domingo, 14 de febrero de 2010

"O Cambio de rumbo tampouco deu resultado" ParquetsEloy 2-0 DCM

Ante as últimas tres derrotas consecutivas e ante a sangría de goles recibida neses encontros, o DCM tentou curtar de raíz os problemas defensivos cun novo plantexamento ante un Eloy que non tivo problemas en aceptar o tipo de encontro proposto polos dcmistas e agardar con paciencia para aproveitar dúas accións illadas do seu home de máis calidade e levar os tres puntos en xogo. Partido serio e traballado de ambos equipos pero unha vez máis a balanza cae do lado do Parquets.

Primeira xornada da segunda volta a desputada no campo de Manuel Antonio e dirixida polo colexiado Moreno. Os nósos chegaban ó encontro con importantes baixas pero con 6 xogadores na convocatorio, número que algúns entendidos destas competicións consideran como ideal para afrontar un encontro deste tipo.
A consigna era clara, esquecer a presión a todo o campo e defender en bloque para buscar as contras como forma de ataque. Un dos obxectivos do cambio de táctica conseguíuse, curtouse a sangría de goles que o equipo estaba a recibir nos inicios dos encontros, e non só iso senón que durante moitos minutos defendeu sen problemas a un Parquets Eloy que acumulaba moita posesión pero era incapaz de facer dano á tupida defensa Dcmista. Ademáis os homes de Ratckovic dispuxeron de boas ocasións en forma de saque de esquina nesta primeira metade na que ata en catro ocasións os seus dianteiros remataron en posición moi favorable pero sen atopar porta.
A falta de poucos minutos para o remate desta primeira metade, o Vasco, facía un gran movemento técnico para desfacerse da súa marca e tirar cruzado dende a frontal da área para marcar un primeiro gol a rentes do pau da portería defendida por Jorge. 1-0. O partido complicábase para os nósos, pero éstes sabían que non o estaban a facer de todo mal, a defensa era moi boa e as ocasións aínda que moi contadas pero estaban a chegar.

Así que saíuse á segunda metade coa mesma intención. O cansancio comezaba a facer mella nos branquiazuis, pero éstes aínda terían un par de boas ocasións con balóns en longo nos que erraba o defensor e Quique quedaba en mans a mans co gardamallas rival que mostrouse moi concentrado todo o encontro e solventou con rapidez ambas ocasións. No bando contrario, o Parquets non ía a perdoar, e de novo Vasco aproveitando un erro e resbalón do reconvertido a defensor Emi, batía a Jorge para facer o segundo. 2-0 pero aínda moito tempo por diante. O DCM tentou arriscar un chisco máis pero as forzas estaban xa moi xustas. Aínda así o equipo tería ocasións. A máis clara nas botas de Quique que lanzaría un penaltie a escadra da portería rival e tras petar no ferro o balón marchaba fora. Ahí esvaecíanse as esperanzas dun DCM que o tentou, deu imaxe de equipo serio pero ó que lle faltou chispa para acompañar as contras e crear máis perigo arriba.


En definitiva, o DCM recuperou a seriedade defensiva, pero agora necesita conxuntala con máis velocidade e máis frescura nas labores ofensivas. A tarefa e compricada e vai esixir moito ós xogadores, mais os retos están para superalos e de seguro que os nósos teñen gañas de superar este reto.

Na vindeira xornada o DCM recibe ó PersUnited, un dos candidatos ó ascenso, polo que será un rival moi complicado para romper esta racha negativa de catro derrotas seguidas, mais de seguro que o equipo o vai tentar con toda a súa alma.

Reciban un cordial saúdo e ata a vindeira semana!

No hay comentarios: