lunes, 23 de febrero de 2015

X.18 “Un meritorio empate” MATIZVIGOFS 4-4 ENDULCO


O Matiz conseguíu sumar un punto ante o todopoderoso Endulco, truncando así a xeira de dez vitorias consecutivas do seu rival, e sendo o único equipo (xunto co Vanesma), capaz de sacar algo positivo no seu enfrontamento ante o Endulco. Sen dúbida, este tropezo do 2º clasificado, dificulta moito as súas opcións de desputarlle o título ao que semella un imbatible Vanesma. Para os nósos, o punto ten máis valor moral que clasificatorio, aínda que permite seguir loitando por manter esta prestixiosa terceira posición.

O encontro pertencente á 18ª xornada, desputouse en Coia baixo a batuta do colexiado Jorge. Foi un partido moi limpo, no que o trencilla apenas tivo que intervir.
Ao igual que na ida, o encontro non tivo nada que ver co que se podía agardar vendo os números de ambos conxuntos. E é que os dous equipos destacan por ter unhas boas cifras defensivas, pero ao igual que no encontro de ida, os goles chegaron moi cedo, precipitándose uns detrás doutros.
Ademáis, ambos equipos estiveron mellor en facetas ofensivas que en defensivas. De feito, o Matiz sufríu moito en defensa posicional, o seu punto máis forte, ante o bo e combinativo ataque rival. E o propio Endulco, tamén víu como varios erros defensivos graves, permitíanlle ao Matiz sacar este empate.

O 0-1 chegou dese xeito. Defensa do Matiz posicionada, pero erro á hora de tapar o lanzamento rival dende fóra da área; potente tiro raso que Jorge non era quén de deter.
Pero pronto reaccionaban os nósos. Boa xogada de Vare, que iniciaba o ataque dende campo propio, tiraba a parede cun compañeiro e rachaba a defensa rival coa súa incorporación dende atrás, recibindo e anotando dende banda dereita 1-1. 
E intres despois, o Matiz lograría pórse por diante no electrónico, con gol de Yago, quen con gran olfato goleador recollía un disparo desviado e superaba ao gardamallas rival 2-1.
Ese gol espertou todo o potencial do Endulco, que comezou a combinar, a moverse con e sen balón e o Matiz non soubo contrarrestar ese xogo. Estiveron moi incómodos os nósos, mal colocados e precipitados e así chegarían o 2-2 e o 2-3.

No inicio da segunda metade, seguíu sufrindo o equipo olívico, pero grazas a un grave erro do rival conseguiría igualar de novo o encontro. Foi nunha cesión cara atrás, que collía ao Endulco descolocado, deixando a Emi só no man a man co porteiro, para facer o 3-3.
De novo o Endulco tomou as rendas ata conseguir o 3-4, nun bo movemento do seu dianteiro pivot que enganaba á defensa maticista e superaba a Jorge.
Pero o Matiz non se rendeu. Seguíu traballando, e nunha boa presión a todo campo, Vare lograba curtar un balón que lle caía a Pani, para que éste, tras un gran control, servise para que Davo chegando dende atrás convertirse o 4-4 definitivo.
Todavía tería o Matiz dúas magníficas oportunidades para gañar o partido, pero non logrou convertir.

Xusto empate ao final, nun encontro no que o Endulco foi superior, pero que rematou dando por bo o punto ante un Matiz que nunca lle perdeu a cara ao partido e puido levar a vitoria nos intres finais.

sábado, 21 de febrero de 2015

X18: Matiz Vigo FS Vs Endulco. Difícil pero Posible.

Moi bos días/tardes/noites queridos lectores

En primeiro lugar pedir desculpas pola non publicación da previa a semana pasada por motivos alleos a nosa vontade. Nos atopamos esta semana para analizar o que vai ser a terceira xornada da segunda volta da competición, ou o que é o mesmo a décimo oitava xornada de liga.  

Tras unha goleada primorosa a pasada semana ante o Catacroker United por 1-11 a favor dos nosos, que lle serviu para mellorar a súa confianza, e para incrementar os seus datos de golaveraxe, esta semana recibe a un duro rival, o Endulco, quen tan só perdeu un partido no que vai de temporada e que foi ante o líder da competición o Vanesma Peluqueras. 

O Endulco conta polo tanto con 16 vitorias e 1 derrota, con 79 goles a favor e 29 na contra, uns números que amosan a dificultade do envite que os nosos deberán superar esta xornada. Na ida o equipo maticista caeu por 5-1 no pavillón municipal de Balaídos, froito dun moi mal comezo onde o Endulco foi quen de pór terra de por medio. Aínda que o Endulco demostrou ser un equipo moi potente nese partido, tamén deixou a sensación de que si non fora por ese comezo de partido tan desigualado o Matiz Vigo podería ter sacado algo positivo dese encontro. 

Precisamente para sacar algo positivo neste partido, o Matiz Vigo non podería chegar en mellor momento, tras unha vitoria clara e contundente, e cunha convocatoria folgada que lle permitirá facer as rotacións que sexan necesarias para manter con frescura ó equipo. Clave será que os nosos teñan claro que deben saír dende o primeiro minuto totalmente concentrados no partido, para evitar que aconteza un inicio similar ó da primeira volta. Para isto o Matiz deberá ser o das mellores xornadas de Vigo en Xogo, onde amosa a súa capacidade defensiva e a súa habilidade para tocar o balón cando é necesario. Son moitos os antecedentes onde o Matiz foi quen de superar a equipos que estaban lonxe na táboa clasificatoria, máis lonxe do que o está o Endulco. En primeira división foi quen de converterse en xuíz da liga empatando co primeiro clasificado, e buscando precedentes non tan afastados, cómpre salientar o rendemento que deu o equipo este ano no torneo de Baiona onde foi quen de superar ó gran favorito para facerse co título do torneo, con tan só 5 xogadores sobre o terreo de xogo, un deles lesionado. Tamén quedarán para a retina partidos épicos como o de fai 3 xornadas ante o Cafetería Zaida onde a pesares de ser 5 xogadores o equipo foi quen de sacar todo o fútbol que ten nas súas botas. 

O Matiz Vigo, chega a este partido como terceiro clasificado con 10 vitorias, 3 empates e 4 derrotas con 53 goles a favor e 40 na contra. Avantaxa en máis dun partido ó cuarto, quinto e sexto clasificado, pero hai que ter en conta que estes equipos teñen un encontro menos por mor dos adiamentos da pasada xornada. A convocatoria para este partido será a formada por: Jorge na porta, Xmon, Chap e Vare para a zona defensiva e Emi, Pani e Yago para os postos de ataque, como valioso comodín se atopará Davo. Son baixa polo tanto para este partido Pablo e Quique que debido ás súas estancias fora da cidade tan só poderán estar en partidos puntuais durante o campionato. Importante como xa dixemos que o equipo manteña a concentración dende o primeiro minuto, e saque a relucir tódalas súas armas posicionais para intentar superar ó Endulco.

O partido se disputará nun moi bo pavillón como é o de Coia, na Avenida de Castelao ás 16:30h do domingo 21/02/2015, unha boa hora para gozar dunha deportiva sobremesa para todos os seareiros, e para que arenguen ó noso equipo neste difícil partido. Xa o saben Imos que nos Imos! Imos Matiz Vigo.

miércoles, 18 de febrero de 2015

“Festival de goles” CatacrockerUd 1-11 MatizVigoFs

 
A 17ª xornada ligueira, desputada na fin de semana do Entroido, foi celebrada polos Maticistas cun festival de goles que pasa a formar parte das maiores goleadas a favor da historia do clube.

O Matiz chegaba ao encontro ante o sétimo clasificado con algunhas dúbidas, trala derrota e o mal partido realizado ante o CampingCangas. A convocatoria foi moi similar, Xmon entrou no sitio de Chape, e Jorge, Vare, Davo, Emi, Pani e Yago repetiron.

Desputouse no pavillón de Teis baixo a batuta de Eladio.
Antes do inicio do encontro as cousas non pintaban demasiado ben. Jorge esquecía parte da equipación e tiña que regresar as présas, chegando xa sen tempo para quecer. Ademáis, o rival vestía equipaxe negra, polo que os nósos tiveron que reemplazar a súa vestimenta; por sorte, todos cumpliron levando ambas equipacións.

O Matiz comezou mandando no xogo dende o primeiro instante, e moi cedo atoparía o primeiro gol. Chegaría nunha falta botada por Emi con celeridade aproveitando o despiste rival cara Vare, quen recibía sen marca en banda dereita e anotaba con forte chut polo primeiro pau, 0-1. A xogada foi moi discutida polos locais, xa que entendían que a falta non estivo correctamente sacada.
Pero nada máis sacar de centro, o Catacrocker conseguiría o 1-1, nun tiro lonxano e sen aparente perigo, pero que sorprendía a un Jorge frío.
O Matiz retomaría pronto a vantaxe cunha triangulación entre Emi, Vare e Pani, para que éste último fixese o 1-2.
Ao descanso, as sensacións eran de claro dominio e superioridade do Matiz, que estaba a realizar un moi bo encontro, con xogo combinativo, pero marcador moi axustado.

Mais na primeira xogada do segundo tempo, os nósos ampliarían a vantaxe cunha gran acción individual de Xmon e o segundo gol de Pani, 1-3.
Ese gol fixo que os locais, baixaran incomprensiblemente os brazos. Quedaban moitísimos minutos por diante, mais os catacrokienses borráronse por completo do encontro.
Iso foi aproveitado polo Matiz para darse este festín de goles, encabezado por un Pani en estado de graza dende fai varias xornadas e en especial nesta, na que conseguíu 6 goles. A destacar un de vaselina dende fóra da área.
Tamén anotaron Yago e Emi en dúas ocasións cada un e Xmon, que marcaba o seu primeiro tanto do campionato, neste novo intento de regreso aos terreos de xogo tralos seus continuados problemas de nocello. Gran noticia a súa volta!

Así chegouse a ese 1-11 final.
Día de festa para o Matiz, que prepara xa o choque desta semana ante o 2º clasificado, coa intención de rachar con esta xeira de vitoria e gran xogo con derrota e mal partido que está a alternar nas últimas xornadas.


Reciban un cordial saúdo.

lunes, 9 de febrero de 2015

X.16 "Un frouxo Matiz non pode co CampingCangas" MATIZVIGOFS 1-3 CampingCangas


Mal inicio da 2ª volta para os nósos. Como xa pasara semanas atrás ante o Caf.Danais no Pavillón do Calvario, o Matiz tivo de novo un mal día, deses nos que o equipo está pesado, lento, cansado e sen chispa, e nesas circunstancias cando enfronte se atopa cun rival que aplica intensidade ao partido, o Matiz leva todas as de perder.

No encontro de onte o CampingCangas superou aos nosos en moitas das facetas do xogo. Os campistas fixeron un partido máis que correcto, e xogando sempre a ese nivel, non deberían ter problemas para salvarse. Dos nósos, tan só Pani amosou o ritmo que o partido requería.
No encontro primaron máis as defensas que os ataques. Ningún dos equipos arriscaba en exceso, mantendo sempre os seus posicionamentos defensivos, e deixando sempre varios xogadores por detrás do balón. Aínda que custoulle, o Matiz foi quen de crear algunhas boas ocasións de perigo, pero non anotou en toda a primeira metade. Pola contra, os campistas si lograrían converter unha das súas escasas ocasións. O gol chegou nun ataque estático, sen aparente perigo, coa defensa do Matiz colocada, un dos atacantes rivais recibía o esférico na frontal da área, e aínda que Vare atopábase posicionado tentando tapar o disparo, faltoulle intensidade nesa defensa, deixándolle demasiado tempo para atopar o oco, xusto por debaixo das pernas do nóso defensor e anotar pegadiño ao pau da meta de Jorge. 0-1.
Mellorou o Matiz nos minutos finais da primeira metade, onde por momentos foi quen de acelerar o seu ritmo e crear problemas aos rivais.

A cousa pintaba ben con esa mellora na actitude e co gol do empate co que se atopou o equipo ao regreso do descanso. Tras unha boa xogada fallida en primeira instancia, un erro defensivo do rival daba unha segunda opción e Pani non perdoaba. 1-1.
Pero o gol foi só un espexismo. O Matiz estaba de novo falto de intensidade, moi lento e pesado, sen chispa.
O CampingCangas dominaba a posesión e arrinconaba aos nóso na área. Tentou curtar a dinámica o Matiz cun tempo morto, pero non funcionou. Tras voltar á pista, chegaba o 1-2.
E xa co Matiz descolocado buscando o empate, chegaría o 1-3, nunha boa acción do ataque rival que rompía á defensa olívica.

O CampingCangas cometería a 5ª falta e incluso o Matiz gozaría dun man a man para recurtar distancias, pero non era o día dos nósos.
Non se movería o marcador pero sí chegaría o 2º cartón amarelo da tempada tras revolverse Emi dende o chan (previamente o Matiz tiña reclamado un penalti e outras dúas faltas cometidas sobre o propio Emi que o colexiado non considerou asubiar).

Toca pensar xa no vindeiro encontro. O equipo debe mellorar o seu ritmo de xogo, ou seguir agardando que o do rival sexa todavía máis baixo que o seu. Ata entón reciban un cordial saúdo.

domingo, 8 de febrero de 2015

X16 Matiz Vigo FS Vs Camping Cangas. Comeza a Segunda Volta

Moi bos días queridos lectores nos atopamos unha semana máis nestas liñas para analizar o que vai ser o comezo da segunda volta co campionato para o Matiz Vigo.

Para iniciar esta andaina, o equipo se enfrontará ó Camping Cangas, rival ó que superou na primeira volta tras un partido moi axustado no campo de Candeán. Naquel partido un Matiz Vigo con moitas dúbidas do rendemento que podería dar esta temporada, comezaba perdendo o partido por 0-1. O Camping Cangas tirou de oficio e comezou con constantes perdas de tempo que a piques estiveron por sacar do partido ó noso equipo, porén, o Matiz estivo moi serio no campo e finalmente o que acabou por desesperarse foi o equipo rival que rematou cun expulsado por dobre cartón amarelo, por unha protesta e por obstaculizar un saque de banda. O Matiz finalmente foi quen de darlle a volta ó marcador e comezar deste xeito unha impresionante primeira volta, onde a pesar das numerosas baixas tan só perdeu contra o primero, segundo e cuarto clasificado. O Camping Cangas é nestes intres sexto clasificado con 7 vitorias, 4 empates e 4 derrotas. COnta con 37 goles a favor e 34 na contra, e suma por tanto un total de 25 puntos. Pola súa banda o Matiz Vigo chega a esyte partido con 9 vitorias, 3 empates e 3 derrotas, o que lle permite ocupar a terceira posición con 30 puntos, e aventazando e 5 ó Camping Cangas e en 9 ó Avispas de la Arena que é o equipo que marca os postos de descenso esta temporada. Pola súa banda o cuarto clasificado o Cafetería Danais segue moi de preto ós nosos, con 27 puntos.

O Matiz Vigo chegará a este partido coa baixa de última hora de Xmon quen por mor de compromisos persoais non poderá acudir ó partido. Tamén son baixa Pablo e Quique que non se atoapn na cidade esta fin de semana. Por tanto a convocatoria será a de Jorge na porta, Vare, Davo e Chap para a zona defensiva e Emi e Pani para os postos ofensivos. Coa dúbida de se Yago chegará a tempo para o partido.

O Matiz que ven de xogar un dos mellores encontros do que vai de competición, nun partido onde se demostrou a si mesmo, que tamén pode levar o peso do partido en circunstancias adversas (con tan só 5 xogadores), debe saír ó partido coa máxima concentración posible para intentar levar a iniciativa do partido dende o primeiro minuto, e deste xeito evitar ter que remar contracorrente como aconteceu na primeira volta.

Estamos seguros de que se o equipo mantén o elevado nivel do último partido, poderá superar ó Camping Cangas, e comezar co bo pé unha ilusionante segunda volta, que siga demostrando que o Matiz é un dos equipos punteiros nesta categoría a pesares das numerosas baixas coas que contou na competición.

O partido este domingo día 08/02/2015 no pavillón de Bembrive ás 16:00. Imos que nos Imos! Imos Matiz Vigo!.

lunes, 2 de febrero de 2015

X15. “Recompensa ao compromiso” MATIZVIGOFS 4-0 Caf.Zaida



O Matiz pecha a primeira volta desta tempada 2014-2015 cunha nova vitoria e sobretodo cunha gran recompensa ao compromiso amosado polos xogadores nestas primeiras 15 xornadas, e é que no encontro de onte os nósos desfrutaron xogando, atopáronse cómodos, gustáronse e leváronse tres novos puntos, fermosos goles, e unha gran dose de satisfacción que vén a premiar os esforzos realizados nesta primeira volta, onde as baixas dificultaron a travesía do equipo, pero o compromiso e o esforzo amosado por todos, merece a pena por encontros como o de onte.

Con tan só 5 efectivos chegaba o equipo a esta 15ª xornada desputada no pavillón de Coia. O rival, o Caf.Zaida, 9º clasificado. Todo semellaba que sería un duelo moi complicado e moi longo para o Matiz, pero o saber facer dos nósos trocaría radicalmente o agardado.
Tan só nas dúas primeiras xogadas do partido, o Zaida collería descolocado ao Matiz, pero a partir de entón os nósos tiraron de experiencia e de saber facer.
Certo é que o rival concedeu facilidades ao Matiz, deixándolle xogar e sen presionar a saída de balón, pero ao contrario do que sempre se di deste equipo, onte os nósos desfrutaron asumindo posesións longas, facendo xogadas, movendo o balón...
E todo foi máis sinxelo cando a saída dun córner botado por Vare, Emi revolvíase magníficamente na área rival para enganar ao gardamallas cun lanzamento polo primeiro pau. 1-0.
O segundo chegaría tras unha acción que reflicte a confianza que os nósos tiñan en sí mesmos no encontro de onte. Emi sacaba o balón dende campo propio para o desmarque de Vare, quen recibía de costas, e nunha acción máis propia dun atacante que do nóso “5”, éste era quen de protexer o esférico, xirarse e marchar por banda do seu defensor, quen tentaba curtar a acción en falta, pero o colexiado outorgaba a lei da vantaxe, o que permitiu a Vare encarar ao gardamallas e ter tempo para ver a magnífica chegada de Pani por banda contraria, quen con confianza acompañaba a acción e chegaba con tempo suficiente para enviar ao fondo das redes o balón servido polo seu compañeiro. 2-0.
E máis mostras de xogar desfrutando e sen presión no terceiro gol, onde os nósos catro xogadores de campo atopábanse preto da área rival, e tras mover o balón coa calma suficiente e desmarcándose para atopar espazos lograrían un fantástico tanto. Nesta xogada, Davo tirou un bo desmarque que permitiu a Emi atopar a Vare en banda esquerda e a éste atopar a súa vez a Pani desmarcado nas costas da defensa rival, quen tras quedar de costas ao cancerbeiro, tirou de recursos e anotou co calcaño. 3-0.

Na segunda metade o Matiz baixou bastante o ritmo, porque vía que o encontro non perigaba. Ademáis, cando o equipo non tiña saída, Emi mostrouse como un auténtico comodín, sendo quen de controlar balóns imposibles, baixalos á pista e marchar dos rivais. Pani e Vare tamén traballaron arreo buscando desmarques que deran saída ao equipo e Davo amosouse segurísimo todo o encontro. E nas escasas ocasións que o equipo errou, Jorge respostou de manera extraordinaria, sacando máis dun e de dous mans a mans, estando moi atento nas saídas e ofrecendo tamén a opción do balón en longo.
A guinda chegaría xa nos intres finais, nunha nova xogada de todo o equipo, na que cicáis coa fortuna necesaria nos días nos que todo sae ben, en área contraria Pani era quen de tocar para Vare e éste a su vez, completar o seu póker de asistencias no encontro de onte, deixando en bote para a chegada de Davo, que conectaba unha fermosa volea imposible para o cancerbeiro rival 4-0.

Remataba así este magnífico encontro para os nósos 5 valientes.
O equipo finaliza así esta primeira volta na 3ª posición da táboa, superando as expectativas creadas no inicio de tempada. Ademáis o equipo segue con tódalas papeletas no relativo á deportividade con tan só un cartón amarelo.
Non obstante queda moito por diante, e calqueira crise de resultados acendería de novo tódalas alarmas clasificatorias. Nas próximas xornadas o equipo contará de novo con Yago e agárdase tamén o regreso paulatino de Chape e Xmon.
A pola segunda volta! Imos Matiz!

domingo, 1 de febrero de 2015

X15: Matiz Vigo FS Vs Cafetería Zaida Fin da primeira volta

Bos dias benqueridos lectores, nos atopamos unha semana máis neste espazo para analizar o que vai ser a última xornada da primeira volta para o Matiz FS.

Hoxe dun xeito máis breve do habitual analizaremos ó rival do noso equipo. Neste caso o Matiz vaise enfrotar ó Cafetería Zaida, noveno clasificado con 6 vitorias, 1 empate  e 7 derrotas, e que ven de derrotar ó Librería Hollandia, penúltimo clasificado por 5-2. En canto a golaveraxe contan con 35 goles a favor e 36 na contra, e suman 19 puntos. Pola súa banda o Matiz Vigo trala derrota da semana pasada sitúase terceiro con 27 puntos, dous máis que o Explovi quen é cuarto con 25 puntos. O Matiz sigue tendo uns números envidiables, mantendo 8 vitorias, e 3 empates e 3 derrotas. Ten 37 goles a favor e 36 na contra. En canto ós enfrontamentos históricos entre o Cafetería Danais e o noso equipo, o balance é positivo para os nosos. A temporada pasada os nosos empataban a douses na segunda xornada no pavillón municipal do Calvario, pero na volta serían quen de superar ó equipo zaidense por 3-4.

O Matiz Vigo chega, unha vez máis, moi xusto de efectivos a este encontro. Serán tan só 5 xogadores os que se presentarán na convocatoria esta semana. Jorge ocupará a porta, Vare e Davo os postos defensivos e Pani e Emi os postos atacantes. Son baixa Xmon, Chap, Yago, Quique e Pablo, a metade do cadro de xogadores. 

Será moi importante que o equipo saiba dosificar, e obter tres puntos neste complicado encontro. Non sería a primeira vez que o Matiz Vigo deslumbra ós seus seguidores cun magnífico partido sen trocos. É máis os mellores e máis épicos partidos protagonizados polos nosos se produciron cando o equipo acudía ós partidos con 5 e 6 xogadores. Sería moi importante pechar esta primeira volta con 3 puntos, que afianzaran ó equipo na terceira praza, e seguira poñendo terra de por medio co descenso. Ademais a vindeira semana o equipo xa contará co reforzo de Yago por unha longa temporada, polo que poderá paliar a escasez de efectivo destes últimos encontros. Este reforzo unido a recuperación do nocello de Xmon e do pe de Chap, fará que nas vindeiras semanas o equipo en principio non teña tantas urxencias na convocatoria. De gañar este partido o equipo poría 9 puntos de por medio co Cafetería Zaida.

O partido desta fin de semana, se disputará nun magnífico pavillón como é o de Coia pero a unha hora que dificulta a presenza de seareiros nas instalacións deportivas da Avenida de Castelao. O partido será ás 15:00.

E coma sempre xa saben! Imos que nos Imos! Imos Matiz Vigo!! partido moi importante que de seguro que o equipo será quen de sacalo adiante con concentración dende o primeiro minuto e seriedade no seu xogo.