lunes, 2 de febrero de 2015

X15. “Recompensa ao compromiso” MATIZVIGOFS 4-0 Caf.Zaida



O Matiz pecha a primeira volta desta tempada 2014-2015 cunha nova vitoria e sobretodo cunha gran recompensa ao compromiso amosado polos xogadores nestas primeiras 15 xornadas, e é que no encontro de onte os nósos desfrutaron xogando, atopáronse cómodos, gustáronse e leváronse tres novos puntos, fermosos goles, e unha gran dose de satisfacción que vén a premiar os esforzos realizados nesta primeira volta, onde as baixas dificultaron a travesía do equipo, pero o compromiso e o esforzo amosado por todos, merece a pena por encontros como o de onte.

Con tan só 5 efectivos chegaba o equipo a esta 15ª xornada desputada no pavillón de Coia. O rival, o Caf.Zaida, 9º clasificado. Todo semellaba que sería un duelo moi complicado e moi longo para o Matiz, pero o saber facer dos nósos trocaría radicalmente o agardado.
Tan só nas dúas primeiras xogadas do partido, o Zaida collería descolocado ao Matiz, pero a partir de entón os nósos tiraron de experiencia e de saber facer.
Certo é que o rival concedeu facilidades ao Matiz, deixándolle xogar e sen presionar a saída de balón, pero ao contrario do que sempre se di deste equipo, onte os nósos desfrutaron asumindo posesións longas, facendo xogadas, movendo o balón...
E todo foi máis sinxelo cando a saída dun córner botado por Vare, Emi revolvíase magníficamente na área rival para enganar ao gardamallas cun lanzamento polo primeiro pau. 1-0.
O segundo chegaría tras unha acción que reflicte a confianza que os nósos tiñan en sí mesmos no encontro de onte. Emi sacaba o balón dende campo propio para o desmarque de Vare, quen recibía de costas, e nunha acción máis propia dun atacante que do nóso “5”, éste era quen de protexer o esférico, xirarse e marchar por banda do seu defensor, quen tentaba curtar a acción en falta, pero o colexiado outorgaba a lei da vantaxe, o que permitiu a Vare encarar ao gardamallas e ter tempo para ver a magnífica chegada de Pani por banda contraria, quen con confianza acompañaba a acción e chegaba con tempo suficiente para enviar ao fondo das redes o balón servido polo seu compañeiro. 2-0.
E máis mostras de xogar desfrutando e sen presión no terceiro gol, onde os nósos catro xogadores de campo atopábanse preto da área rival, e tras mover o balón coa calma suficiente e desmarcándose para atopar espazos lograrían un fantástico tanto. Nesta xogada, Davo tirou un bo desmarque que permitiu a Emi atopar a Vare en banda esquerda e a éste atopar a súa vez a Pani desmarcado nas costas da defensa rival, quen tras quedar de costas ao cancerbeiro, tirou de recursos e anotou co calcaño. 3-0.

Na segunda metade o Matiz baixou bastante o ritmo, porque vía que o encontro non perigaba. Ademáis, cando o equipo non tiña saída, Emi mostrouse como un auténtico comodín, sendo quen de controlar balóns imposibles, baixalos á pista e marchar dos rivais. Pani e Vare tamén traballaron arreo buscando desmarques que deran saída ao equipo e Davo amosouse segurísimo todo o encontro. E nas escasas ocasións que o equipo errou, Jorge respostou de manera extraordinaria, sacando máis dun e de dous mans a mans, estando moi atento nas saídas e ofrecendo tamén a opción do balón en longo.
A guinda chegaría xa nos intres finais, nunha nova xogada de todo o equipo, na que cicáis coa fortuna necesaria nos días nos que todo sae ben, en área contraria Pani era quen de tocar para Vare e éste a su vez, completar o seu póker de asistencias no encontro de onte, deixando en bote para a chegada de Davo, que conectaba unha fermosa volea imposible para o cancerbeiro rival 4-0.

Remataba así este magnífico encontro para os nósos 5 valientes.
O equipo finaliza así esta primeira volta na 3ª posición da táboa, superando as expectativas creadas no inicio de tempada. Ademáis o equipo segue con tódalas papeletas no relativo á deportividade con tan só un cartón amarelo.
Non obstante queda moito por diante, e calqueira crise de resultados acendería de novo tódalas alarmas clasificatorias. Nas próximas xornadas o equipo contará de novo con Yago e agárdase tamén o regreso paulatino de Chape e Xmon.
A pola segunda volta! Imos Matiz!

No hay comentarios: