lunes, 23 de febrero de 2015

X.18 “Un meritorio empate” MATIZVIGOFS 4-4 ENDULCO


O Matiz conseguíu sumar un punto ante o todopoderoso Endulco, truncando así a xeira de dez vitorias consecutivas do seu rival, e sendo o único equipo (xunto co Vanesma), capaz de sacar algo positivo no seu enfrontamento ante o Endulco. Sen dúbida, este tropezo do 2º clasificado, dificulta moito as súas opcións de desputarlle o título ao que semella un imbatible Vanesma. Para os nósos, o punto ten máis valor moral que clasificatorio, aínda que permite seguir loitando por manter esta prestixiosa terceira posición.

O encontro pertencente á 18ª xornada, desputouse en Coia baixo a batuta do colexiado Jorge. Foi un partido moi limpo, no que o trencilla apenas tivo que intervir.
Ao igual que na ida, o encontro non tivo nada que ver co que se podía agardar vendo os números de ambos conxuntos. E é que os dous equipos destacan por ter unhas boas cifras defensivas, pero ao igual que no encontro de ida, os goles chegaron moi cedo, precipitándose uns detrás doutros.
Ademáis, ambos equipos estiveron mellor en facetas ofensivas que en defensivas. De feito, o Matiz sufríu moito en defensa posicional, o seu punto máis forte, ante o bo e combinativo ataque rival. E o propio Endulco, tamén víu como varios erros defensivos graves, permitíanlle ao Matiz sacar este empate.

O 0-1 chegou dese xeito. Defensa do Matiz posicionada, pero erro á hora de tapar o lanzamento rival dende fóra da área; potente tiro raso que Jorge non era quén de deter.
Pero pronto reaccionaban os nósos. Boa xogada de Vare, que iniciaba o ataque dende campo propio, tiraba a parede cun compañeiro e rachaba a defensa rival coa súa incorporación dende atrás, recibindo e anotando dende banda dereita 1-1. 
E intres despois, o Matiz lograría pórse por diante no electrónico, con gol de Yago, quen con gran olfato goleador recollía un disparo desviado e superaba ao gardamallas rival 2-1.
Ese gol espertou todo o potencial do Endulco, que comezou a combinar, a moverse con e sen balón e o Matiz non soubo contrarrestar ese xogo. Estiveron moi incómodos os nósos, mal colocados e precipitados e así chegarían o 2-2 e o 2-3.

No inicio da segunda metade, seguíu sufrindo o equipo olívico, pero grazas a un grave erro do rival conseguiría igualar de novo o encontro. Foi nunha cesión cara atrás, que collía ao Endulco descolocado, deixando a Emi só no man a man co porteiro, para facer o 3-3.
De novo o Endulco tomou as rendas ata conseguir o 3-4, nun bo movemento do seu dianteiro pivot que enganaba á defensa maticista e superaba a Jorge.
Pero o Matiz non se rendeu. Seguíu traballando, e nunha boa presión a todo campo, Vare lograba curtar un balón que lle caía a Pani, para que éste, tras un gran control, servise para que Davo chegando dende atrás convertirse o 4-4 definitivo.
Todavía tería o Matiz dúas magníficas oportunidades para gañar o partido, pero non logrou convertir.

Xusto empate ao final, nun encontro no que o Endulco foi superior, pero que rematou dando por bo o punto ante un Matiz que nunca lle perdeu a cara ao partido e puido levar a vitoria nos intres finais.

No hay comentarios: