Se non hai sorpresa na última xornada, LaCasita será o campión da 2ªB. O DCM tentou hoxe plantar cara a un dos dous mellores equipos da división ó igual que o fixera na última xornada, pero a diferenza foi que só o conseguíu durante 43 dos 50 minutos do encontro.
Conseguírase contra Hannover, ¿por qué non contra LaCasita?. Esa era a consigna do DCM para hoxe, volver a augala festa ó outro equipo que ocupará un dos dous postos de ascenso da clasificación.
A fórmula, a mesma que o outro día. Equipo moi pechadiño atrás e a aproveitar as oportunidades á contra. De novo semellou funcionar durante moitos minutos, pero ó final, por sorte para o espectáculo, venceu o equipo que máis buscou a portería rival.
Houbo diferenzas respecto á semana pasada. E é que contra Hannover o DCM defendía igual que hoxe, moi metido no seu campo e aguantando moi ben as posicións, pero en ataque as cousas cambiaron. O outro día, non só defendíase senón que tentábase facer algo cando o balón estaba en posesión; hoxe, o balón non duraba nos pés dos nósos. As reducidas dimensións do pavillón de Balaídos, facilitaban moito a presión a toda a pista do rival. A semana pasada cando Hannover presionaba ós nósos, corría o risco de que o DCM atopase un oco e os collese fóra de sitio; hoxe iso era case imposible, xa que nun campo tan pequeno apenas hai ocos e incluso sendo capaces de superar a primeira liña de presión rival, é moi fácil recuperar a posición, por iso, o DCM non tivo nin un segundo de respiro en todo o partido, houbo que defender os 50 minutos.
As cousas poñeríanse pronto de cara para os nósos co 0-1, tras un balón roubado en medio campo que Emi servía en bandexa para Quique e este non perdoaba. E minutos máis tarde co 0-2, tras un saque de banda moi preto da liña de fondo que Yago mandaba ó fondo das redes tras un rexeite. O resultado comezaba a desesperar ó rival e fortalecía as ideas e a táctica dos nósos. LaCasita movía o balón pero non atopaba ocos, tivo só un par de boas ocasións antes de que no último minuto da primeira metade, tras un balón aéreo rexeitado por Jorge, un dos atacantes aproveitaba que o gardamallas estaba fóra de sitio para recurtar distancias. Daquela xa Pali tíñase retirado do encontro por unha mancadura o que obrigaba ó reposicionamento de Quique ou Emi coa consecuente perda en termos ofensivos e de entendemento en tarefas defensivas.1-2 e descanso.
LaCasita víñase arriba con este gol psicolóxico, pero ó pouco de principiar durísimo mazazo dos dcmistas que facían o 1-3. Quique servía un preciso balón en longo para un bo desmarque de Yago que desfacíase da súa presión e tocaba o xusto para superar a media saída do cancerbeiro. Tres saídas dos dcmistas e tres goles. O partido estaba saíndo á perfección, pero o DCM non estaba facendo méritos para levar semellante vantaxe.
Quedaban moitos minutos, e LaCasita non quería renunciar a súa posibilidade de facerse co campionato de liga. Cada vez gañaba máis metros e posesión e cada vez o DCM víase máis incapaz de ter a posesión máis de dous segundos. O lóxico era que os goles acabaran chegando, e así foi.
2-3, 3-3 e 4-3 a falta de 7 minutos para acabar de dála volta ó electrónico e amosar méritos para ser o líder da división ó remate da mesma. Co 4-3 retrocederon posicións, o que aproveitou o DCM para espertar, o partido virou por completo. Agora os nósos tiñan a posesión e atacaban e o rival defendía (pero non tan atrás e con maior intención de robar balóns e facer algo ofensivamente que anteriormente o DCM). Yago primeiro e Quique despois tirarían sendos balóns ó pau, e aínda chegaría unha clara ocasión máis, pero o empate non chegou e LaCasita sentenciou nunha contra facendo o 5-3.
Escapábase o encontro, escapábase a segunda badalada da que falaba Xaime na previa. Estivo preto, pero escapou ó final.
Non puido ser, o equipo tentouno, amosou profesionalidade unha vez máis (queríase devolver ó Hannover o que se lle tiña quitado o outro día) pero ó final LaCasita venceu, asegura a súa praza de ascenso e se vence na derradeira xornada ó FutasNieves será campión da división.
O DCM debe sacar en limpo que a idea defensiva é moi boa, pero para gañar os partidos hai que facer algo máis que defender. É a base do xogo, pero unha vez recuperado o balón hai que tentar chegar á portería rival.
De tódolos xeitos, moi boa imaxe do equipo nestas últimas dúas xornadas ante futuros “primeiras división”, o que semella un intento de presentar candidatura para pelexar polo ascenso a próxima tempada.
Felicitar a Hannover e LaCasita polo ascenso e a afección por voltar a acompañar ós nósos nestas últimas xornadas.
A competición remata cun DCM – ParquetsCorcoba que agardemos sirva para deixar un bo sabor de boca e facer de guinda para unha gran primeira tempada nesta 2ªdivisión.
Reciban un cordial saúdo!

No hay comentarios:
Publicar un comentario