Cinco erros defensivos que propiciaron outros tantos goles do rival, condenan a un DCM que semellou ser superior durante moitas fases do encontro, pero que non tivo a fortuna de cara para anotar nos momentos decisivos do choque e permitíu que sí o fixese un P.Eloy ó que lle saíu ás mil marabillas o seu plantexamento do partido.
Con esta derrota, o DCM acaba a primeira volta con 15 puntos, moi preto do descenso (ou incluso metido nel se os equipos de abaixo vencen nos seus encontros pendentes).

Coa intención de mandar no choque e de levar a iniciativa saíu o DCM no partido de onte ante un rival directo. Os primeiros dez minutos foron de total dominio dcmista, cunha presión moi avanzada da que os amarelos non eran capaces de saír. Os nósos pasaron eses dez minutos moi preto da portería rival, tentando perforar a porta con disparos lonxanos, xa que non atopaban outro xeito de penetrar na defensa rival. O encontro pintaba moi de cara para os dcmistas e semellaba que era cuestión de tempo que o electrónico reflexara esa aparente superioridade.
Pero o P.Eloy sabía ó que xogaba, e a pesares de estar un pouco afogados, seguían convencidos da súa estratexia e non ían a cambiar.
Pero superados eses 10 primeiros minutos de acoso Dcmista, comezou o Parquets a atopar a forma de saír en contragolpes cara campo rival. No primeiro deles, Vasco encaraba a Vare e tiráballe un dos seus habituais regates, pero o defensa dcmista caía unha tempada máis na trampa e era superado, quedando só para disparar dende a frontal da área, superando con algo de fortuna a Jorge por debaixo das pernas. 1-0.
Iso só semellaba un pequeno accidente que non debía ir a máis xa que os goles dos nósos tiñan que chegar. Pero nas dúas seguintes contras dos rivais, pases dende a banda cara o medio onde o rematador chegaba antes que o seu marcador e dous novos goles 2-0 e 3-0.
Durísimo golpe para os rosiñas e suculento premio para o plantexamento do Parquets.
Antes do descanso marcaría outra contra máis o Eloy e tan só unha das múltiples aproximacións dcmistas acababa en gol. Anotou Pablo.
4-1 ó descanso.
Na segunda metade, o DCM xogou moito mellor. Moveu o esférico con máis velocidade en ataque, situando dous homes abertos nas bandas, e outro chegando sempre a liña de fondo buscando pases da morte cara atrás. Anotou pronto o 4-2 Yago e a remontada parecía factible.
Pero de novo erraron moitas ocasións e os minutos pasaban sen que o marcador se movese. A fortuna parecía moi esquiva, sobretodo cando Xmon empurraba un balón na mesma liña de gol e éste era repelido in extremis polos defensores rivais.
Máis e máis disparos dos Dcmistas, dos que só dous máis rematarían no fondo das redes (obra de Yago e Pablo), pero eran insuficientes xa que o Parquets xa tiña anotado o seu 5º gol nunha xogada na que Jorge parou en primeira instancia, Xmon sacou o rexeite, e de novo o balón caía en pés do atacante rival quen anotaba o gol decisivo.
Nos minutos finais e con 5-4 no marcador, o DCM reclamou un claro penalti por mans dun defensa pero o colexiado non o apreciou así.
Inoportuno esvarón, dura derrota, pero só unhas horas máis para esquecela, e é que a loita polo obxectivo segue xa esta próxima fin de semana.
Iníciase unha segunda volta na que os nósos deberán mellorar o feito na primeira metade de campionato se queren alcanzar a permanencia.
Imos rapaces! Esta derrota debe fortalecernos máis para os vindeiros encontros!
Felicitar ó Parquets Eloy pola victoria, unha máis nestes xa clásicos partidos cheos de emoción e de igualdade. Agardemos que na última xornada de liga ambos equipos cheguemos cos deberes feitos e podamos disfrutar do encontro dende a permanencia na división. Noraboa!
AS FOTOS DO ENCONTRO NO SEGUINTE ENLACE CORTESÍA DA NOSA FOTÓGRAFA OFCIAL:
https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/120212PEloyDCM?authkey=Gv1sRgCOehjPKU4cPTOw

No hay comentarios:
Publicar un comentario