sábado, 3 de octubre de 2015

X1: CIL Vigo Vs MatizVigo FS. Comeza o Espectáculo

Pasaron 4 meses dende que finalizou a liga aló polo mes de xuño e xa estamos de novo aquí de volta para acercárvos o que vai ser a primeira xornada de liga da temporada 2015/16 do grupo único de segunda división.

Todo fai presumir que este ano a segunda división terá un nivel moi superior a de temporadas anteriores. Debido ó cambio de formato da liga, que fixo que o ano pasado descenderan 16 equipos (8 por grupo) de segunda división a terceira, fai que agora en segunda tan só queden aqueles equipos que o ano pasado demostraron ter un bo nivel e acadar unha boa posición na táboa clasificatoria. Non en van antes era 28 os equipos que podían presumir de estar en segunda división mentres que agora tan só 14 poden ter ese privilexio.

Porén a pesar deste aumento de nivel que se lle presupón á nova liga, o Matiz Vigo conta con facer un bo papel un ano máis e conseguir estar durante toda a temporada nos postos sobranceiros da categoría. Para isto o club tras un verán de infarto conseguiu finalmente renovar a todo o seu plantel e nunhas condicións máis ventaxosas que na temporada pasada. Facendo unha análise por liñas esta é a situación do equipo nesta temporada:
  • Portería: Nesta demarcación seguirá Jorge ó igual que os restantes 10 anos de historia deste club. Agardemos que o gardamallas sexa quen de acadar a regularidade necesaria para ser un porteiro fiable nos 26 partidos da competición. Será clave para poder ser un dos equipos menos goleados do campionato.
  • Defensa: Nesta demarcación seguirán os clásicos Vare, Chap e Xmon que intentarán mellorar se é posible o gran nivel que veñen demostrando en tódolos anos de competición do equipo. Moito evolucionaron dende a priemeira temporada, tanto en colocación como en técnica individual. Ademais destes 3 estará Davo que finalmente chegou a un acordo de renovación co club e que será ese xogador que lle dea osíxeno e esforzo a tódalas liñas do equipo, agárdase que siga sendo un xogador clave. 
  • Ataque: Na zona ofensiva do equipo é onde atopamos as maiores novidades nesta liga. Seguen Emi e Pani, que deben seguir sendo xogadores clave en calidade e esforzo para poder resolver eses partidos que se atopan atascados. Pero ademais este ano contarán con máis axudas xa que o club recupera a Yago, ese delantero tanque que ademais non está exento de calidade e que este verán ven de demostrar que está a un nivel superior que o de outros anos, e que ademais contará coa regularidade de partidos que non tivo en anos pasados. Tamén a directiva conseguiu recuperar por uns meses a Pablo, xogador que o ano pasado tivo unha presenza testimonial no equipo. Qué dicir de Pablo un xogador que o club coseguiu unir ó seu proxecto convencéndoo para deixar un histórico como o Rápido de Bouzas. Xogador de calidade incuestionable que é quen de resolver xogadas inverosímiles e que coñece a dinámica do equipo a que de seguro que se adaptará con facilidade. Por último nos falta mencionar a Quique que agora que está máis cerca nosa, cambiando Perú por Austria, agardemos que poida estar presente en máis partidos do campionato e seguir marabillando a tódolos espectadores e incluso ós árbitros. 
 Este é por tanto o cadro de xogadores co que contará incialmente o Matiz Vigo para esta temporada, pero centrándonos máis neste partido a convocatoria estará formada por 8 xogadores: Jorge na porta, Xmon, Chap e Vare para posicións defensivas e Emi, Yago e Pani para a vangarda do equipo.

Debe ser este un partido importante para comezar con bo pé a competición. O equipo deberá saír concentrado e demostrar que o bo nivel mostrado nos amigábles de pretemporada e no torneo de Baiona non foi un espellísmo senón que tan só foi un avance da gran temporada que nos van regalar os xogadores deste Matiz Vigo.

O primeiro partido xa o saben, será este sábado ás 20:00 na pista do Frontón do Pavillón das Travesas, unha hora magnífica para volver gozar dos nosos. Agardámoslles neste partido e xa o saben Imos que nos Imos! Imos Matiz VIGO!!!

sábado, 6 de junio de 2015

X30 Cafetería Zaida Vs MatizVigo FS. Asalto á Terceira praza

Moi bos días queridos lectores nos atopamos aquí para analizar o que vai a ser a derradeira xornada de liga e que podería rematar co Matiz como terceiro clasificado da liga, para que isto aconteza precisa gañar ó Cafetería Zaida (que ten 2 puntos máis que o equipo da Oliveira de vigo) e que o Camping Cangas non superer ó librería Hollandia, un partido qeu se disputará ás 19:00 no campo de Balaídos -2. Pola súa banda o partido que vai enfrontar ó Matiz Vigo e máis ó Cafetería Zaida se dipsutará hoxe sábado día 06/06/2015 na pista de Balaídos -1. 

A clasificación mostra unha apretada última xornada na disputa deste terceiro posto tal e como poden observar neste extracto.


O rival do noso equipo será o Cafetería Zaida quenes tras unha grande segunda volta foron quen de auparse ó terceiro posto a falta dunha xornada, posición que podería darlle o ascenso a vindeira temproada á liga das estrelas. No partido de ida o Matiz Vigo foi quen de superar ó Cafetería Zaida por 4-0 nun partido dominado dende principio a fin polo cadro da Oliveira de Vigo. En canto ós enfrontamentos da temporada pasada se saldaron cun empate e unha vitoria para o daquela DCM, quen na primeira volta deixou escapar unha gran renda de goles. 

 O MatizVigo chega a este partido tras caer goleado a semana pasada ante o Cafetería Danais, nun partido no que estivo pragado de baixas, e no que o resultado, tal e como explicou Lino, non fixo xustiza ó visto sobre o terreo de xogo, ondeo o equipo dominou pero faltoulle a mordente suficiente para materializar as ocasións que tivo durante o partido. 

Para este partido o equipo da Oliveira contará cun gran reforzo para poder materializar estas ocasión, e é que Pablo chega a Vigo para axudar ós nosos a acadar a décimosexta vitoria da temporada e poder aspirar ó tercero posto, a súa aportación ofensiva será determinante ó igual que a do resto dos seus compañeiros que deben facer un gran esforzo defensivo e ofensivo para superar un dos seus campos malditos nesta Vigo en Xogo que non é outro que o de Balaídos, se ben é certo que hoxe xogará na pista 1 e non na dúas. A convocatoria para este partido será Jorge na porta, Chap, Vare e Xmon para posicións defensivas e Davo, Pani e Pablo para os postos de ataque, se o equipo fora quen de conseguir 5 goles alcanzaría a máxica cifra de 100 goles a favor, unha tarefa que non parece nada doada. 

O partido se disputará este sábado día 06/06/2015 ás 17:00 na pista de balaídos -1 (entrando pola porta 18 do estadio a pista que está á dereita).

Despedímonos das previas desta campaña agardando que teñan un moi bo verán e emprazándolles a que sigan as novidades do noso equipo de cara a vindeira temporada neste blog. Un saúdo e Imos que nos m! Imos MATIZ VIGO!!!

jueves, 4 de junio de 2015

X.29 "Gran esforzo, pésimo resultado" Matiz 0-5 Danais


O Matiz caeu derrotado na penúltima xornada de liga por un 0-5 que non reflexa o visto no campo. Os nósos con importantes baixas (só 6 convocados) vaciáronse na pista, nun choque no que tiveron que levar o peso do partido e no que a pesares da falta de máis homes con vocación ofensiva, foron quen de crear múltiples ocasións de gol que non remataron nas redes por moi pouco. 0-1 ao descanso e o 0-2 que reflectía o electrónico ata a recta final do partido sí amosan que foi un encontro igualado. Nos últimos minutos, co equipo agotado e xa sen opcións de vitoria chegou a goleada.

O partido desputouse no pavillón de Balaídos (un dos campos nos que peores resultados acadan os nósos) ante un Danais que buscaba pechar a permanencia e rematar o máis alto posible na táboa. Observando que o Matiz só tiña 6 convocados, dos cales só 1 ten perfil ofensivo, e vendo a ampla convocatoria do rival, todo facía pensar que o Danais levaría o peso do partido, a posesión e as ocasións, e o Matiz buscaría aguantar e saír á contra. Pero nada máis lonxe da realidade, os visitantes adiantaríanse cedo no marcador, cun forte disparo dende a frontal aproveitando unha acción defendida feblemente polos nósos. 0-1. E a partires de ahí, o rival centrouse en non encaixar. Ben é certo que se o Matiz conseguise o gol, seguramente o Danais voltaría a atacar con máis decisión, pero iso non ocorreu.
Así pois, o Matiz tivo que asumir riscos e comezou a atopar o modo de crear ocasións. Atopou en Davo, quen firmou un magnífico encontro, o xogador a quen darlle o balón de costas á defensa e aguantalo ata atopar a mellor opción. En Pani, coma sempre, os continuos desmarques cos que recibir pases e abrir ocos, e nesta primeira metade gran parte das ocasións chegaron de disparos lonxanos de Vare, aos que o gardamallas respostou con acerto.

Tralo descanso, repetíuse a historia. Grave erro defensivo nos minutos iniciais, nunha xogada na que Xmon non era quen de despexar o balón e o deixaba morto para que o rival marcase o 0-2 a pracer. E a partires de ahí, máis e máis ocasións do Matiz. Desta vez, xa non só con disparos lonxanos senón tamén creando situacións de mans a mans co gardamallas, con pases en longo, saques de Jorge e tamén de xogadas, pero unha e outra vez os nósos marraron estrepitosamente.
Xa avanzada a segunda metade, o físico non deu para máis, e desta vez cada ocasión errada cobrouse cun gol en contra ata o 0-5 final.

Demasiado castigo para os nósos 6 valentes que hoxe, unha vez máis, deixaron todo no campo. Noraboa a Jorge, Vare, Chape, Xmon, Pani e Davo polo esforzo.
Como nota positiva, unha xornada máis sen cartóns.

Queda tan só un encontro para rematar a tempada. O título de campións da deportividade en xogo. Imos!

lunes, 25 de mayo de 2015

X.28 "Moito castigo para un bo Matiz" Secundino 2-2 MatizVigoFS


A antepenúltima xornada ligueira desputada en xornada electoral, deixounos un empate a dous goles entre Bar Secundino e Matiz Vigo, nun partido no que a falta de recambios no banco do Matiz, provocou un chisco de falta de enerxía dos maticistas que puido influir no resultado.

O encontro comezou cun Matiz sen trocos (Chape tivo que marchar en busca da segunda equipación ao vestir tamén o rival de negro), no que formaron Jorge baixo paus, Xmon e Vare en posicións defensivas e Emi e Pani no avanzado. O Matiz saíu con forza, presionando a saída de balón do rival e cunha presión moi elevada. Así, os nósos comezaron mandando e gozaron de boas ocasións. Un par de mans a mans co cancerbeiro que marcharon fóra por pouco. A intención do Matiz era adiantarse nestes primeiros minutos para poder despois controlar o ritmo do partido. Pero errou estas ocasións e o cansazo comezou a facer mella. O rival o soubo e observou que debía ser él quen pasase a incrementar o ritmo, respostando tamén con presión a todo o campo. Sufríu o Matiz durante o tramo central da primeira metade, pero un tempo morto solicitado polos nósos curtou a dinámica e os olívicos retomaron de novo o control do partido ata o descanso.

No descanso chegou Chape para dar un relevo que ao final sería imprescindible, pois Emi sufriría unha lesión muscular que pon punto e final a súa gran tempada.
No inicio da segunda metade, Secundino tentou de novo arrinconar ao Matiz coa presión na saída do balón, pero nesta ocasión o seu intento quedou truncado cun golazo dende campo propio de Vare, quen observou ao cancerbeiro algo adelantado e conectou un disparo que marchou coma un obús para a portería rival. Incrible golpeo e un gol que lle viña de perlas ao Matiz. 0-1.
Mais pronto disiparíase esa vantaxe ao respostar Bar Secundino cunha contra ben levada tras un roubo de balón que significaba o 1-1.
Sucedéronse entón as ocasións para ambos bandos. Os porteiros e os paus adquiriron protagonismo. O partido era moi igualado e co paso dos minutos o cansazo rachaba cada vez máis o partido, era difícil xa manter o control. Emi tiña que deixar definitivamente o campo e o Matiz pasou a xogar con Chape e Xmon atrás e Vare e Pani arriba.
Pero entón, a falta de minuto e medio, o Matiz trenzaría unha magnífica xogada, cun pase en profundidade de Chape que superaba milimétricamente ao defensor que cubría a Vare para que éste encarse a portería rival e ante a saída do porteiro servise para Pani, quen nun gran esforzo físico conseguía acompañar a xogada para marcar o 1-2 a pracer.
Quedaba un minuto escaso para o final, ese minuto fatídico no que tantos goles encaixou o Matiz (DCM) ao longo da súa historia. E desta vez non ía a ser distinto. O equipo defendía a xogada coas escasas enerxías que lle quedaban, pero tras tapar un primeiro disparo, o balón caía de novo para un atacante rival quen dende fóra da área conectaba un tremendo disparo que marchaba directo ao segundo pau da portería defendida por Jorge. 2-2.

Unha mágoa de gol tras ver tan preto os tres puntos, pero os nósos deben quedar unha vez máis moi satisfeitos por deixar todo no campo. Magnífico traballo. Como diciamos, peor que os dous puntos que escaparon foi a lesión de Emi que pon a vista xa na vindeira tempada.
Restan dous encontros para finalizar a boa tempada do Matiz. Dous choques de máxima dificultade ante equipos da parte alta da tabla. Os nósos cruzan os dedos para poder contar cos 6 dispoñibles (e cicáis con Pablo na derradeira xornada). En xogo ser campións da deportividade e decidir o posto clasificatorio (a permanencia está virtualmente conseguida, pero de momento as matemáticas mandan).

domingo, 24 de mayo de 2015

X28- Bar Secundino Vs MatizVigo FS. Recta Final en Xornada Electoral.

 
Bos días queridos lectores, nos atopamos nesta xornada electoral de domingo, onde se decide o futuro de numerosos concellos de Galicia para analizar o que vai ser a antepenúltima xornada de liga desta segunda división de Vigo en Xogo.

A localización deste partido será no Pavillón municipal de Bembrive (ás 20:15), parroquia viguesa, que ademais de escoller ó alcalde da cidade escollerá ó seu propio alcalde pedáneo. 

Quédanlle 3 partidos ó Matiz Vigo esta temporada, e os rivais non serán outros que o Bar Secundino (13º Clasificado), o Cafetería Danais (6º) e o Cafetería Zaida (5º). O Matiz pola súa banda chega a este partido na cuarta posición a 2 puntos do terceiro clasificado e cunha vantaxe de 3 con respecto ó quinto. O equipo da Oliveira de Vigo se atopa esta semana ante unha oportunidade perfecta para facerse coa salvación, xa que se atopa 6 puntos por enriba dos postos de descenso, distancia que a-lo menos mantería de ser quen de lograr os 3 puntos, o que tendo en conta que restarían 6 puntos en xogo lle darían a salvación virtual ós nosos.

O rival como diciamos será o Bar Secundino que se atopa na décimoterceira posición, e que intentará conseguir os máximos puntos posibles para estar ben posicionado para as posibles salvacións nos despachos. Os secundinenses contan con 21 puntos, xa que obtivo ata o de agora 5 vitorias, 6 empates e 16 derrotas, 36 goles a favor (1,33 por partido) e 91 na contra (3,37 g/p). Estas estatísticas deixan claro que o problema do Bar Secundino é a súa dificultade á hora de facer gol, sendo o equipo menos goleador con moita diferenza co seguinte (O Vet. Ars Canis con 51). Pola súa banda o Matiz Vigo trala súa goleada da semana pasada se sitúa a tan só 7 goles de chegar á máxica cifra dos 100, xa que conta con 93 goles a favor (3,44 g/p) e 67 na contra (2,48 g/p). Se nos remontamos ó partido de ida desta temporada observaremos que o Matiz Vigo conseguiu facerse coa vitoria por un resultado axustado de 3-1, facendo desta forma o Bar Secundino o seu primeiro gol da historia ante o Matiz Vigo, xa que a temporada pasada caeu ante os nosos por 5-0 e 2-0, na última xornada da primeira volta e na derradeira da pasada liga respectivamente .

Porén o MatizVigo non debe confiarse, xa que xa sabe o que é caer contra equipos teóricamente inferiores segundo a táboa clasificatoria, ademais contará cunha axustada convocatoria de 5 ou 6 futbolistas en función da situación física de Chap. A convocatoria será a formada por Jorge na porta, Vare e Xmon para tarefas defensivas e Pani e Emi para as posicións máis adiantadas. É dúbida Chap e son baixas seguras Davo, que deberá estar cumprindo a súa obriga como cidadán nunha furna electoral, Yago, Quique e Pablo que se atopan fora da cidade olívica. 

Partido moi interesante por tanto o que vai enfrontar ó MatizVigo e ó Bar Secundino, nunha hora que non impide a ninguén acudir as furnas para votar, agardemos o apoio do respestable nesta fantástica xornada de domingo, onde poderemos gozar da festa do fútbol ó tempo que da festa da democracia. Coma sempre xa o saben Imos que nos Imos!! Imos Matiz Vigo!!!

lunes, 18 de mayo de 2015

X.27 "Novo festín" MATIZVIGOFS 9-1 BARLOBISHOME


O Matiz recupera o sorriso tralo tropezo da semana pasada e desfruta do seu xogo (foi un dos partidos onde máis posesión tivo e a empregou con moito criterio) e dos seus goles. O equipo tentará repetir estas sensacións nos tres derradeiros encontros da tempada.

Partido desputado no pavillón do Berbés nun calurosísimo domingo de maio baixo a arbitraxe de Arango. O Matiz contaba coas baixas de Quique, Pablo, Yago e Chape, pero recuperaba a Vare e contaba con Jorge, Davo, Xmon, Emi e Pani en perfectas condicións.
A xogada inicial do encontro foi un claro reflexo do que se vería durante moitos minutos deste partido. Os nósos realizaron unha das posesións máis longas que se recordan, movendo o esférico dun lado a outro, con pase e continuación, ata atopar a opción máis clara de disparo. Ese arranque subíu moito a moral dos nósos que xogaron con moita confianza no seu xogo o resto do encontro.
Nesta primeira metade acadaríase un parcial de 5-0, aínda que ben é certo que a relaxación provocou un par de boas ocasións para o rival nas que Jorge respostou con grandes intervencións. Mereceu BarLobisHome marchar con algún gol ao seu favor ao descanso.

Mais do mesmo na segunda metade, aínda que o partido rachouse algo máis e o Matiz xa non apuraba tanto as súas posesións senón que buscaba o gol nas contras. Ao final 9-1 con 4 goles de Emi, 2 de pani, 2 de Davo e 1 de Vare.
Gran premio para os nósos 6 xogadores que marcharon orgullosos do seu traballo.

Como diciamos restan tan só 3 encontros para baixar o telón desta tempada 2014-2015 e o Matiz quere seguir desfrutando (ademáis segue en xogo a 3ª praza e a deportividade).

Reciban un cordial saúdo.

domingo, 17 de mayo de 2015

X27- MatizVigo FS Vs BarLobisHome. Obxectivo: Recuperar o terceiro posto

Moi bos días benqueridos lectores

Hoxe con algo de retraso nos atopamos nestas liñas para analizar o que vai ser a 27ª xornada de liga de Vigo en Xogo, onde se disputará unha das catro finais que lle quedan ó Matiz para intentar acadar o terceiro posto e pechar de forma definitiva o ascenso. 

O rival desta xornada será o Barlobishome, equipo que ocupa a duodécima posición da táboa clasificatoria con 20 puntos, tras conseguitr no que vai de campionato 6 vitorias, 2 empares e 18 derrotas. Conta con 58 goles a favor (2,23 por partido) e 102 na cotra (3,92 g/p). Números que demostrar que son un equipo con bos números ofensivos pero que teñen problemas á hora de defender a súa portería. Porén o BarLobishome xa lle deu desgustos noutros anos ó Matiz, cando o equipo daquela denominado Deportes Carlos Miguel, chegaba como favorito e finalmente caía derrrotado. No partido de ida o Matiz logrou superar ó equipo barcista por 2-4, resultado que sería tamén óptimo esta semana para poder seguir optando á terceira praza que agora o matiz ten a 2 puntos depois da derrota da pasada semana. Ademáis unha vitoria lle permitiría pechar definitivamente a salvación, xa que actualmente ten os postos de descenso a tan só 6 puntos, e unha vitoria lle permitiría ampliar un pouco esta vantaxe quedando 9 puntos en xogo, co cal tan só unha debacle levaría ós nosos ás profundidades da terceira división.

Para este partido o Matiz Vigo debe espertar tralo seu mal partido da semana pasada, e demostrar que tan só foi unha pequena pedra no camiño que non vai enturbiar o bo momento de xogo e resultados polo que atravesaba o equipo. Para este partido a convocatoria será moi axustadiña, estando Jorge na porta, Xmon e Vare (quen volve tras superar as súas molestias físicas) para postos defensivos, Pani e Emi para os postos de ataque e Davo como esre valioso comodín que lle está permitindo saír airoso ó equipo destas convocatorias tan axustadiñas. Serán baixa Chap por motivos laborais, e Quique, Pablo e Yago por atoparse fora da cidade de Vigo.

Partido importantísimo para o Matiz Vigo quen encara estas 4 últimas xornadas de liga, sabendo que pode optar a todo, dende un hipotético ascenso ata un descenso. Estes partidos determinarán se o equipo o vindeiro ano se atopa en primera, segunda ou terceira división. Imos que nos Imos, IMos Matiz Vigo.

X26. "Un espeso Matiz desperdicia 3 puntos" AVISPAS 4-2 MATIZVIGOFS


Relaxación e falta de ritmo competitivo debido a tanto parón ligueiro, poden ser algunhas das causas que expliquen a derrota do Matiz esta fin de semana.
Trala marcha de Quique, o equipo contaba coa boa nova da presenza de Yago.
O partido era unha gran oportunidade para esquecer definitivamente os postos de descenso, mais o clube non foi quen de transmitir a importancia do encontro.
Iso notouse, e o equipo, aínda que competíu, o fixo a un nivel máis baixo que nas últimas datas. Estivo lento e falto de chispa e non soubo aproveitar que o rival non tiña trocos.

Ademáis das baixas habituais, e aínda que entrou na convocatoria, tampouco xogou Vare por mor dunhas molestias musculares.
O rival aproveitou na primeira metade as dúas escasas ocasións das que dispuxo (en dúas accións nas que nin a defense nin Jorge estiveron acertados) e polo Matiz anotaron Pani e Emi 2-2 con dous bos goles.

Tralo descanso o partido foi todavía máis lento. O Matiz só foi quen de mover o esférico con algo de velocidade nun par de ocasións, pero desta vez sen atopar porta.
E o rival, en dúas xogadas illadas, tirando de potencia individual, anotou dous novos tantos que decantaron o encontro.

Non obstante, nada que reprochar aos nosos xogadores que esforzáronse ata o final, pero non foi o seu mellor día.

O equipo sitúase con estes resultados na 4ª praza. Pensa xa no seguinte partido, onde mellorar a imaxe para desfrutar máis do seu xogo será o principal obxectivo (sempre sen perder de vista a deportividade).

Despedímonos ata a previa de Xaime!
Un cordial saúdo.

domingo, 10 de mayo de 2015

X26- Avispas de la Arena Vs MatizVigo FS. Comeza a recta final.

Moi bo día queridos lectores, nos atopamos nestas liñas para analizar o que vai a ser o principio da recta final desta segunda división A de Vigo en Xogo. E é que tan só quedan 5 xornadas para rematar a liga, 15 puntos en xogo que poden facer que un equipo pase de estar en postos de posible ascenso a descender a terceira división.

O MatizVigo encara esta recta final nunha inmellorable posición, e é que a derrota de fai quince días ante o Vanesma Peluqueras case non tivo efectos clasificatorios para o equipo da Oliveira de Vigo. Isto se debe a que o Camping Cangas perdeu o seu partido ante o Cafetería Zaida e o Cafetería Danais o seu ante o Catacroker United. Estas dúas derrotas permiten ós nosos seguir na terceira posición da táboa clasificatoria con 46 puntos, aventaxando nun ó cuarto clasificado (o Camping Cangas) e en 6 ó quinto, sexto, séptimo e oitavo clasificado que avanzan empatados na clasificación con 40 puntos (debemos ter en conta que o Explovi ten un partido menos e 39 puntos, co cal podería achegarse ós 42). Porén esta privilexiada posición na táboa clasificatoria non lle permite relaxarse ós nosos, xa que tan só se atopan 6 puntos por riba dos postos de descenso. 

Precisamente esta semana o MatizVigo FS xogará contra un dos equipos que teñen 40 puntos e que marcan os postos de volta ó inferno. O Avispas de la Arena se sitúa na séptima praza con 12 vitorias, 4 empates e 9 derrotas, cun balanzo de 78 goles a favor (3,12 g/p) e 82 na contra (3,28 g/p). Pola súa banda o Matiz chega con 14 vitorias, 4 empates e 7 derrotas, con 82 goles a favor (3,28 g/p) e 62 na contra (2,48 g/p). Obsérvase polo tanto que o Avispas de la Arena atópase nuns números medios na táboa clasificatoria, sen destacar por ser dos que máis goles marcan e tampouco ser dos que máis encaixa. No partido de ida os nosos lograron superar ó equipo avispero por 2-1 nun axustado partido de nadal disputado no pavillón do Berbés, onde os nosos cun equipo pragado de xogadores pouco habituais (estaban Pablo e Quique) tivo que empregarse a fondo para obter os tres puntos. 

Para este importantísimo e emocionante partido o Matiz Vigo chega cheo de moral tras levar unha xeira de xogo e resultados perfecta, tan só truncada polo imparable líder que parece xogar noutra división. O equipo ven de dar unhas sensacións de xogo moi positivas e incluso ante o Vanesma conseguiu plasmar o seu bo momento de xogo. Será importante que este parón non teña afectado ós nosos e que cheguen a esta recta final de campionato nun estado de forma envexable que lle permita afianzar os seus obxectivos clasificatorios, de gañar hoxe se deixaría a un rival polo descenso a 9 puntos, quedando 12 en xogo. Para este partido o MatizVigo contará con Jorge na porta, Davo, Xmon e Vare para os postos defensivos e con Emi, Pani e Yago para as posicións máis avanzadas. Serán baixa Chap por motivos persoais, e Quique e Pablo que se atopan fora da cidade olívica.

O partido se disputará na tarde do domingo ás 18:00 no pavillón do Berbés un magnífico escenario para disfrutar dun importantísimo encontro, no que os nosos deberán saír 100% concentrados para poder lograr os 3 puntos, e deste xeito comezar vitoriosos unha xornada deportiva do domingo que rematará coa disputa en Balaídos do Celta - Sevilla. Anímense todos a participar desta festa do fútbol, e xa o saben Imos que nos Imos! Imos Matiz Vigo!!!.

martes, 5 de mayo de 2015

"O Matiz cae con orgullo ante o líder" MatizVigo 2-7 VanesmaPeluqueras


A diferenza da primeira volta, desta vez sí, o Matiz puido competir contra o líder. A lóxica impúxose e a calidade do invicto Vanesma puido coas gañas dun Matiz que xogou a un bo nivel e caeu co seu orgullo intacto.

O encontro disputouse no extraordinario Pavillón Central das Travesas, polo que os nósos entenderon que debían desfrutar do partido con independencia do resultado, e así o fixeron. Foi ademáis a despedida de Quique ata a vindeira tempada.
A diferenza do que ocurría anos atrás, este Matiz, xoga igual con independencia do rival que teña enfronte. Non se encerrou, e xogoulle de ti a ti ao líder. Así, o partido foi sempre un encontro aberto, con ocasións para ambos lados pero onde a pegada do Vanesma declinou a balanza cara o lado dos perruqueiros.
Adiantaríanse os visitantes con sendos golazos pola cruceta (mostra de que a súa calidade está moi por riba do nivel desta 2ª división). Recurtaría distancias o Matiz por mediación de Vare tras asistencia de Emi, pero antes do descanso, de novo Vanesma abría diferenzas co 1-3 tras unha xogada con algo de fortuna.

O Vanesma saíu a por todas na segunda metade, e pronto deixaría o choque sentenciado. Desta vez tiraron de forma física para superar a un Matiz que comezou a acusar o cansazo e observou como era quen de defender os ataques rivais en primeira instancia pero sempre chegaba tarde ao rexeite e ás segundas xogadas das que o Vanesma sacou gran partido.
O Matiz mantivo o seu xogo a pesares do resultado e acadaría o segundo gol tras unha gran xogada colectiva na que Vare acabou asistindo para que Quique anotase un bo gol na súa despedida. Ao final 2-7 no electrónico.

Finalizaba así un encontro no que os nósos desfrutaron a pesares da derrota.
Agora, trala xornada de descanso chega o tramo final da competición. A seguir desfrutando!

sábado, 25 de abril de 2015

X25 - MatizVigo FS Vs Vanesma Peluqueras. Misión Posible.


Benqueridos lectores, nos atopamos unha semana máis nestas liñas para analizar o que vai a ser a 25ª xornada de liga da segunda división A de Vigo en Xogo.

Esta semana o MatizVigo deberá enfrontarse ó todopoderoso líder, o Vanesma Peluqueras. Partido entre terceiro e primeiro clasificado da liga, que non podía ter outro escenario que non fora o pavillón referencia da cidade máis grande de Galicia, a Pista Central do Complexo Polideportivo das Travesas. E é que parece ser que a organización foi consciente da importancia deste partido que medirá a un terceiro clasificado que chega nun impresionante nivel de forma, con 13 goles nos dous últimos partidos (e so dous na contra) contra un líder que marcou 13 goles, pero só no último parido. O MatizVigo FS é o único equipo, xunto co líder, que pode presumir de quitarlle puntos ó segundo clasificado e agora quere ser o primeiro equipo en ser capaz de facerlle dano ó Vanesma Peluqueras. Máis non só pola importancia do rival o MatizVigo ten moitas ganas de gañar este partido,e é que a xeira de 4 vitorias consecutivas coas que conta o equipo da Oliveira de Vigo, lle permitiu pasar do sexto posto a asentarse na terceira posición, con tan só 1 punto de diferenza con respecto ó cuarto clasificado pero con 6 puntos respecto ó quinto clasificado. O Matiz intentará por tanto conseguir unha vitoria que lle permita confirmase como candidato á cobizada terceira praza.

Como xa todos saben o rival que visitará ós nosos esta fin de semana, non lle porá nada fácil as cousas ó Matiz, e que tanto o ano pasado en terceira división, como este ano en segunda, esta sendo un equipo intratable que non só lidera a clasificación, senón que o fai dun xeito abraiante. Os seus números son os seguintes: o Vanesma Peluqueras conta con 24 vitorias en 24 partidos, 185 goles a favor (7,7 g/p) e 41 na contra (1,71 por partido), uns números envexables que dan conta do poderío ofensivo do rival que nos visitará esta fin de semana. En canto ó partido da primeira volta, foi un encontro no que os nosos se atoparon con moitas dificultades, e no que plantou cara ata que a gasolina lle aguantou. Naquel partido o Vanesma Peluqueras adiantouse na primeira parte nunha polémica xogada na que os nosos reclamaron falta previa  e con ese 1-0 chegouse ó descanso. Porén nos últimos minutos desta primeira quenda Vare caeu lesionado, deixando ós nosos sen recambios no banco, algo que o equipo negribranquivermello pagaría no segundo tempo encaixando un parcial de 9-0, para facer un total de 10-0 ó remate do mesmo.

Pero o MatizVigo FS chega nun momento de forma moi diferente ó da primeira volta, e se de aquelas o equipo foi quen de plantarlle cara durante toda unha parte, nesta ocasión o equipo procurará non só poñerlle as cousas difíciles ó líder senón que buscará obter a vitoria. Dende aquel partido o equipo do Paseo de Alfonso XII, non deixou de crecer, e xa sabe o que é eliminar a rivais superiores con moito máis banco que os nosos, como por exemplo no Torneo de Nadal de Baiona ou no empate ante o Endulco. Os nosos cunha convocatoria moito máis xustiña ca os dos rivais fixo auténticos milagres que poden repetirse neste partido.

Para isto todos os compoñentes da convocatoria deben saír ó campo a gozar sabendo que a vitoria é posible, e coñecendo as ferramentas que de sempre fixeron poderoso ó noso equipo: unha sobriedade defensiva aderezada con doses de calidade na parte ofensiva do equipo. Cunha actitude seria e concentrada os nosos poden optar a conseguir os tres puntos. A convocatoria deste partido estará formada por Jorge na porta, Vare, Chap e Davo para as posicións defensivas, e Pani, Quique e Emi para os postos máis adiantados. Deste xeito o equipo contará con dous cambios para poder refrixerar as dúas zonas do campo. Serán baixa Xmon por mor de molestias físicas, así como Pablo que segue en Madrid e Yago quen volverá á competición a vindeira xornada ante o Avispas de la Arena.

 O partido se disputará este domingo ás 12:00 no Pavillón Central das Travesas, un magnífico horario para animar ós nosos e comezar o que agardamos que sexa un domingo cheo de vitorias. "Anímate a animarnos", te agardamos nas cómodas gradas do pavillón central para que nos deas o pulo necesario para acadar o que parece imposible pero que non o é, obter os tres puntos ante o líder da categoría. Imos que nos Imos! IMOS MATIZVIGO!!!

lunes, 20 de abril de 2015

X.24 "Un Matiz en racha abusa dun competitivo rival" Transdami 1-7 MatizVigoFS

 
Magnífico triunfo dun Matiz, que a pesares do avultado resultado, tivo que traballar o partido ante o derradeiro minuto de xogo, realizar un gran esforzo físico e contar co acerto e o punto de fortuna necesario para rematar disfrutando desta fermosa goleada, ante un rival, que a pesares de ir moi lonxe no marcador, non deixou de atacar en ningún instante.
O encontro desta 24ª xornada de liga, desputado na pista vermella das Travesas, estivo marcado polo regreso de Quique, quen firmou unha boa actuación, anotou un gol e poderá vestir de novo a equipación maticista na vindeira xornada ante o líder.

Dende o minuto inicial o encontro foi dunha gran esixencia física. O rival é un equipo que ataca con moitos homes e en consecuencia deixa moitos espazos ás costas. O Matiz, que vive nunha moi boa dinámica de xogo e resultados, quixo aproveitar esta situación, e aceptou xogar con moita intensidade e velocidade a pesares de contar con só 6 xogadores na convocatoria.
Todo saíulle ben ao Matiz. Emi anotaba os dous primeiros con asistencias de Quique e Vare. O propio Quique facía o terceiro. Emi anotaría dous goles máis, e Pani tamén uníase á festa na segunda metade con dous tantos.
O rival estivo preto do gol en varios momentos do partido. Cos saques dende o curruncho, deixou ao Matiz en evidencia en varias ocasións, e tamén atopou boas ocasións consecuencia do cansanzo dos locais, mais a falta de acerto en ocasións e a magnífica actuación de Jorge noutras fixo que só anotase un gol nos instantes finais do encontro tras un rebote nun saque de esquina.

Fantástica a actuación dos 6 convocados hoxe. Cun Jorge como comentabamos crecéndose en cada acción (tivo que intervir máis que noutros encontros), cun Xmon perfecto en labores defensivas, cun Vare que non só traballou en defensa senón que conseguíu asistir e ofrecer saídas ao equipo, cun Quique que a pesares de notar a falta de actividade, marcou, asistíu e cumpríu en defensa, e con Pani e Emi na súa liña das últimas xornadas, excelentes e imprescindibles.

O equipo pensa xa no duelo ante o líder. Se nada se torce, Davo regresará á convocatoria tras dúas xornadas ausentes. Jorge, Vare, Quique, Pani e Emi repetirán. Xmon e Chape son dúbida.
Se o Matiz dá a súa mellor versión, pode plantar cara a este "intratable" líder da categoría. Na ida, os nósos (estando nun nivel moito máis baixo que agora), aguantaron 25 minutos. Desta vez, agardan chegar con opcións ata o final do partido. De novo o encontro serán moi esixente, non só no físico, senón no aspecto táctico. A concentración será fundamental ante un equipo que sabe xogar co esférico.

Cos resultados desta xornada o Matiz recupera a 3ª posición da táboa clasificatoria cun punto de vantaxe sobre CampinCangas e 6 sobre o 5º clasificado.


sábado, 18 de abril de 2015

X24 Transportes Transdami Vs MatizVigo FS. Oportunidade de Ouro


Moi bos días querdos lectores 

En primeiro lugar pedirvos desculpas pola ausencia de previa nas últimas xornadas. En todo caso xa estamos de volta para comentar o que vai ser un interesante partido entre o Transportes Transdami e o MatizVigo FS. Partido que se disputará este sábado 18/04/2015 na Pista Vermella do Complexo Deportivo máis importante da nosa cidade que nos recorda o pasado tranviario da urbe olívica, en As Travesas. 

O rival desta fin de semana chega coa necesidade imperiosa de sumar os 3 puntos xa que se atopa con 17 empatado con 4 equipos máis na táboa clasificatoria, polo que calquera punto pode ser vital para conseguir a salvación, xa que aínda que nas normas está establecido que descendan 8 equipos é posible que finalmente algún poida salvarse da queima se hai algunha baixa na competición. O Transportes Transdami, por tanto, conta con  4 vitorias, 5 empates e 14 derrotas, 43 goles a favor (1,86 g/p) e 79 na contra (3,43 g/p).  Sitúase na undécima praza empatado a puntos co décimo e decimoquinto clasificado, tendo a salvación oficial a uns inalcanzables 17 puntos, cando quedan en xogo 21. No último partido o equipo transportista foi quen de sumar un punto ante un dos seus rivais directos, o Librería Hollandia, quen recordemos foi quen de bater ós nosos no partido de volta, nun sucio e feo partido.  En canto ós precedentes co equipo da Oliveira de Vigo, se limitan ó partido da primeira volta onde o equipo Maticista non foi quen de pasar do empate a dous, nunha parte da liga onde os nosos chegaban con moitas baixas e acumularon, con convocatorias de 5 e 6 xogadores, 3 empates consecutivos. Por tanto partido que pode entrañar moitas dificultades para os nosos, que deberán estar moi atentos para seguir coa xeira positiva de resultados.

O MatizVigo pola súa banda chega a este partido cunha convocatoria máis folgada que na primeira volta e cunha xeira de resultados máis positiva, tras encadear 3 vitorias consecutivas (3-1 ante o Vet. Ars Canis, 2-1 ante o Explovi e 6-1 ante o Parquets Corcoba). Ademais das vitorias consecutivas chega nun intre doce de xogo, facendo bos partidos como o da semana pasada, que a pesar de que comezou con derrota, fixo as delicias da numerosa afección que se acercou a animar ós nosos ó Pavillón de Coia. Para manter esta boa dinámica o equipo do Matiz contará cunha convocatoria de 7 xogadores, que serán Jorge na porta, Xmon, Vare e Chap para os postos defensivos e Emi, Quique e Pani para as posicións máis ofensivas. A principal novidade deste partido será a presenza de Quique, quen xogará o seu segundo partido da temporada defendendo as cores maticistas, trala súa chegada este pasado venres de terras peruanas. Importante reforzo o de Quique para suplir a baixa de Yago, quen tralo seu magnífico rendemento nos últimos partidos tivo que abandonar a cidade olívica para completar os seus estudos en terras catalás, que por fin remataran este ano e permitirán a Yago xogar con maior frecuencia. Tamén será baixa Davo quen por segunda xornada consecutiva xenerosamente cede un horario que non lle convén para que poida xogar un dos seus compañeiros. Ó igual que a de Yago serán dúas baixas de consideración, que agardamos que non repercutan neste bo xogo que está despregando o equipo. Por último é baixa Pablo, por mor da súa estancia en terras madrileñas, e que agardemos poida disputar algún partido máis no que resta de temporada. 

Con esta convocatoria o MatizVigo tratará de asentarse na cuarta praza da clasificación en vésperas de recibir ó intratable líder do campionato. Grazas ós resultados da última xornada o Matiz foi quen de abrir unha fenda de 4  puntos con respecto ó Cafetería Danais (5º clasificado) e de 5 puntos respecto ó Explovi (6º clasificado). Ademais ten a terceira posición a 1 punto, e hai que ter en conta que esta fin de semana hai enfrontamento directo entre quinto e terceiro clasificado (Cafetería Danais Vs Camping Cangas) polo que o Matiz, se é quen de acadar a vitoria poderá ou ben facerse coa terceira praza ou ben ampliar a súa distancia con respecto ó quinto clasificado (ou ambas situacións se empatan os mencionados equipo). Polo tanto oportunidade de ouro a que ten o MatizVigo FS e que non debe desaproveitar para poder na seguinte xornada recibir ó líder coas máximas garantías e intentar plantarlle cara. 

O partido como xa dixemos será este serán na Pista Vermella, o equipo necesita o voso apoio e xa o saben IMOS QUE NOS IMOS!!! IMOS MATIZVIGO!!!!