Transcorridos quince vibrantes encontros, o DCM chega ó inicio da segunda volta coa posibilidade de acadar os seus obxectivos intacta, pero con todo por facer.
O equipo atópase moi vivo na loita pola permanencia, e a pesares do último e doloroso tropezo ante P.Eloy, a situación dos nósos non é de todo mala. Está fóra do descenso con 15 puntos, e semella que este DCM é mellor que o de 15 xornadas atrás.
Ademáis, o outro obxectivo dcmista para esta tempada; a deportividade, tamén é posible, e que as tres tarxetas amarelas recibidas nos primeiros quince partidos, os sitúan como un dos claros favoritos a levar o premio ó equipo máis deportivo da división. Asimesmo, estará tamén na loita por acadar o de campións de campións da deportividade.
Así que outros quince partidos por diante nos que o DCM debe buscar mellorar os quince puntos conseguidos na primeira volta.
Para iso, pode empezar por mellorar o seu rexistro ante un Pescadería Flipper que chega con 22 puntos, 47 goles a favor e outros tantos na contra, e que venceu ós nósos na ida por 4-5, nun encontro no que o rival foi mellor, ante un frouxo DCM que pagaba a súa adaptación á categoría pero que aínda así mantívose moi preto no marcador. E é que o Flipper non é un rival que venza os seus partidos por varios goles de diferenza. Reláxase cando ten enfronte un equipo inferior ou cando está por diante no marcador. Iso debe aproveitalo o DCM, poñer o mono de traballo e loitar dende o primeiro ata o último minuto por rabuñar algún punto.
Para iso, o equipo voltará contar cunha ampla convocatoria, con Yago incluido antes do seu regreso a terras catalás. Nas vindeiras xornadas o equipo volverá quedar Baixo mínimos, coa marcha do citado Yago e cicáis tamén de Emi con permiso do clube. Daquela o clube agarda recuperar a Chape, quen sempre respostou cando o equipo máis o necesitou, pero iso será a semana vindeira.
De momento, todas as miradas postas neste domingo de entroido, ás 16:00h, de novo no pavillón de Lavadores (ó igual que na ida).
Tres puntos moi importantes para escapar das urxencias. Non o perdan!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario