lunes, 16 de enero de 2012

“Gran comezo de ano” LosGamusinos 1-5 DCM


O DCM retoma a competición cun triunfo fundamental para a permanencia do equipo. Os nósos amosaron intensidade e ansias de vitoria, e así impuxéronse en todo momento ó rival, aínda que non sería ata a segunda metade cando se decantaría o encontro.
Con estes tres novos puntos, o equipo suma xa once en outros tantos partidos e afronta con optimismo o recén iniciado 2012.

A undécima xornada de liga achegábanos un encontro entre os dous últimos clasificados da división. Gamusinos, quen xa ocupa esa posición dende varias xornadas atrás, chegaba con bos números nas últimas datas e o DCM a pesares da derrota ante o Hannover, era consciente de que merecían algo máis que esa penúltima posición.
E saíron os nósos con gañas de demostralo. Presión bastante avanzada e dominio do esférico e das ocasións, aínda que sen fortuna de cara a porta.
Dous balóns á madeira tras xogadas embarulladas con Pani e Quique como protagonistas, un disparo fóra de Vare cando atopábase só ante o cancerbeiro, unha fermosa xogada individual de Emi e un lanzamento forte, cruzado e abaixo de Pablo que facía empregarse ó gardamallas rival a fondo foron as mellores ocasións dos dcmistas nesta primeira metade.


O gol era esquivo, pero ó final chegaría tras outro barullo na área, que Pablo aproveitaba para facer o 0-1.


O DCM estaba por diante e mandaba no partido, pero o resultado era moi curto. Tan curto que en calqueira aproximación o rival podía empatar. E así foi, nos últimos minutos antes do descanso, unha falta lanzada polos Gamusinos que petaba na barreira, caía rexeitada nos pés doutro atacante que facía o empate. 1-1.

Chegábase ó intermedio con todo por decidir. Pero ó DCM en lugar de afectarlle negativamente ese gol psicolóxico, saíu con máis gañas na segunda metade, conscientes de que podían e merecían levar os tres puntos.




E así, nada máis principiar o equipo anotaría por mediación de Emi tras servizo preciso de Pablo. Era o 1-2.










Non se conformou o DCM e seguíu coa súa presión avanzada. E noutro despexe erróneo dos locais, Vare aproveitaba para facer o 1-3.







Gozaría de máis ocasións o equipo nos pés de Pani, Emi e incluso Xmon animouse a sumarse ó ataque do equipo e estivo preto do gol.
Paro non se rendíu o colista, e tivo os seus mellores minutos neste instante de partido, no que superou varias veces a presión dcmista e chegou a ter, aínda que algo escorados, un par de mans a mans con Jorge, quen foi quen de resolvelos. Un tempo morto solicitado polos dcmistas apagou o ímpetu dos rivais quenes xa non voltarían a inquedar ó noso cancerbeiro.
E tras voltar do tempo morto, fermosísima xogada do equipo que remataría co 1-4. Triangulación perfecta entre Emi, Pani e Quique, e gol deste último.
Buscaría mellorar ese fermoso gol Pablo cunha xogada propia dos cracks de primeira división da liga BBVA, pegado a liña de fondo e marchando nunha baldosa do seu defensor e enviando o balón ó fondo das redes, pero o colexiado entendeu que o esférico tiña rebasado a liña de fondo e non concedeu o tanto (nas fotografías colgadas no link que se recolle ó final da crónica pode observarse como o balón non rebasa a liña).
Si conseguiría Pablo redondear o marcador nos últimos minutos facendo o 1-5.



Con esta vitoria o DCM respira e á espera de todos os resultados da xornada, o equipo subirá alomenos dous postos na clasificación.
A peor noticia e que agora os nósos recibirán ó líder da categoría, un Matamá Vel´Arte que todavía non coñece a derrota nesta tempada. Sen dúbida un partido moi complicado para seguir sumando, pero os nósos deberán tentalo con todas as súas forzas e pensar que ata o momento plantaron cara a todos os rivais da categoría.

Despedímonos ata a previa. Reciban un cordial saúdo. Grazas a afección que acompañou ó equipo neste vital encontro e grazas tamén á fotógrafa oficial.

Quedan coas instantáneas do partido

https://picasaweb.google.com/102545914651497041447/140112DCMGamusinos?authuser=0&authkey=Gv1sRgCK-PvPKv77ix2wE&feat=directlink#

No hay comentarios: