto do resultado (3-2), xa
que deu un gran nivel defensivo e tamén ofensivo onde xerou numerosísimas
ocasións claras de gol a pesares de que tan só se concretaron 3.
Esta semana o rival será outro
descoñecido para os nosos, o Cafetería Zaida que atópase un posto por riba do
DCM xa que foi quen de gañar o seu partido da primeira xornada por 5-3 ante o Cámping
Cangas. Polo tanto ó igual que o DCM chega a este partido tras acadar unha
vitoria na primeira xornada do campionato. O que si sabemos do Cafetería Zaida
e que é un equipo recen ascendido a categoría. A temporada pasada rematou
terceiro do seu grupo na terceira división (3ªB), cunha bagaxe de 19 partidos
gañados, 2 empatados e 7 perdidos, 121 goles a favor e 70 na contra, o que lle converteu
no segundo máximo anotador do seu grupo. Polo tanto que tras analizar o seu
pasado e ver o resultado da primeira xornada, parece que nos vamos a atopar cun
rival moi ofensivo quen porá a proba a solidez defensiva mostrada polo equipo
na primeira xornada de liga.
Polo bando local o DCM chega a
este partido coa moral alta tras a última xornada de liga, onde puidéronse
corroborar as sensacións da pretemporada, sendo un equipo moito máis maduro á
hora de administrar a súa vantaxe e que non regala o balón a pesar da presión
do rival. Ademais este partido chega con moi boas novas para os nosos, xa que o
equipo contará con dous reforzos respecto a pasada xornada ligueira. Xmon e
Yago aportarán fortaleza defensiva e ofensiva respectivamente. Xmon aportará
esa frescura e rapidez que xa abraiou ós seareios a pasada temporada coa súa
grande progresión física, e Yago aportará solucións diferentes ó equipo, moi
necesarias, ó ser un dianteiro diferente ó resto dos xogadores da parte
avanzada do equipo. Con estes dous reforzos agardamos que o equipo aumente o
potencial xa moi positivo da primeira xornada e que ademais lle permita ós
xogadores ter un punto máis de frescura no discorrer do encontro.
Polo tanto a convocatoria
definitiva será Jorge baixo os paus, Vare, Selu e Xmon en defensa, que
agardemos manteña o seu bo nivel da pasada xornada, Davo como home comodín e
Emi, Pani e Yago en posicións máis adiantadas que buscarán manter o nivel da
pasada xornada e ademais ser quen de incrementar a porcentaxe de goles marcados
en relación coas ocasións xeradas. Polo tanto baixo este esquema pero
recordando que todos atacan e que todos defenden, como ben di un adestrador
asturiano residente na nosa cidade, o DCM intentará seguir mostrando as boas
sensacións e empuxe da primeira xornada.
O partido diputarase o Domingo 13
de Outubro ás 17:00 horas no Pavillón do Calvario, unha hora perfecta
para asistir a un encontro de fútbol e onde o equipo DCM'ista precisará o apoio
da bancada para conseguir outros tres puntos que lle manteñan na zona de
privilexio da táboa clasificatoria.
Non o dubiden, o Domingo acudan o
pavillón do Calvario, onde se agarda unha moita mellor entrada que a semana
pasada!. E despois do partido xa o saben Lino traeralles toda a información
sobre o mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario