martes, 5 de mayo de 2015

"O Matiz cae con orgullo ante o líder" MatizVigo 2-7 VanesmaPeluqueras


A diferenza da primeira volta, desta vez sí, o Matiz puido competir contra o líder. A lóxica impúxose e a calidade do invicto Vanesma puido coas gañas dun Matiz que xogou a un bo nivel e caeu co seu orgullo intacto.

O encontro disputouse no extraordinario Pavillón Central das Travesas, polo que os nósos entenderon que debían desfrutar do partido con independencia do resultado, e así o fixeron. Foi ademáis a despedida de Quique ata a vindeira tempada.
A diferenza do que ocurría anos atrás, este Matiz, xoga igual con independencia do rival que teña enfronte. Non se encerrou, e xogoulle de ti a ti ao líder. Así, o partido foi sempre un encontro aberto, con ocasións para ambos lados pero onde a pegada do Vanesma declinou a balanza cara o lado dos perruqueiros.
Adiantaríanse os visitantes con sendos golazos pola cruceta (mostra de que a súa calidade está moi por riba do nivel desta 2ª división). Recurtaría distancias o Matiz por mediación de Vare tras asistencia de Emi, pero antes do descanso, de novo Vanesma abría diferenzas co 1-3 tras unha xogada con algo de fortuna.

O Vanesma saíu a por todas na segunda metade, e pronto deixaría o choque sentenciado. Desta vez tiraron de forma física para superar a un Matiz que comezou a acusar o cansazo e observou como era quen de defender os ataques rivais en primeira instancia pero sempre chegaba tarde ao rexeite e ás segundas xogadas das que o Vanesma sacou gran partido.
O Matiz mantivo o seu xogo a pesares do resultado e acadaría o segundo gol tras unha gran xogada colectiva na que Vare acabou asistindo para que Quique anotase un bo gol na súa despedida. Ao final 2-7 no electrónico.

Finalizaba así un encontro no que os nósos desfrutaron a pesares da derrota.
Agora, trala xornada de descanso chega o tramo final da competición. A seguir desfrutando!

No hay comentarios: