jueves, 2 de febrero de 2012

"A melloría dcmista, a exame" DCM - NovoVidal



A penúltima xornada da primaira volta, enfrontará a un motivado DCM contra o 5º clasificado da división, un Novo Vidal que é ademáis o segundo equipo menos goleado da categoría. Difícil exame para os nósos, que amosará ata onde chega a melloría dcmista das últimas datas.

O Novo Vidal, rematou oitavo clasificado na tempada pasada, aínda que cunha sanción de -6 puntos por incomparecencia. Chega a este encontro tras tres victorias consecutivas, pero deixouse puntos importantes anteriormente tras caer ante Xestas e UrbaOsCabazos, agardemos que tamén o faga ante o DCM.

Os nósos chegan pletóricos de moral tralo seu último gran encontro ante Navia Fs que os afastou dos postos de descenso. Aínda así, o equipo segue demasiado preto do pozo, e debe seguir sumando para non xogar con fogo.
Neste 2012, o DCM deu mostras dunha gran melloría, pero non sabemos se será suficiente para derrotar a equipos punteiros da división como é o NovoVidal. Saberemos a resposta o domingo ás 10 no pavillón do Berbés.
O equipo podería contar para este partido con todos os seus xogadores por primeira vez na tempada. Jorge estará baixo paus. Quique será fixo na defensa. Vare tamén entrará seguro na convocatoria aínda que seguirá con molestias no dedo mancado a semana pasada. Chape e Xmon tamén poderían estar a disposición se non hai novidades para completar a parcela defensiva. Arriba, moito potencial ofensivo, Pani, Pablo, Emi e Yago.

¿Será suficiente a melloría Dcmista para sacar puntos ó 5º clasificado?
Non perdan a resposta o domingo ás 10h no Berbés.

Saúdos!

No hay comentarios: