Importante
triunfo dcmista na 3ª xornada de liga nun encontro no que os nósos non renderon
a un gran nivel, pero aproveitaron a falta de ambición local para levarse os
tres puntos con relativa facilidade.
Repetía o equipo
a convocatoria da semana pasada e unha vez máis comezaba mandando no choque. A
posesión e as ocasións tiñan cor rosiña. Así pasaron os minutos ata que chegou
o 0-1 nunha xogada iniciada por Jorge, quen con un saque raso e preciso daba
vantaxe a Emi para que en carreira servira para que Pani, que acompañaba
perfectamente o contragolpe, empurrara ás redes. Inauguraba así a súa conta
particular Pani na tempada.
Mais de novo o
mesmo guión de xornadas anteriores. Os últimos minutos da primeira metade o
equipo comeza a acumular pequenos erros que permiten ó rival gañar en posesión
de balón e comezar a crear perigo. Así en 3 erros consecutivos na saída do balón
Dcmista, o CampingCangas tería as súas mellores opcións do partido, pero non
foron quén de perforar a meta dcmista. Eses erros foron acompañados dun
desvaraxuste posicional do equipo que non se atopaba nada cómodo e púxose
nervioso en demasía. Un tempo morto e a chegada do descanso evitaron males maiores,
pero o equipo xa estaba alporizado.
Tentou regresar á
calma no segundo tempo, e conseguíuno en parte. O rival, sen gardamallas
titular, semellaba ter poucas esperanzas de sacar algo positivo do encontro e
case conformábase co 0-1 que lucía o electrónico. Así con pouco que o DCM
retomou posicións, alonxou moito o perigo da porta de Jorge, aínda que os
Dcmistas seguían algo revolucionados e non lograban desfrutar dun partido que
poderían ter gañado con moito máis fútbol, goles e facilidade.
O CampingCangas
seguíu baixando o seu rendemento co paso dos minutos e o DCM continuaba asentándose
algo máis. Así e tras conseguir trenzar de novo dous pases seguidos lograba o
0-2. Foi obra de Yago que tamén inaugura a súa conta particular e xa son 6 os
xogadores dcmistas que se reparten os 7 goles desta tempada, mostra da
versatilidade ofensiva que procura o equipo esta tempada co “todos atacan e
todos defenden” para contrarrestar a marcha do seu pichichi Pablo.
Non houbo tempo
para máis e o DCM logrou 3 novos puntos que o rival de hoxe serviulle en
bandexa.
O encontro foi o
ideal para que saísen a relucir erros que amosan que todavía hai moito traballo
por facer, xa que a pesares diso conseguíuse a vitoria e manter a porta a 0.
De tódolos
xeitos, os nósos deben manter moito máis a calma nestas situacións e non revolucionarse
por desvaraxustes posicionais propios das primeiras xornadas de liga.
Hoxe, ese exceso
de preocupación perxudicou moito o rendemento individual dalgúns xogadores e
impedíu unha vitoria holgada e máis desfrutada.
Lección aprendida
e vista posta no vindeiro encontro; o Vet.ArsCanis, antes dun parón por ponte
festiva.
Despedímonos ata
a previa de Xaime. Un cordial saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario