O Matiz recupera o sorriso tralo tropezo da semana pasada e desfruta do seu xogo (foi un dos partidos onde máis posesión tivo e a empregou con moito criterio) e dos seus goles. O equipo tentará repetir estas sensacións nos tres derradeiros encontros da tempada.
Partido desputado no pavillón do Berbés nun calurosísimo domingo de maio baixo a arbitraxe de Arango. O Matiz contaba coas baixas de Quique, Pablo, Yago e Chape, pero recuperaba a Vare e contaba con Jorge, Davo, Xmon, Emi e Pani en perfectas condicións.
A xogada inicial do encontro foi un claro reflexo do que se vería durante moitos minutos deste partido. Os nósos realizaron unha das posesións máis longas que se recordan, movendo o esférico dun lado a outro, con pase e continuación, ata atopar a opción máis clara de disparo. Ese arranque subíu moito a moral dos nósos que xogaron con moita confianza no seu xogo o resto do encontro.
Nesta primeira metade acadaríase un parcial de 5-0, aínda que ben é certo que a relaxación provocou un par de boas ocasións para o rival nas que Jorge respostou con grandes intervencións. Mereceu BarLobisHome marchar con algún gol ao seu favor ao descanso.
Mais do mesmo na segunda metade, aínda que o partido rachouse algo máis e o Matiz xa non apuraba tanto as súas posesións senón que buscaba o gol nas contras. Ao final 9-1 con 4 goles de Emi, 2 de pani, 2 de Davo e 1 de Vare.
Gran premio para os nósos 6 xogadores que marcharon orgullosos do seu traballo.
Como diciamos restan tan só 3 encontros para baixar o telón desta tempada 2014-2015 e o Matiz quere seguir desfrutando (ademáis segue en xogo a 3ª praza e a deportividade).
Reciban un cordial saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario