Moi
bos días/tardes/noites benqueridos seguidores do DCM. Atopámonos neste blog
unha nova temporada para analizar o que van ser os partidos que o DCM xogará
este campionato.
Para
este partido pouco podemos dicir do rival o Cafetería Danais, tan só que
podemos ver que teñen un equipo en primeira división e un en segunda división
A. O que si podemos facer, é unha análise do que foi o verán para o equipo que
seguirá vestindo un ano máis a camisola rosiña.
Na
parte administrativa finalmente se cumpriron os peores presaxios, o DCM
confirmou fai poucas semanas que perdía a súa categoría, despois de que
finalmente a primeira división teña este ano tan só 14 equipos ó igual que a
segunda división "A" onde se encadra o equipo rosiña. E é que este ano
a competición sofre unha severa baixada de equipos ó perder un grupo da
terceira división e que os grupos sexan máis reducidos. A parte positiva é que
o DCM non terá que descansar ningunha xornada, e ó ser un grupo par a
clasificación semanal reflectirá dunha maneira máis fiel a orde dos equipos nos
grupos. A outra nova negativa é a perda case con total seguridade do patrocinador
principal do equipo, Deportes Carlos Miguel, tras ser o único patrocinador do
equipo dende a entrada do mesmo na competición de Vigo En Xogo, o club non
puido ver renovado a súa colaboración coa tenda de deportes, entre outras
causas debido ó contexto de crise no que vivimos. Porén por mor de facilitar
trámites administrativos, e de manter un nome xa histórico nas ligas de Vigo En
Xogo, o club decidiu manter para esta temporada o nome habitual do
equipo.
Pola
súa banda as novas na parte deportiva foron bastante positivas se nos
atinguimos ós resultados obtidos polo cadro rosiña nesta pretemporada.
Finalmente o club foi quen de concretar os 4 amigábeis que se solicitaban dende
o plantel, a pesar da subida das taxas municipais no alugeiro de pistas. Destes
4 amigábeis o equipo tan só saíu derrotado en un (contra o Pachín), mentres que
foi quen de gañar a un combinado do antigo Frutas Nieves, a un Equipo da liga
metropolitana e esta mesma semana ó Galecoi. Precisamente esta semana en
Valadares é onde o equipo deu a mellor imaxe, e ofreceulle ós seus seareiros
motivos para crer que este ano pode acadar obxectivos importantes na
competición e intentar volver retornar a máxima categoría da competición
recreativa non federada máis importante da cidade olívica. O Equipo foi quen de
saír en ocasións dunha maneira moi aseada das situacións de presión que se facía
o Galecoi, equipo que militará este ano na primeira división, quebradeiro de
cabeza o ano pasado para a escadra rosiña. Grazas a esta saída aseada o equipo
foi quen de elaborar ataques rápidos en ocasións e combinativos noutras que lle
permitiu crear moitas ocasións de perigo e acadar un nivel similar ó que lle fixo
lograr os pasados ascensos. A isto hai que sumarlle o bo nivel defensivo que
mostrou o equipo no pasado partido, e que dista moito do mostrado ó comezo da
pretemporada, o que fainos ver que estes partidos serviron para engraxar a
maquinaria DCM'ista e chegar cun bo nivel para intentar afrontar o primeiro
partido da temporada.
Precisamente
nesta engranaxe DCM'ista temos unha nova peza. Pablo abandonou o equipo rosiña,
pola mesma causa que Pani e Quique o tiveron que facer no seu momento, e é que
Pablo este ano pasará un ano no estranxeiro que agardemos lle sexa produtivo.
Para cubrir a súa baixa temos tres incorporacións con respecto ó final do ano
pasado o que pode facer que o DCM suba un chanzo no seu nivel competitivo. En
Primeiro lugar chega Selu, un xogador de diferentes características as de
Pablo, cun perfil máis defensivo, foi de menos a máis ó longo da pretemporada,
que serviulle para coller moitos dos automatismos do equipo rosiña que de
seguro que irá perfeccionando ó longo da temporada, ó bo nivel defensivo
mostrado por Selu se lle unen os goles materializados nos diferentes amigábeis
e que agardemos poida seguir mantendo durante a liga. As outras dúas
incorporacións son xa vellos coñecidos da parroquia DCM'ista; en primeiro lugar
Pani quen volve do seu paso polas Illas británicas ó final da pasada temporada
e que vai ser un xogador de moita importancia para darlle posibilidades e mobilidade
ó equipo. Nesta pretemporada Pani ven de mostrar un excelso nivel físico e
chega a este comezo de temporada nunha dinámica de xogo moi positiva facendo
goles, axudando a creación do xogo e sendo unha peza de suma importancia no
sistema defensivo do equipo co seu sempre xeneroso esforzo. Por outra banda
está Yago que se ben nunca deuse de baixa no plantel DCM'ista a súa
participación nas dúas últimas temporadas foi testimonial, sobre todo no final
da temporada pasada onde non puido acudir a ningún encontro. Pola contra este
ano Yago estímase que vai poder xogar aproximadamente o 50% dos partidos do
equipo, o que é sen dúbida unha moi boa nova para os seareiros rosiñas. O ano
pasado botouse en falta un xogador do perfil de Yago que lle dea outras
posíbeis variantes ó equipo e faga o seu xogo menos predicíbel. Yago é o único
9 puro, por facer una comparación co fútbol 11, que ten o equipo, con cheiro
goleador, será de moita importancia para mellorar os números ofensivos do ano
pasado, darlle a oportunidade de facer rápidas contras e permitirlle ter unha posibilidade de saída ó
equipo cando o rival presione e non sexa quen de elaborar un xogo combinativo. Ademais
tamén importante la elaboración do xogo, Yago é tamén xeneroso no esforzo
defensivo.
Polo
tanto con estes 3 "reforzos" o equipo parece preparado para loitar
polas metas máis altas na táboa clasificatoria, pero por suposto sen esquecernos
do resto do plantel que tantas ledicias deulles a parroquia DCM'ista ó longo da
súa historia. Na portería seguirá estando un ano máis Jorge, quen xa
cumple moitos anos seguidos defendo diversas porterías do fútbol sala, este ano
tratará e mellorar o nivel mostrado en temporadas anteriores e tentar facer que
as vitorias se constrúan dende o chan procurando que o DCM sexa un equipo
sólido e que encaixe poucos goles. Para axudarlle nesta tarefa estarán, ademais
dos nomeados con anterioridade, Vare, Chap, Xmon en postos da retagarda, Davo e
Emi. Vare chega a competición aínda sen saber a orixe das súas molestias no seu
xeonllo, despois de varios partidos sen demasiadas molestias contra o Pachin
resentiuse un pouco, o martes teremos novas da súa resonancia. Novas que
agardemos sexan positivas xa que está demostrado que Vare é un baluarte en
defensa, e está logrando selo a pesar das súas molestias grazas a súa impecábel
colocación defensiva, que lle permite estar en disposición de cortar
innumerábeis liñas de pases do rival, ademais da súa habitual aportación
goleadora, agardemos ter boas novas o martes, polo de pronto estará para xogar
esta fin de semana. Pola súa banda Xmon chega nunha clara liña ascendente a
esta temporada, o seu rendemento a temporada pasada incrementouse fortemente e
esta pretemporada deixou ver que non vai ser menos, cunha melloradísima forma
física o ano pasado ninguén foi quen de gañarlle en velocidade a Xmon que ademais
chega con frescura a posicións ofensivas onde se agarda que este ano incremente
a súa aportación goleadora, poren para este partido non vai a estar dispoñíbel
xa que vai ser baixa para ocuparse dos seus negocios familiares relacionados
coa uva. Por último, en canto a posicións defensivas se refire, nos atopamos
con Chap, un Chap que chega tocado dun dedo ó primeiro partido de liga. Aínda
que non lle puidemos ver nos dous últimos encontros de pretemporada por mor das
súas molestias e compromisos na súa segunda casa, o monte cuvino, Chap deixou
ver que vai seguir sendo una peza fundamental na defensa do equipo DCM'ista. Se
as lesións llo permiten, agárdase que Chap sexa ese seguro defensivo ó que nos
ten acostumados, e que ó igual que Xmon incremente a súa presenza goleadora e
sexa quen de incrementar a súa renda, xa que xa sabemos que os seareiros do DCM
celebran sempre con gran ledicia e ánimo cada un dos goles do noso
defensa.
En
canto as posicións máis ofensivas atopamos en primeiro lugar a Davo, un Davo
que aínda non ten clara a súa posición no campo. Nos últimos amigábeis xogou en
postos máis adiantados, salvo en momentos puntuais, e deu un gran rendemento
superando ás ocasións nas que tivo que actuar arriba nas anteriores temporadas.
Co paso dos partidos vai collendo a dinámica de ataque do equipo, e tamén os
movementos defensivos que ten que facer dende posicións adiantadas, coma sempre
sacrificado tamén no esforzo está poñendo todo da súa parte para incrementar o
seu dominio nesas zonas, polo tanto agardemos que á súa grande aportación o
sistema defensivo do DCM se lle sume este ano unha morea de goles e asistencias
para que os seareiros DCM'istas gocen polas pintorescas gradas de Vigo en Xogo.
Por último réstanos por analizar a Emi, ó contrario que Davo manterá a súa
presenza en posicións adiantadas, ó igual que en anos anteriores agárdase que
sexa o pulmón do equipo a hora da creación. Ó igual que o resto dos seus
compañeiros víuselle a un moi bo nivel esta pretemporada en xeral e neste
último partido en particular, sendo fundamental á hora da elaboración e da
saída aseada da presión rival. Agárdase que este ano incremente o número de
goles marcados e de asistencias dadas para facer así que o DCM se consolide
como un dos candidatos a retornar a máxima categoría.
Despois
de esta análise de todos os xogadores do plantel chegou o momento de informar
da convocatoria para este partido. Jorge estará baixo os paus, en defensa Vare
e Selu chegan en perfectas condicións para pechar o ferrollo do equipo, Xmon
será baixa como xa comentamos con anterioridade e Chap chega minguado
físicamente pero en condicións de participar no partido. Para as posicións
ofensivas tamén temos 3 xogadores Davo, Pani e Emi, coa baixa de Yago quen
salvo novidade si estará para o vindeiro partido. Polo tanto o equipo se
presentará con 7 xogadores, 5 de campo máis dous cambios para dar osíxeno, parece
máis que suficiente para afrontar con garantías un partido que de seguro
que será de moita esixencia, como todos os desta segunda división A que
agárdase máis disputada que nunca.
O
partido xa o saben será o domingo, competindo co Real Club Celta de Vigo, ás
13:00 h na pista Vermella, pista habitual nos primeiros partidos de temporada e
que suscita todo tipo de opinións. Ás 14:00 saberemos que tal comezou a
temporada o DCM, e comezaremos a ver cal vai ser o papel do equipo nesta
segunda división A, para analizar se ademais de loitar pola deportividade
(obxectivo básico para as finanzas do equipo) pode facerse un oco nos postos de
ascenso a primeira división.
Un
saúdo queridos lectores, vémonos a vindeira semana, na PREVIA.
XAIME
ESTÉVEZ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario