miércoles, 3 de febrero de 2010

O DCM estáncase na zona morna da táboa antes de recibir a un Corcoba en crecemento


O DCM cae ata a sétima posición tras unha bagaxe moi negativa nas últimas xornadas, nas que o equipo branquiazul tan só foi quen de conseguir 1 vitoria nos 4 últimos partidos disputados, onde tamén rescatou un empate ante o Decoraciones Costas, equipo ó que precede na táboa clasificatoria.


Zona Alta: Trala xornada do pasado fin de semana, os 4 primeiros distáncianse un chanzo dos seus perseguidores aproveitando as súas vitorias. O Hannover venceu con contundencia no seu compromiso fronte ó Frutas Nieves o que lle fai rematar a primeira volta (xa que na vindeira xornada descansa) coa frioleira de 35 puntos, ó tan so ceder dous empates e unha derrota. Séguelle de preto o Ponte a Pintar que tras derrotar a un rival directo como o ACP está en disposición de rematar a primeira volta con 32 puntos, é dicir, tan só 3 menos que o Hannover. tan so un punto do Ponte está La Casita, quen aproveita a súa vitoria ante o DCM para afianzarse na terceira praza e abrir unha distancia de máis de un partido respecto ó 5º clasificado. Cuarto é o Pers quen tamén se afianza na zona nobre da táboa ó gañar ó Bar Kuvi.


Zona Morna - Alta: Un chanciño por debaixo atópanse o ACP Sport, o Parquets Eloy e o DCM. Destes 3 equipos so foi quen de gañar o seu partido o Parquets Eloy, que conseguir desfacerse do Birraleal por 2-5. Tanto o ACP como o DCM que tiñan enfrontamentos con rivais da zona alta da táboa non foron quen de puntuar o que lles afasta un pouco, aínda que non definitivamente, dos postos máis sobranceiros.


Zona Morna - Baixa: A máis dun partido do DCM que é quen pecha esa segunda parte da táboa clasificatoria (zona media - alta), atópanse os equipos da zona medio- baixa que son o Decoraciones Costas, o Frutas Nieves, o Bar Kuvi e o Pizarro. Destes equipos so foi quen de puntuar e gañar o seu partido o Pizarro que grazas a súa vitoria ante un rival directo como o Aceron, pon terra de por medio cos postos de descenso ós que avantaxa en 5 puntos.


Zona Baixa: Uns postos de descenso que comanda o Parquets Corcoba que está a remontar a pasos axigantados postos na táboa clasificatoria, cunha traxectoria que xa analizaremos máis polo miúdo na previa, e que esta semana desfíxose dun duro rival como é o Decoraciones Costas no tempraneiro partido que disputaron ambos o Domingo ás 9 da mañá. Debaixo do Parquets Corcoba aparece o Aceron que tras perder o seu partido co Pizarro ve como se afastan os postos que garanten a permanencia na segunda división "B", e terá que pisar o acelerador na segunda volta (e no partido que queda da primeira) se quere salvar a categoría. Tamén perdeu o seu partido o Birraleal (como xa dixemos con Parquets Eloy) e pecha a táboa clasificatoria un Vinoteca A Laxe ó que lle tocaba descansar esta xornada.


Así está a táboa clasificatoria a tan so unha xornada do remate da primeira volta, unha clasificación que aínda que perdeu igualdade segue a estar moi apertada, xa que en menos de dous partidos calquera equipo pode trocar de grupo na táboa clasificatoria.

No hay comentarios: