jueves, 26 de enero de 2012

“Oportunidade para alonxarse do pozo” Navia FS – DCM


Esquecidos xa os parabéns recibidos polo equipo tralo seu último bo partido ante o líder da categoría, a táboa clasificatoria devolve ós nósos á terra e amosa a dura realidade de atoparse moi preto do pozo.
Nesta decimoterceira xornada, agárdonos un choque ante outro rival directo pola permanencia, o Navia FS, penúltimo clasificado a un só punto dos nósos.

Quen consiga levar os tres puntos escapará un chisco do perigo e terá alomenos unha semana de tranquilidade. Quen saia derrotado mercará moitos boletos para permanecer nos derradeiros postos da clasificación durante bastante tempo.

O DCM agarda trasladar as boas sensacións das últimas xornadas ó seu casilleiro, e é que necesita aproveitar o seu bo momento e facerse cun colchón de puntos para poder afrontar posibles a adversidades futuras (lesións, baixas...).

Para este partido o equipo podería contar con tódolos seus homes, xa que Yago regresa a terras galegas e de seguro que trae gañas de fúbol sala.

O rival é un descoñecido para os nósos, pero que seguro dará guerra ata o final.

Moitísimo en xogo nesta xornada. Tres puntos vitais para ambos conxuntos. A cita, o domingo ás 12:00horas no fermoso pavillón de bembrive. Vémonos!

No hay comentarios: