lunes, 30 de enero de 2012

“A melloría Dcmista tradúcese nunha gran vitoria” Navia Fs 1-6 DCM


O DCM confirma na decimo-terceira xornada a súa gran melloría nas últimas datas cun contundente triunfo ante un rival directo pola permanencia. Os nósos foron superiores ó Navia e consiguen alonxarse temporalmente dos postos de descenso.

Este DCM é outro. Sae ós encontros confiando de cheo nas súas posibilidades. Xa non se conforma con sacar puntos senon que quere tamén mandar e dominar. Onte o conseguíu dende o primeiro minuto ante un Navia que se víu superado e sorprendido ante o gran partidos dos nósos.
Proba desa autoconfianza é o primeiro gol do equipo no día de onte, onde tras pasar o balón por todo o equipo, os dous homes defensivos do equipo encargáronse de culminar a xogada.

Todo o mundo atópase máis confiando e iso tradúcese en máis movementos e máis desmarques. Así, explícase que Quique se atopase desmarcado en liña de fondo e Vare tras recibir no centro do campo, tirase con él unha fermosa parede que Quique devolvía convertida nun pase da morte ante a chegada dende atrás do 5 Dcmista. 0-1. Tamén ten gran parte de culpa destes goles que están chegando de xogada, o traballo nos adestramentos, que aporta gran sincronización entre homes como Quique, Vare, Emi e Pablo á hora de efectuar estas xogadas en partidos ligueiros.
O equipo xa estaba por diante no marcador, pero quería máis. Intres despois, Emi servía un bo pase dende atrás para Vare, quen de costas tocaba o esférico deixando a Pani nun man a man co cancerbeiro, que éste transformaba no 0-2.
Non se conformou o DCM e seguíu buscando a porta rival. Chegou algún pequeno erro defensivo que non soubo aproveitar o rival, pero a maior parte das ocasións foron dos rosiñas, que lanzaron á madeira, viron como lle curtaban un contragolpe letal a Pablo por falta previa e mereceron aumentar a súa conta, pero o electrónico non se moveu.

Pouco cambiou o decorado na segunda metade. Emi facía o terceiro gol Dcmista, Pani o 4º tras gran asistencia de Jorge de saque de porta, de novo Emi o quinto e Yago redondeaba o resultado co sexto gol.

Entretanto, Pani errara unha pena máxima a favor e o Navia marcaba o da honra tamén dende o punto de penalti despois de que un disparo rival petase no brazo de Vare.

O partido servíu tamén para que Yago se acoplase de novo o equipo e o fixese cunha boa actuación e un gol.
Tamén Chape regresaba tras un longo parón, e respostou fantásticamente a pesares de acusar algo de falta de ritmo.
As únicas notas negativas, os dous fortes golpes sufridos por Pablo (un deles tras unha dura entrada dentro da área que o colexiado asubiou fóra da mesma, recibindo numerosos apupos dende a bancada; agradecemos dende aquí a presenza das nosas afeccionadas nesa fría mañán de domingo)

e a lesión de Vare en dúas falanxes do pé, que lle impiden de momento caminar con normalidade pero que xa está a tratar coa intención de chegar ó vindeiro encontro.

Con estes tres puntos, o DCM chega ós 14 en 13 xornadas, e agarda xa o vindeiro encontro ante Novo Vidal (un dos equipos punteiros da clasificación) coa intención de prolongar a boa xeira de xogos e inciar tamén unha xeira de resultados positivos consecutivos.


AS FOTOS DO ENCONTRO NO SEGUINTE ENLACE CORTESÍA DA NOSA FOTÓGRAFA OFCIAL:
https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/120229NaviaDCM?authkey=Gv1sRgCMa15eGyrIiW2wE#

No hay comentarios: