Segundo informa a Agrupación Deportiva Vigo, dentro da súa sección na páxina da Fundación Vigo Deporte (VIDE), abriuse xa o prazo para a reserva de praza de cara a vindeira temporada.
O aviso de VIDE sinala o seguinte: "Recordamos a todos os equipos da presente tempada que o próximo 19 de xuño finaliza o prazo para a reserva de praza para a tempada 2010/11."
O Deportes Carlos Miguel F.S. ten a intención de facer uso do dereito de reserva de praza, e desta maneira saír a competición por quinto ano de maneira ininterrompida. Para o vindeiro ano quedan abertas moitas interrogantes no plano económico, porén, no aspecto deportivo parece que o máis probábel é que a maioría do equipo continúe no club e incluso non se descarta que os 9 integrantes do DCM sexan os mesmos que os de esta temporada, co cal sería o cuarto ano sen alteracións no equipo, o que sen dúbida contribuiría a seguir perfeccionando o marcado estilo de xogo e compenetración entre os xogadores DCM'istas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario