Moi bos días queridos lectores nos atopamos unha semana máis nestas liñas para analizar o que vai ser o comezo da segunda volta co campionato para o Matiz Vigo.
Para iniciar esta andaina, o equipo se enfrontará ó Camping Cangas, rival ó que superou na primeira volta tras un partido moi axustado no campo de Candeán. Naquel partido un Matiz Vigo con moitas dúbidas do rendemento que podería dar esta temporada, comezaba perdendo o partido por 0-1. O Camping Cangas tirou de oficio e comezou con constantes perdas de tempo que a piques estiveron por sacar do partido ó noso equipo, porén, o Matiz estivo moi serio no campo e finalmente o que acabou por desesperarse foi o equipo rival que rematou cun expulsado por dobre cartón amarelo, por unha protesta e por obstaculizar un saque de banda. O Matiz finalmente foi quen de darlle a volta ó marcador e comezar deste xeito unha impresionante primeira volta, onde a pesar das numerosas baixas tan só perdeu contra o primero, segundo e cuarto clasificado. O Camping Cangas é nestes intres sexto clasificado con 7 vitorias, 4 empates e 4 derrotas. COnta con 37 goles a favor e 34 na contra, e suma por tanto un total de 25 puntos. Pola súa banda o Matiz Vigo chega a esyte partido con 9 vitorias, 3 empates e 3 derrotas, o que lle permite ocupar a terceira posición con 30 puntos, e aventazando e 5 ó Camping Cangas e en 9 ó Avispas de la Arena que é o equipo que marca os postos de descenso esta temporada. Pola súa banda o cuarto clasificado o Cafetería Danais segue moi de preto ós nosos, con 27 puntos.
O Matiz Vigo chegará a este partido coa baixa de última hora de Xmon quen por mor de compromisos persoais non poderá acudir ó partido. Tamén son baixa Pablo e Quique que non se atoapn na cidade esta fin de semana. Por tanto a convocatoria será a de Jorge na porta, Vare, Davo e Chap para a zona defensiva e Emi e Pani para os postos ofensivos. Coa dúbida de se Yago chegará a tempo para o partido.
O Matiz que ven de xogar un dos mellores encontros do que vai de competición, nun partido onde se demostrou a si mesmo, que tamén pode levar o peso do partido en circunstancias adversas (con tan só 5 xogadores), debe saír ó partido coa máxima concentración posible para intentar levar a iniciativa do partido dende o primeiro minuto, e deste xeito evitar ter que remar contracorrente como aconteceu na primeira volta.
Estamos seguros de que se o equipo mantén o elevado nivel do último partido, poderá superar ó Camping Cangas, e comezar co bo pé unha ilusionante segunda volta, que siga demostrando que o Matiz é un dos equipos punteiros nesta categoría a pesares das numerosas baixas coas que contou na competición.
O partido este domingo día 08/02/2015 no pavillón de Bembrive ás 16:00. Imos que nos Imos! Imos Matiz Vigo!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario