Moi
bos días/tardes/noites queridos lectores
En
primeiro lugar pedir desculpas pola non publicación da previa a semana pasada
por motivos alleos a nosa vontade. Nos atopamos esta semana para analizar o que
vai ser a terceira xornada da segunda volta da competición, ou o que é o mesmo
a décimo oitava xornada de liga.
Tras
unha goleada primorosa a pasada semana ante o Catacroker United por 1-11 a
favor dos nosos, que lle serviu para mellorar a súa confianza, e para
incrementar os seus datos de golaveraxe, esta semana recibe a un duro rival, o
Endulco, quen tan só perdeu un partido no que vai de temporada e que foi ante o
líder da competición o Vanesma Peluqueras.
O
Endulco conta polo tanto con 16 vitorias e 1 derrota, con 79 goles a favor e 29
na contra, uns números que amosan a dificultade do envite que os nosos deberán
superar esta xornada. Na ida o equipo maticista caeu por 5-1 no pavillón
municipal de Balaídos, froito dun moi mal comezo onde o Endulco foi quen de pór
terra de por medio. Aínda que o Endulco demostrou ser un equipo moi potente
nese partido, tamén deixou a sensación de que si non fora por ese comezo de
partido tan desigualado o Matiz Vigo podería ter sacado algo positivo dese
encontro.
Precisamente
para sacar algo positivo neste partido, o Matiz Vigo non podería chegar en
mellor momento, tras unha vitoria clara e contundente, e cunha convocatoria
folgada que lle permitirá facer as rotacións que sexan necesarias para manter
con frescura ó equipo. Clave será que os nosos teñan claro que deben saír dende
o primeiro minuto totalmente concentrados no partido, para evitar que aconteza
un inicio similar ó da primeira volta. Para isto o Matiz deberá ser o das
mellores xornadas de Vigo en Xogo, onde amosa a súa capacidade defensiva e a
súa habilidade para tocar o balón cando é necesario. Son moitos os antecedentes
onde o Matiz foi quen de superar a equipos que estaban lonxe na táboa
clasificatoria, máis lonxe do que o está o Endulco. En primeira división foi
quen de converterse en xuíz da liga empatando co primeiro clasificado, e buscando
precedentes non tan afastados, cómpre salientar o rendemento que deu o equipo
este ano no torneo de Baiona onde foi quen de superar ó gran favorito para
facerse co título do torneo, con tan só 5 xogadores sobre o terreo de xogo, un
deles lesionado. Tamén quedarán para a retina partidos épicos como o de fai 3
xornadas ante o Cafetería Zaida onde a pesares de ser 5 xogadores o equipo foi
quen de sacar todo o fútbol que ten nas súas botas.
O Matiz
Vigo, chega a este partido como terceiro clasificado con 10 vitorias, 3 empates
e 4 derrotas con 53 goles a favor e 40 na contra. Avantaxa en máis dun partido
ó cuarto, quinto e sexto clasificado, pero hai que ter en conta que estes
equipos teñen un encontro menos por mor dos adiamentos da pasada xornada. A
convocatoria para este partido será a formada por: Jorge na porta, Xmon, Chap e
Vare para a zona defensiva e Emi, Pani e Yago para os postos de ataque, como
valioso comodín se atopará Davo. Son baixa polo tanto para este partido Pablo e
Quique que debido ás súas estancias fora da cidade tan só poderán estar en
partidos puntuais durante o campionato. Importante como xa dixemos que o equipo
manteña a concentración dende o primeiro minuto, e saque a relucir tódalas súas
armas posicionais para intentar superar ó Endulco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario