Mal inicio da 2ª volta para os nósos. Como xa pasara semanas atrás ante o Caf.Danais no Pavillón do Calvario, o Matiz tivo de novo un mal día, deses nos que o equipo está pesado, lento, cansado e sen chispa, e nesas circunstancias cando enfronte se atopa cun rival que aplica intensidade ao partido, o Matiz leva todas as de perder.
No encontro de onte o CampingCangas superou aos nosos en moitas das facetas do xogo. Os campistas fixeron un partido máis que correcto, e xogando sempre a ese nivel, non deberían ter problemas para salvarse. Dos nósos, tan só Pani amosou o ritmo que o partido requería.
No encontro primaron máis as defensas que os ataques. Ningún dos equipos arriscaba en exceso, mantendo sempre os seus posicionamentos defensivos, e deixando sempre varios xogadores por detrás do balón. Aínda que custoulle, o Matiz foi quen de crear algunhas boas ocasións de perigo, pero non anotou en toda a primeira metade. Pola contra, os campistas si lograrían converter unha das súas escasas ocasións. O gol chegou nun ataque estático, sen aparente perigo, coa defensa do Matiz colocada, un dos atacantes rivais recibía o esférico na frontal da área, e aínda que Vare atopábase posicionado tentando tapar o disparo, faltoulle intensidade nesa defensa, deixándolle demasiado tempo para atopar o oco, xusto por debaixo das pernas do nóso defensor e anotar pegadiño ao pau da meta de Jorge. 0-1.
Mellorou o Matiz nos minutos finais da primeira metade, onde por momentos foi quen de acelerar o seu ritmo e crear problemas aos rivais.
A cousa pintaba ben con esa mellora na actitude e co gol do empate co que se atopou o equipo ao regreso do descanso. Tras unha boa xogada fallida en primeira instancia, un erro defensivo do rival daba unha segunda opción e Pani non perdoaba. 1-1.
Pero o gol foi só un espexismo. O Matiz estaba de novo falto de intensidade, moi lento e pesado, sen chispa.
O CampingCangas dominaba a posesión e arrinconaba aos nóso na área. Tentou curtar a dinámica o Matiz cun tempo morto, pero non funcionou. Tras voltar á pista, chegaba o 1-2.
E xa co Matiz descolocado buscando o empate, chegaría o 1-3, nunha boa acción do ataque rival que rompía á defensa olívica.
O CampingCangas cometería a 5ª falta e incluso o Matiz gozaría dun man a man para recurtar distancias, pero non era o día dos nósos.
Non se movería o marcador pero sí chegaría o 2º cartón amarelo da tempada tras revolverse Emi dende o chan (previamente o Matiz tiña reclamado un penalti e outras dúas faltas cometidas sobre o propio Emi que o colexiado non considerou asubiar).
Toca pensar xa no vindeiro encontro. O equipo debe mellorar o seu ritmo de xogo, ou seguir agardando que o do rival sexa todavía máis baixo que o seu. Ata entón reciban un cordial saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario