Moi bo día queridos lectores, nos atopamos nestas liñas para analizar o que vai a ser o principio da recta final desta segunda división A de Vigo en Xogo. E é que tan só quedan 5 xornadas para rematar a liga, 15 puntos en xogo que poden facer que un equipo pase de estar en postos de posible ascenso a descender a terceira división.
O MatizVigo encara esta recta final nunha inmellorable posición, e é que a derrota de fai quince días ante o Vanesma Peluqueras case non tivo efectos clasificatorios para o equipo da Oliveira de Vigo. Isto se debe a que o Camping Cangas perdeu o seu partido ante o Cafetería Zaida e o Cafetería Danais o seu ante o Catacroker United. Estas dúas derrotas permiten ós nosos seguir na terceira posición da táboa clasificatoria con 46 puntos, aventaxando nun ó cuarto clasificado (o Camping Cangas) e en 6 ó quinto, sexto, séptimo e oitavo clasificado que avanzan empatados na clasificación con 40 puntos (debemos ter en conta que o Explovi ten un partido menos e 39 puntos, co cal podería achegarse ós 42). Porén esta privilexiada posición na táboa clasificatoria non lle permite relaxarse ós nosos, xa que tan só se atopan 6 puntos por riba dos postos de descenso.
Precisamente esta semana o MatizVigo FS xogará contra un dos equipos que teñen 40 puntos e que marcan os postos de volta ó inferno. O Avispas de la Arena se sitúa na séptima praza con 12 vitorias, 4 empates e 9 derrotas, cun balanzo de 78 goles a favor (3,12 g/p) e 82 na contra (3,28 g/p). Pola súa banda o Matiz chega con 14 vitorias, 4 empates e 7 derrotas, con 82 goles a favor (3,28 g/p) e 62 na contra (2,48 g/p). Obsérvase polo tanto que o Avispas de la Arena atópase nuns números medios na táboa clasificatoria, sen destacar por ser dos que máis goles marcan e tampouco ser dos que máis encaixa. No partido de ida os nosos lograron superar ó equipo avispero por 2-1 nun axustado partido de nadal disputado no pavillón do Berbés, onde os nosos cun equipo pragado de xogadores pouco habituais (estaban Pablo e Quique) tivo que empregarse a fondo para obter os tres puntos.
Para este importantísimo e emocionante partido o Matiz Vigo chega cheo de moral tras levar unha xeira de xogo e resultados perfecta, tan só truncada polo imparable líder que parece xogar noutra división. O equipo ven de dar unhas sensacións de xogo moi positivas e incluso ante o Vanesma conseguiu plasmar o seu bo momento de xogo. Será importante que este parón non teña afectado ós nosos e que cheguen a esta recta final de campionato nun estado de forma envexable que lle permita afianzar os seus obxectivos clasificatorios, de gañar hoxe se deixaría a un rival polo descenso a 9 puntos, quedando 12 en xogo. Para este partido o MatizVigo contará con Jorge na porta, Davo, Xmon e Vare para os postos defensivos e con Emi, Pani e Yago para as posicións máis avanzadas. Serán baixa Chap por motivos persoais, e Quique e Pablo que se atopan fora da cidade olívica.
O partido se disputará na tarde do domingo ás 18:00 no pavillón do Berbés un magnífico escenario para disfrutar dun importantísimo encontro, no que os nosos deberán saír 100% concentrados para poder lograr os 3 puntos, e deste xeito comezar vitoriosos unha xornada deportiva do domingo que rematará coa disputa en Balaídos do Celta - Sevilla. Anímense todos a participar desta festa do fútbol, e xa o saben Imos que nos Imos! Imos Matiz Vigo!!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario