Día importante na historia dcmista
este domingo 13 de outubro de 2013; non polo resultado acadado nin
por ningún outro aspecto meramente deportivo, senón porque o clube
conseguíu reenganchar de novo a unha afección aparentemente
recuperada do mazazo do descenso. Favoreceu o horario, o tempo
climatolóxico e o pavillón, pero o importante foi que os seareiros
igualaron ou incluso bateron o rexistro histórico de asistencia.
O encontro principiou con puntualidade
baixo a batuta dun novo colexiado. Enfronte un Caf.Zaida que chegaba
tras vencer tamén na primeira xornada de liga.
O duelo tivo moitísima intensidade
durante os 50 minutos. A diferenza do ocorrido no primeiro partido, o
ritmo foi moi superior, e aínda que non é o que máis lle gusta ós
nósos, souberon adaptarse a él, e conseguiron levar o peso do
choque nos primeiros compases. O DCM tiña máis posesión e máis
preto da zona de perigo que o rival, mais o 0-0 perduraba no
electrónico. Tardou moito en chegar o primeiro tanto. Sería obra de
Xmon tras aproveitar un rexeite procedente dun balón ó pau de Yago
nunha fermosa acción individual. Primeiro gol dun Xmon que confirma
así a súa transformación a un xogador máis dinámico e ofensivo
prognosticada polos entendidos. 1-0.
A vantaxe merecía ser máis ampla para
un DCM que gozara das únicas ocasións do partido, pero o axustado
do resultado mantiña a preocupación no equipo, que non acabou de
xogar con toda a comodidade que lle gustaría. Ante ese “medo”
nos últimos minutos da primeira metade, os nósos sufriron algo
máis, cederon o balón e Jorge comezou a ter algo de traballo. Porén
chegaríase con ese 1-0 ó descanso.
No inicio da segunda metade o rival
aumentou a presión e impedía que o DCM tivese a posesión do
esférico. Pero os rosiñas defendían con solvencia, só permitindo
disparos lonxanos sen demasiado perigo. Ademáis, o equipo sabía que
gozaría dalgún contragolpe. Nun deles, Selu inauguraba a súa conta
particular tras rematar a pracer unha xogada con Emi. 0-2.
O Caf.Zaida notou o golpe e baixou a
intensidade no seu xogo, vendo máis lonxe a remontada. Era xa a fase
definitiva do encontro, e cando menos apretaba o rival e cando máis
preto estaba a vitoria, chegaron dúas xogadas illadas, sen aparente
perigo e que significarían o empate. O 2-1 por unha falta de
contundencia defensiva e o 2-2 tras un saque en longo do gardamallas
rival. En escasos minutos o rival lograba o empate cando menos o
buscaba.
Aínda así o DCM espertou e tivo de
novo a vitoria nunha das últimas xogadas, na que Emi sufría dúas
violentas entradas cando xa encaraba a portería rival. O 3-2 non
chegou e o DCM e a súa numerosa afección tiveron que conformarse co
empate.
A sensación foi que o equipo mereceu
máis e que deixou escapar dous puntos. Pero a análise non debe ser
de todo negativa, xa que o equipo volveu mostrar unha boa imaxe (ó
igual que na primeira xornada) e hai que destacar que enfronte tiña
un rival que semella ter nivel suficiente para estar cos mellores
equipos da división.
Toca pensar xa no vindeiro encontro que
Xaime analizará na previa. Un partido no que os nósos deben tentar
materializar en máis goles o seu dominio inicial dos partidos para
non sufrir nos minutos finais.
De momento quedan coas imaxes do enconro cortesía de LúaGil!
Reciban un cordial saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario