miércoles, 11 de enero de 2012

“Prato forte para principiar o ano”


O DCM reinicia a competición ligueira neste 2012 cun enfrontamento ante o colista, vital para o seu obxectivo da permanencia, non tanto no aspecto matemático (xa que quedan moitísimos puntos en xogo) pero sí no aspecto moral, e é que son este tipo de encontros os que o equipo non debe deixar pasar para sumar puntos de aquí a final da tempada.

Este enfrontamento, ademáis da vital importancia clasificatoria que ten para ambos conxuntos, trátase dun duelo entre dous equipos que comparten patrocinador. Ambos conxuntos enfrontáronse nun amigábel na pretempada, onde o DCM saíu vencedor, pero cabe destacar que o rival contaba coa baixa dun dos seus principales referentes ofensivos.
Nese partido, observouse que é un equipo que sabe facer gol con facilidade, pero tamén que comete erros defensivos que deberán aproveitar os dcmistas.
É o colista da división (aínda que cun partido pendente, que desputará xusto 24horas despois de enfrontarse ó DCM), pero iso non debe enganar ós nósos. O DCM non pode esperar un encontro sinxelo, senón que debe afrontalo como o máis complicado da tempada ata o momento, xa que ésta é realmente a súa liga. De feito, Gamusinos foi de menos a máis na tempada, e nas últimas datas acadou os 5 puntos que ostenta no seu marcador, tras vencer a Xestas e empatar con Urba e BarOCruce, obtendo así idénticos resultados que os dcmistas ante estes tres equipos, o que dá idea da igualdade entre ambos planteis.

O equipo contará para este encontro con todos os seus homes agás Yago e probablemente Chap. Jorge estará en portería, a parcela defensiva quedará en mans de Quique, Xmon e Vare, e o ataque será responsabilidade de Emi, Pablo e Pani.
Dende o clube sinálase a importancia de que todos os convocados puidesen asistir ó adestramento deste xoves, para ir creando un ambiente e unha mentalización de que este partido é moi importante para os dcmistas. Sumámonos tamén dende aquí a esa petición do clube, agardando que todos poidan facer ese pequeno esforzo. Aproveitamos tamén para recordar ós xogadores que mañá finaliza o plazo establecido pola presidencia para aboar as tasas en concepto de pavillón.

Así que xa saben, moito máis que tres puntos en xogo nesta primeira xornada de 2012. Non a perdan!!


LUGAR: Pavillón de Moledo
DATA E HORA: Sábado ás 19:00h

No hay comentarios: