domingo, 5 de febrero de 2012

“Unha parte para cada equipo e reparto de puntos” DCM 2¬2 NovoVidal


O DCM salva un importante punto nun encontro no que aproveitou a relaxación inicial de Novo Vidal e o seu alto nivel de confianza para irse cun 2-0 ó descanso. Na segunda metade o equipo amosou estar todavía moi verde para aspirar a algo máis que a permanencia e ante a reacción do 5º clasificado, rematou pedindo a hora.

Debutaba o DCM en partido oficial no pavillón do Berbés nun encontro difícil pero non imposible trala melloría dcmista nas últimas datas.
O rival, NovoVidal, segundo equipo menos goleado da división, saía algo relaxado, e o DCM aproveitouno para ter as mellores ocasións da primeira metade.
Esas ocasións chegaron máis por forza que por xogo, e é que a maior parte delas foron de saque dende o curruncho. Dispuxo dun gran número de corners o equipo e sendos rexeites ós lanzamentos e estivo moi preto do gol en máis dun deles. Errou un feixe pero acabou anotando un, subindo o 1-0 ó electrónico; Yago sería o goleador.
Seguíu traballando o equipo, e NovoVidal non daba reaccionado.
O segundo tanto dcmista sí que chegaría tirando dunha xogada de toque, dunha das xogadas nas que se traduce a melloría do equipo nos últimos partidos e que hoxe apenas empregaron. Lanzaba a porta o Novo Vidal, o rexeite quedaba para Vare quen optaba por confiar na saída en curto en lugar do pelotazo. Emi controlaba con seguridade en banda, xogaba de novo para Vare e marchaba cun gran desmarque en velocidade dando opción ó pase ó oco do defensa dcmista. Pani acompañaba pola banda contraria, Emi servíalle un pase da morte, pero o disparo de Pani petaba na madeira, por fortuna o rexeite caía para Emi quen enviaba ás redes un contragolpe de luxo. 2-0. Chegábase ó descanso.

Novo Vidal cambiou na segunda metade. Optou pola presión en toda a cancha e iso afogou ó DCM, amosando que aínda que o equipo é mellor neste 2012, ten todavía moitas carencias. Aguantou ben o DCM os primeiros quince minutos, pero apenas tiña posesión de balón e non conseguía saír en contragolpes. NovoVidal atopábase co 2-1 tras un córner moi mal defendido polos nósos. E minutos despois, chegaría o empate tras unha perda de balón en ataque e un grave erro de entendemento entre Vare e Xmon que deixaban só ó atacante rival, 2-2. Ese gol acabou de reactivar ós visitantes e acabou de afundir ós Dcmistas que comezaron a ter erros propios das primeiras xornadas. Saques de banda co equipo mal colocado que xa costaron máis dun gol noutros partidos, precipitación na saída de balón, incapacidade para recuperar un só balón, lentitude á hora de baixar a defender e iso provocou que o rival comezara a atopar moitos ocos e dispuxo de clarísimas ocasións. De ahí ó final outro bo feixe de ocasións para NovoVidal, pero a madeira salvou ós nósos en ata tres ocasións e impedíu que o marcador se movese.

Observando os resultados que nos deixa a xornada, o punto sumado, adquire unha importancia vital. Era un punto inagardado na teoría, xa que enfronte estaba un dos mellores equipos da liga, pero tralo 2-0 inicial, as sensacións ó rematar o partido eran agridoces. A victoria estivo no peto, pero ó final acabou moito máis preto dos visitantes.

Este é o punto número 15 para os dcmistas, que deixa a clasificación apretadísima. ParquetsEloy venceu a Jesús Cao e tamén chega ós 15 puntos, ó igual que Wapichi que empatou con Urba os Cabazos. Só 3 puntos separan a estes equipos do descenso (a falta de xogarse o Xestas-T.Cahersa).
Isto fai que o vindeiro partido ante o P.Eloy adquira máis importancia se cabe. Ambos equipos chegan cos mesmos puntos e o mesmo número de victorias, empates e derrotas. Incluso empatan no golaverage xeral -4.
Fermoso partido o que nos agarda. Ata entón boa semana a todos!

No hay comentarios: