martes, 3 de enero de 2012

O DCM, campión da Copa Loiola por primeira vez na sua historia

Como xa é habitual nestas datas tan sinaladas do ano, o DCM acudiu ó torneo de inverno que se desputa no Colexio Apóstol. Dito torneo resistíaselle ó conxunto dcmista, pero tras 6 participacións, por fin conseguíu alzarse co título. Non partían os nosos coma favoritos para alzarse co torneo, equipo con moitas baixas, incluidas as de Quique e Pablo, que participaron con outro equipo, moi xusto de efectivos e sobretodo, sen porteiro.

Sen embargo, finalmente puidose contar con algún xogador que estaba en dúbida, co que o equipo (vermello onte) puido xuntar a Xmon, Pani, Emi e Yago coma representantes do DCM e Sebas coma gran fichaxe, aínda que descoñecido para a maior parte dos demais equipos.

Comezaba o torneo cun sorteo a priori benévolo para os nosos na fase de grupos. Tódalas cábalas o colocaban nas semifinais, pese a estar todavía por decidir se coma primeiros ou segundos. O sorteo deparaba o enfrontamento estrela do grupo, enfronte, unha selección de adestradores das diferentes categorías do Colexio Apóstol, porén, xa dende un principio quedou ben ás claras quén ía na búsqueda da victoria. O equipo vermello pasou por riba dos seus rivais. Foi superior en tódalas liñas, dominou o partido de principio a fin, pero non puido plasmalo no marcador. Unha auténtica exhibición sen gol, Sebas convertíase na auténtica sensación do torneo, partindo dende a posición de peche, chegando arriba. Así chegaría o único gol do partido para os nosos, tirando unha parede incluida dentro do área, e batindo por fin a Dani, un dos grandes porteiros que deu a canteira colexial. Porén, a poucos minutos do final, un erro defensivo rematou co gol do empate definitivo.

Tras este primeiro partido, o conxunto vermello tería que fixarse na golaveraxe para tratar de rematar na primeira plaza, pero as sensacións eran boas e o equipo víase superior. Así pois, o segundo encontro serviu para plasmar esa superioridade, vencendo 6-0 ó que ata ese momento era o líder do grupo A, 4 goles de Emi e 2 de Yago. O terceiro partido do dcm non chegou a desputarse debido a unha incomparecencia do equipo que non conseguirá acadar ningún punto, pero que serviu para clasificarse na primeira posición.

As semifinais foron se cadra o encontró mais igualado que tivo que desputar o conxunto dcmista, pero este equipo sabía das súas cualidades e aproveitaron que o rival saíu ó campo pensando que ían gañar fácil. Cando se quixeron dar de conta, o equipo vermello xa ía 3-0 arriba (2 de Yago e 1 de Pani) e a partires de ahí, o equipo tratou de aguantar o resultado. Recortou Pedrito con dous goles, pero mataron os nosos á contra con outro tanto de Yago.

Con cansazo acumulado por todos, chegouse á final, enfronte, outros dous integrantes do conxunto dcmista (Pablo e Quique) quenes sufriron moito para chegar á final nos penaltis e tras sete penaltis errados de maneira consecutiva por ambos conxuntos. O encontro comezou moi igualado e lento, pero tras un auténtico golazo de pani a reviravolta e de maneira acrobática marcaba o primeiro gol que aceleraba o partido. Comezou así unha sucesión de goles por ambos lados no que se amosou superior o DCM e sempre foi por diante, 10-7 o resultado final (3 de Sebas, 3 de Emi, 2 de Yago e 2 de Pani). Destacar que Quique sufríu constantes apupos da afección por vestir a camisola do rival Dcmista nesta gran final.

Ata aquí a crónica dun 2 de xaneiro de 2012 que trouxo a primeira Copa Loiola para as vitrinas Dcmistas.

Agardemos que sexa tan só o primeiro éxito do ano. Agora a pensar xa na liga regular e na permanencia.

Despedímonos ata a previa do primeiro encontro ligueiro de 2012! Boas Festas!


Crónica de"Enviado Especial"

No hay comentarios: