lunes, 25 de mayo de 2015

X.28 "Moito castigo para un bo Matiz" Secundino 2-2 MatizVigoFS


A antepenúltima xornada ligueira desputada en xornada electoral, deixounos un empate a dous goles entre Bar Secundino e Matiz Vigo, nun partido no que a falta de recambios no banco do Matiz, provocou un chisco de falta de enerxía dos maticistas que puido influir no resultado.

O encontro comezou cun Matiz sen trocos (Chape tivo que marchar en busca da segunda equipación ao vestir tamén o rival de negro), no que formaron Jorge baixo paus, Xmon e Vare en posicións defensivas e Emi e Pani no avanzado. O Matiz saíu con forza, presionando a saída de balón do rival e cunha presión moi elevada. Así, os nósos comezaron mandando e gozaron de boas ocasións. Un par de mans a mans co cancerbeiro que marcharon fóra por pouco. A intención do Matiz era adiantarse nestes primeiros minutos para poder despois controlar o ritmo do partido. Pero errou estas ocasións e o cansazo comezou a facer mella. O rival o soubo e observou que debía ser él quen pasase a incrementar o ritmo, respostando tamén con presión a todo o campo. Sufríu o Matiz durante o tramo central da primeira metade, pero un tempo morto solicitado polos nósos curtou a dinámica e os olívicos retomaron de novo o control do partido ata o descanso.

No descanso chegou Chape para dar un relevo que ao final sería imprescindible, pois Emi sufriría unha lesión muscular que pon punto e final a súa gran tempada.
No inicio da segunda metade, Secundino tentou de novo arrinconar ao Matiz coa presión na saída do balón, pero nesta ocasión o seu intento quedou truncado cun golazo dende campo propio de Vare, quen observou ao cancerbeiro algo adelantado e conectou un disparo que marchou coma un obús para a portería rival. Incrible golpeo e un gol que lle viña de perlas ao Matiz. 0-1.
Mais pronto disiparíase esa vantaxe ao respostar Bar Secundino cunha contra ben levada tras un roubo de balón que significaba o 1-1.
Sucedéronse entón as ocasións para ambos bandos. Os porteiros e os paus adquiriron protagonismo. O partido era moi igualado e co paso dos minutos o cansazo rachaba cada vez máis o partido, era difícil xa manter o control. Emi tiña que deixar definitivamente o campo e o Matiz pasou a xogar con Chape e Xmon atrás e Vare e Pani arriba.
Pero entón, a falta de minuto e medio, o Matiz trenzaría unha magnífica xogada, cun pase en profundidade de Chape que superaba milimétricamente ao defensor que cubría a Vare para que éste encarse a portería rival e ante a saída do porteiro servise para Pani, quen nun gran esforzo físico conseguía acompañar a xogada para marcar o 1-2 a pracer.
Quedaba un minuto escaso para o final, ese minuto fatídico no que tantos goles encaixou o Matiz (DCM) ao longo da súa historia. E desta vez non ía a ser distinto. O equipo defendía a xogada coas escasas enerxías que lle quedaban, pero tras tapar un primeiro disparo, o balón caía de novo para un atacante rival quen dende fóra da área conectaba un tremendo disparo que marchaba directo ao segundo pau da portería defendida por Jorge. 2-2.

Unha mágoa de gol tras ver tan preto os tres puntos, pero os nósos deben quedar unha vez máis moi satisfeitos por deixar todo no campo. Magnífico traballo. Como diciamos, peor que os dous puntos que escaparon foi a lesión de Emi que pon a vista xa na vindeira tempada.
Restan dous encontros para finalizar a boa tempada do Matiz. Dous choques de máxima dificultade ante equipos da parte alta da tabla. Os nósos cruzan os dedos para poder contar cos 6 dispoñibles (e cicáis con Pablo na derradeira xornada). En xogo ser campións da deportividade e decidir o posto clasificatorio (a permanencia está virtualmente conseguida, pero de momento as matemáticas mandan).

No hay comentarios: