lunes, 20 de febrero de 2012

“Escapan dous puntos moi necesarios” P.Flipper 3-3 DCM



O DCM inicia a segunda volta cun empate que sabe a pouco a pesares de ser ante un rival da zona alta. O equipo deixou escapar novamente unha renda de dous goles, pero o peor foi que dispuxo de tres contragolpes letais nos últimos minutos que incriblemente desperdiciou.

Sobre o papel, encontro moi complicado para que os nósos retomasen a senda do triunfo tralo tropezo ante P.Eloy, pero o partido púxose pronto de cara para os dcmistas, xa que nos primeiros minutos, o gardamallas rival cometía un penalti sobre Emi que él mesmo convertía facendo o 0-1.
Ir por diante no marcador, permitíulle ó DCM facer un partido cómodo, aguantando en defensa e aproveitando as posesións de balón ante un equipo poderoso no ofensivo pero que descoida bastante as tarefas defensivas. Puido ampliar a vantaxe o DCM pero tamén puido empatar o Flipper con varios disparos lonxanos á madeira.

Tralo descanso, o rival comezaba a desesperarse ante o paso dos minutos e as poucas ocasións que eran capaces de crear. O encontro pintaba moi a favor dos rosiñas, pero nun disparo lonxano (segue a permitir demasiados tiros lonxanos sen oposición o equipo), o balón petaba en Vare desviándose o suficiente para sorprender a Jorge. 1-1.
Refaríase moi pronto o DCM cun golazo de Quique quen sorprendía cunha incorporación dende atrás para conectar un potente disparo tras saque de banda. 1-2.
De novo por diante no marcador, retomábase a tónica do partido. Ampliaría a vantaxe o DCM con gol de Pablo, facendo o 1-3, marcador que parecía sentenciar o partido, xa que deixaba moi tocado ó rival.
Pero non soubo xogar entón o DCM eses minutos seguintes, e pronto recurtaba distancias o Pescadería Flipper aproveitando un arriscado intento de saída dende atrás de Emi. 2-3.
O 3-3 chegaba tras un gran barullo na área, con varias intervencións de Jorge pero no terceiro rexeite o balón acababa nas redes.
Non se rendeu o DCM e dispuxo entón das mellores ocasións do partido. Ata tres contragolpes con ampla superioridade numérica foron desperdiciados polos rosiñas. No primeiro, Yago optaba pola opción menos axeitade e disparaba a porta cando levaba dous compañeiros nas bandas. Intres despois Emi saía con moita clase da presión ofensiva do rival e deixaba un gran balón para Yago, quen esta vez sí, buscaba a combinación con Pablo, pero erraba estrepitosamente no pase. E aínda tería unha ocasión máis o DCM, esta vez Chape era o que non atopaba o pase noutro 3 para 1.

Nesas tres accións perdeu o DCM dous puntos moi valiosos que agardemos non bote de menos a final de tempada.
De momento, a liga ponse máis apretada todavía, con varios equipos empatados a 16 puntos e decindo un dos postos de descenso o golaverage. E é que todos os de abaixo queren sacar a cabeza do pozo e dan o seu mellor nivel nas últimas datas. Proba diso, a victoria de Navia ante o líder (que perde o seu primeiro partido) e de Urba ante un Augasa-Mazda que pasa por un momento complicado.

Por se iso fose pouco, as dificultades dcmistas aumentarán para as vindeiras datas, e é que tras contar para este encontro contra P.Flipper con todo o plantel por primeira vez en toda a tempada (e probablemente a última), o equipo terá importantes baixas nas próximas semanas.

Yago regresa a terras catalás e Emi será baixa os dous próximos encontros.
E días despois do regreso de Emi, prevese a marcha de Quique ó extranxeiro ata final de tempada, polo que dende a dirección deportiva tratarán nesta semana a posibilidade de incorporar outro xogador ó plantel. Deberase estudar a necesidade de contar cun home máis no equipo, ver se existe alguén no mercado disposto a incorporarse ó proxecto, e todo isto en tempo record, xa que o mercado de fichaxes péchase en semana e media, o vindeiro mércores 29 de febreiro segundo a regulamentación “O segundo prazo de fichaxes comeza dende o luns posterior á 15º xornada ata o mércores anterior á 18º.
As datas para darse de alta son só de luns a mércores.”



PODEN DESFRUTAR DAS INSTANTÁNEAS DO PARTIDO NO SEGUINTE ENLACE:
https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/120219PFlipperDCM?authkey=Gv1sRgCOacr8up272zRA#


GRAZAS A NOSA FOTÓGRAFA E A AFICIÓN PRESENTE NAS BANCADAS!!

No hay comentarios: