O
MatizVigoFS víu truncada a súa xeira de 3 vitorias consecutivas de
xeito abrupto. Tivo un mal día, unha páxara considerable, ante un rival
nun gran momento que non deixou pasar a ocasión e venceu con
contundencia aproveitando as facilidades dadas polos nósos.
Esta penúltima xornada da primeira volta, desputouse no pavillón do Calvario. Cicáis a hora e cicáis a temperatura influíron na empanada que os nósos amosaron durante moitos minutos, pero en ningún caso son xustificación ao visto onte.
O Danais pronto atopaba o primeiro grave erro do Matiz, e facía o 1-0. Os nósos, sen ritmo, sen forza, chegando tarde a tódalas xogadas e moi descolocados, tentaron ir cara a porta rival, pero prácticamente cada xogada dos locais, convertíase en gol. 4-0 nesta primeira metade. Non foi o día dos nósos, cun Jorge desafortunado, ao igual que Chape, que volvía a anotar pero desta vez en propia porta, e o mesmo que Xmon, quen regresaba aos terreos de xogo, pero un susto, no outro nocellon facíalle retirarse mediada a primeira metade. Máis do mesmo con Vare e Davo, sen ritmo, sen frescura, moi lonxe do seu rendemento agardado. Tan só Pani e Emi semellaban manter un bo ritmo competitivo, pero tampouco estaban atinados nos pases e nos disparos.
Tentouno na segunda metade o Matiz, pero o Danais soubo xogar, mantívose firme en defensa, e xogou con calma en ataque. Buscando as contras cando era preciso e xogando sen ningunha presa noutras accións, cansando máis ao descolocado Matiz.
Así chegaron dous goles máis. O da honra dcmista logrouse na única xogada na que aos nósos saíulles o que pretendían. Boa triangulación, con apertura de Vare cara banda dereita, onde Emi recibía e servía un preciso pase da morte para a chegada dende atrás do propio Vare. 6-1 final.
Así foi como chegou a terceira derrota da tempada.
Agora o equipo pensa xa no derradeiro encontro da primeira volta. Necesita un bo resultado para non empañar nestes dous últimos encontros, a notable primeira volta realizada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario