domingo, 24 de mayo de 2015

X28- Bar Secundino Vs MatizVigo FS. Recta Final en Xornada Electoral.

 
Bos días queridos lectores, nos atopamos nesta xornada electoral de domingo, onde se decide o futuro de numerosos concellos de Galicia para analizar o que vai ser a antepenúltima xornada de liga desta segunda división de Vigo en Xogo.

A localización deste partido será no Pavillón municipal de Bembrive (ás 20:15), parroquia viguesa, que ademais de escoller ó alcalde da cidade escollerá ó seu propio alcalde pedáneo. 

Quédanlle 3 partidos ó Matiz Vigo esta temporada, e os rivais non serán outros que o Bar Secundino (13º Clasificado), o Cafetería Danais (6º) e o Cafetería Zaida (5º). O Matiz pola súa banda chega a este partido na cuarta posición a 2 puntos do terceiro clasificado e cunha vantaxe de 3 con respecto ó quinto. O equipo da Oliveira de Vigo se atopa esta semana ante unha oportunidade perfecta para facerse coa salvación, xa que se atopa 6 puntos por enriba dos postos de descenso, distancia que a-lo menos mantería de ser quen de lograr os 3 puntos, o que tendo en conta que restarían 6 puntos en xogo lle darían a salvación virtual ós nosos.

O rival como diciamos será o Bar Secundino que se atopa na décimoterceira posición, e que intentará conseguir os máximos puntos posibles para estar ben posicionado para as posibles salvacións nos despachos. Os secundinenses contan con 21 puntos, xa que obtivo ata o de agora 5 vitorias, 6 empates e 16 derrotas, 36 goles a favor (1,33 por partido) e 91 na contra (3,37 g/p). Estas estatísticas deixan claro que o problema do Bar Secundino é a súa dificultade á hora de facer gol, sendo o equipo menos goleador con moita diferenza co seguinte (O Vet. Ars Canis con 51). Pola súa banda o Matiz Vigo trala súa goleada da semana pasada se sitúa a tan só 7 goles de chegar á máxica cifra dos 100, xa que conta con 93 goles a favor (3,44 g/p) e 67 na contra (2,48 g/p). Se nos remontamos ó partido de ida desta temporada observaremos que o Matiz Vigo conseguiu facerse coa vitoria por un resultado axustado de 3-1, facendo desta forma o Bar Secundino o seu primeiro gol da historia ante o Matiz Vigo, xa que a temporada pasada caeu ante os nosos por 5-0 e 2-0, na última xornada da primeira volta e na derradeira da pasada liga respectivamente .

Porén o MatizVigo non debe confiarse, xa que xa sabe o que é caer contra equipos teóricamente inferiores segundo a táboa clasificatoria, ademais contará cunha axustada convocatoria de 5 ou 6 futbolistas en función da situación física de Chap. A convocatoria será a formada por Jorge na porta, Vare e Xmon para tarefas defensivas e Pani e Emi para as posicións máis adiantadas. É dúbida Chap e son baixas seguras Davo, que deberá estar cumprindo a súa obriga como cidadán nunha furna electoral, Yago, Quique e Pablo que se atopan fora da cidade olívica. 

Partido moi interesante por tanto o que vai enfrontar ó MatizVigo e ó Bar Secundino, nunha hora que non impide a ninguén acudir as furnas para votar, agardemos o apoio do respestable nesta fantástica xornada de domingo, onde poderemos gozar da festa do fútbol ó tempo que da festa da democracia. Coma sempre xa o saben Imos que nos Imos!! Imos Matiz Vigo!!!

No hay comentarios: