Un dos caprichos do calendario ligueiro deste ano, foi deixar para a última xornada ligueira o xa clásico enfrontamento entre P.Eloy e DCM. Se a tempada pasada tivese ocorrido o mesmo, o último encontro do ano houbese deparado un enfrontamento directo de infarto para decidir o campión da liga.
A historia de paralelismos entre estes dous equipos comezou cando ambos remataron campións dos seus respectivos grupos de 3ª división. Enfrentáronse no torneo de campións e remataron emparellados no mesmo grupo de 2ª. Esa tempada, ambos remataron en metade da táboa, 5º o Eloy e 7º o DCM. O ano pasado, ambos conseguiron o ascenso á máxima categoría, o Parquets quedou campión e os nósos segundos.
Este ano continúa a historia de paralelismos pero levada á máxima expresión; o obxectivo de ambos equipos volve coincidir; esta tempada toca loitar pola permanencia. Pero ademáis, ambos chegan co mesmo número de puntos, de victorias, empates e derrotas, mesmo golaverage xeral e mesma traxectoria (melloría nos últimos encontros).
A única diferenza estatística entre ambos é que o P.Eloy domina o cómputo xeral dos duelos directos entre ambos equipos. Venceu ó DCM no torneo de campións, nos dous enfrontamentos da tempada 2009 e na ida da tempada pasada. Na volta, o DCM logrou por primeira vez vencer ós amarelos cun axustado 3-2.
Pero ademáis desa rivalidade histórica, nesta xornada hai en xogo tres puntos fundamentais para ambos clubes. 3 puntos que permitirían ó vencedor, rematar a primeira volta cun notable e ó derrotado cun aprobado raspadiño. 3 puntos que significan un colchón de tranquilidade con respecto ó pozo.
En defintiva, agárdonos un partidazo.
O P.Eloy terá unha baixa por acumulación de cartóns, pero dispón dun amplo plantel para suplila. En anos anteriores, o peso do equipo recaía no Vasco, un xogador temido polos nósos nestes enfrontamentos. Pero esta tempada, un dos seus homes máis novos, Jorge, explotou como un dos xogadores máis decisivos desta liga, botándose o seu equipo ás costas e sendo imprescindible para o Eloy durante todos os minutos de cada encontro.
O DCM deberá prestar especial atención a estes homes, pero sen dúbida, o que realmente buscará o equipo será que sexa o rival quen teña que preocuparse do xogo e dos xogadores dcmistas e non ó revés.
Se os nósos xogan ó alto nivel que acadaron encontros atrás, poderán saír vencedores, pero calqueira factor que baixe un ápice ese nivel, pode servir en bandexa o encontro para os amarelos.
A resolución deste partidazo o DOMINGO ÁS 19:00 HORAS NO PAVILLÓN DE LAVADORES, AGARDÁMOSVOS!

No hay comentarios:
Publicar un comentario