domingo, 1 de febrero de 2015

X15: Matiz Vigo FS Vs Cafetería Zaida Fin da primeira volta

Bos dias benqueridos lectores, nos atopamos unha semana máis neste espazo para analizar o que vai ser a última xornada da primeira volta para o Matiz FS.

Hoxe dun xeito máis breve do habitual analizaremos ó rival do noso equipo. Neste caso o Matiz vaise enfrotar ó Cafetería Zaida, noveno clasificado con 6 vitorias, 1 empate  e 7 derrotas, e que ven de derrotar ó Librería Hollandia, penúltimo clasificado por 5-2. En canto a golaveraxe contan con 35 goles a favor e 36 na contra, e suman 19 puntos. Pola súa banda o Matiz Vigo trala derrota da semana pasada sitúase terceiro con 27 puntos, dous máis que o Explovi quen é cuarto con 25 puntos. O Matiz sigue tendo uns números envidiables, mantendo 8 vitorias, e 3 empates e 3 derrotas. Ten 37 goles a favor e 36 na contra. En canto ós enfrontamentos históricos entre o Cafetería Danais e o noso equipo, o balance é positivo para os nosos. A temporada pasada os nosos empataban a douses na segunda xornada no pavillón municipal do Calvario, pero na volta serían quen de superar ó equipo zaidense por 3-4.

O Matiz Vigo chega, unha vez máis, moi xusto de efectivos a este encontro. Serán tan só 5 xogadores os que se presentarán na convocatoria esta semana. Jorge ocupará a porta, Vare e Davo os postos defensivos e Pani e Emi os postos atacantes. Son baixa Xmon, Chap, Yago, Quique e Pablo, a metade do cadro de xogadores. 

Será moi importante que o equipo saiba dosificar, e obter tres puntos neste complicado encontro. Non sería a primeira vez que o Matiz Vigo deslumbra ós seus seguidores cun magnífico partido sen trocos. É máis os mellores e máis épicos partidos protagonizados polos nosos se produciron cando o equipo acudía ós partidos con 5 e 6 xogadores. Sería moi importante pechar esta primeira volta con 3 puntos, que afianzaran ó equipo na terceira praza, e seguira poñendo terra de por medio co descenso. Ademais a vindeira semana o equipo xa contará co reforzo de Yago por unha longa temporada, polo que poderá paliar a escasez de efectivo destes últimos encontros. Este reforzo unido a recuperación do nocello de Xmon e do pe de Chap, fará que nas vindeiras semanas o equipo en principio non teña tantas urxencias na convocatoria. De gañar este partido o equipo poría 9 puntos de por medio co Cafetería Zaida.

O partido desta fin de semana, se disputará nun magnífico pavillón como é o de Coia pero a unha hora que dificulta a presenza de seareiros nas instalacións deportivas da Avenida de Castelao. O partido será ás 15:00.

E coma sempre xa saben! Imos que nos Imos! Imos Matiz Vigo!! partido moi importante que de seguro que o equipo será quen de sacalo adiante con concentración dende o primeiro minuto e seriedade no seu xogo.

No hay comentarios: