O DCM sufre a segunda derrota consecutiva (4º da tempada) ante un equipo serio e ordenado que pelexará polos postos de ascenso á máxima categoría.
As verbas dunha afeccionada do equipo ó remate do encontro de hoxe resumen claramente a situación actual do equipo: "nos gusta que ganéis, pero hoy me fui contenta que al final lo hicisteis muy bien, se os vio con ganas y aun encimas marcais goles!!!, otros años era más aburrido; pero tenéis mala suerte, parecéis el Celta".
As verbas dunha afeccionada do equipo ó remate do encontro de hoxe resumen claramente a situación actual do equipo: "nos gusta que ganéis, pero hoy me fui contenta que al final lo hicisteis muy bien, se os vio con ganas y aun encimas marcais goles!!!, otros años era más aburrido; pero tenéis mala suerte, parecéis el Celta".
Son as sensacións dunha afección moi crítica durante todos os anos de historia do clube, que falaba de sopor e aburrimento cando o seu equipo estaba líder e loitando polo ascenso na 3ªC, cando sumaba victoria tras victoria, e agora que o seu equipo perde, desfruta nos encontros e premia ós xogadores con boas palabras ó remate dos mesmos.
É a mesma sensación que os siareiros do celta teñen cando ven ó equipo de Eusebio en Balaídos, o Celta perde, pero moitos quedan con este celta e non co celta gañador de Fernando Vázquez... o fútbol é así.
Certo é que se o DCM conseguíu un ascenso e foi campión foi grazas a súa implicación defensiva, o seu xogo serio, con poucas florituras e escaso de vistosidade, pero moi efectivo e moi adecuado para o seus xogadores. Pero a sensación da afección tamén era a sensación de boa parte do plantel e da directiva, o equipo gañaba, pero buscábase algo máis. Este ano o equipo principiou temeroso, pero iso durou unha xornada, un primeiro partido que foron derrotados polo ParquetsEloy pola mínima tras estar a piques de conseguir un empate; perdeuse e recibíronse moitas críticas. A partires de ahí, o equipo decidíu soltar (en certa medida) a melena. Sae a xogar ós encontros de ti a ti, sen importarlles quen está enfronte. O primeiro clasificado ou o último...
Haberá opinións para todos os gustos. Semella o ano ideal para desfrutar, para saír sen presión, para xogar de ti a ti, o descenso está relativamente lonxe, o ascenso non era o obxectivo... "desfrutemos", pareceron pensar dende o clube.
Pero estas dúas derrotas cicáis fagan replantexar esta idea. O adestrador xa dubidou con pechar o equipo atrás para este partido trala derrota do Hannover. Ó final non se fixo, e non só iso, senón que as circunstancias leváronlle a xogar cun só defensa puro (na vindeira semana, a baixa de Vare pode provocar a mesma situación). Non sabemos que pasará no futuro... qué DCM veremos... agora toca gañar na seguinte xornada sexa como sexa e despois xa se verá.
Consecuencia de ese plantexamento atrevido, foi o encontro de hoxe. O DCM dominou, creou moitas ocasións, pero unha vez máis recibíu 3 goles antes do descanso. A defensa en toda a pista os converte nun equipo fráxil en defensa, pero máis alegre en ataque; pero iso conleva un gran risco, e o equipo o está a pagar nos últimos encontros. Comezar perdendo por 0-3 é unha losa moi pesada. Aínda así non se baixan os brazos... é o que ten xogar de ti a ti... en calquera momento podes atopar o gol. Hoxe non se conseguíu marcar nos primeiros 25 minutos, e con 3 ou 4 achegamentos LaCasita mandaba cun claro 0-3.
Mesma idea na segunda metade, pero cun rival tan ben prantado e coas ideas tan claras, só servíu para maquillar o resultado. Marcaron Vare, Quique de penalti e Yago. Errouse un dobre penalti e moitas ocasións claras. Non puido ser. Nova derrota e a pensar no seguinte partido. E a pensar tamén en qué DCM queremos ver, o serio pero efectivo, ou o alegre pero arriscado.
A resposta nos vindeiros encontros.
A vindeira semana remata unha primeira volta que sen dúbida hai que calificar como "moi boa" para os nósos, que agardaban estar pasando moitos máis apuros a estas alturas, e sen embargo, con pouco que se sume na 2ªvolta, o obxectivo da permanencia estará conseguido. Mais agora súmase o obxectivo de mellorar, para poder dar un salto cualitativo de cara o futuro.
Reciban un cordial saúdo.
Grazas unha vez máis á nosa afección, e a os seareiros esporádicos do Hannover que apoiaron hoxe ós nósos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario