sábado, 6 de febrero de 2010

Un DCM escaso de efectivos recibe a un Corcoba en efervescencia

Moi boa semana, benqueridos lectores, atopámonos outra semana máis nas vésperas dun emocionante partido desta igualada e entretida segunda división grupo "B".

Por mor dos exames esta previa vai ser un pouco máis curta do habitual, se ben é necesario precisar que será a última previa afectada por estes contratempos, polo menos ata ben entrado Abril ou Maio.

Sen máis dilación vamos falar un pouco do partido que nos agarda esta fin de semana. Un DCM estancado que está a pasar a peor xeira de resultados dende que comezou a temporada, recibe a un Corcoba que está a resucitar neste fin da primeira volta, e está cada vez máis preto dos postos que garanten a salvación de categoría.

O Parquets Corcoba nos últimos 6 partidos ven de gañar 3 (Vinoteca a Laxe, Birraleal e Decoraciones Costas) empatar 1 (fronte ó ACP por 2-2) e perder 2 (precisamente contra os dous compañeiros de ascenso do DCM, caeu 2-9 co Aceron e 5-2 contra o Bar Kuvi). É dicir nos últimos 6 partidos disputados conseguiu 10 puntos de 18 posíbeis o que non está nada mal tendo en conta o inicio de campaña que protagonizou o Corcoba e é que perdeu os 7 primeiros partidos de liga (precisamente até o partido fronte ó Vinoteca a Laxe).

Para facer unha comparativa da evolución dos dous equipos vexamos os últimos 6 partidos do DCM. Pois ben os branquiazuis cravan as estatísticas do Corcoba, xa que gañaron 3 partidos (Bar Kuvi, Birraleal e Frutas Nieves), empataron un (contra o Decoraciones Costas) e perderon 2 (contra o Hannover e La Casita) é dicir 10 puntos de 18 posíbeis. A gran diferenza está en que nos dous últimos partidos o DCM perdeu os seus compromisos namentres que o Corcoba sumou 6 puntos de 6.

Polo tanto con estes estados de ánimo se presentan os dous equipos para competir mañá no Pavillón de Manuel Antonio. Un pavillón onde o DCM vai ter serias dificultades para obter unha vitoria xa que chega ó partido moi tocado polas baixas e é de prever que tan só conte con 5 xogadores para afrontar ó partido. Ademais as baixas non afectan a todas as liñas por igual xa que a máis castigada e a defensa onde o equipo DCM'ista tan so contará con 1 xogador que é Pali. As baixas que ten o equipo polo tanto son, as xa habituais de Chap e Xmon, a de Vare (de viaxe) e a estas 3 é posíbel que se lle engada a de Yago por motivos profesionais, é dicir 4 baixas nun equipo de xogadores, algo que comeza a ser xa bastante habitual nestas alturas do ano, xa que o pasado ano o equipo tamén tivo serios problemas para pechar as convocatorias, e é que o DCM está a xogar con fogo e algún imprevisto pode facer que se queime e gravemente.

Todo isto fai que o 5 inicial sexa bastante predicíbel, pero non tanto as posicións que van a ocupar os diversos xogadores, en principio parecía probábel que Quique ocupase un posto na defensa, pero ante a ausencia de Yago e probábel que Arrigo Ruiz (encargado de dirixir o encontro ante a baixa de Ratckovic Varela) prefira xogar cun 9 nato, e retrasar a posición de Emi. Para que Pani ocupe a medular. Tamén non é descartábel que haxa variación de postos ó longo do partido, especialmente se as cousas non funcionan.

Amigos xa o saben, mañá ás 13:00h en Manuel Antonio (Meixoeiro) P.Corcoba - DCM, na derradeira xornada da primeira volta e que pode afundir moralmente ó DCM se non é quen de vencer, pero que en caso de obter a vitoria pecharía unha primeira volta para enmarcar na que o equipo cumpriría de lonxe as perspectivas máis optimistas e comezaría a segunda volta instaurado na zona nobre da táboa clasificatoria.

Aliñación Probábel

-------Jorge-------

--Emi-------Pali---

------Pani---------

------Quique------

Banco: Yago ou ninguén

No hay comentarios: