Moi
boas tardes queridos lectores! Benvidos un ano máis (e xa é o noveno) a
competición recreativa non federada máis importante de Galicia, a Vigo en Xogo.
Unha temporada máis estaremos aquí para comentarvos o que nos agarda cada fin
de semana nesta apaixonante competición.
Pero
non é unha temporada máis é unha temporada de cambios, se ben non se produciron
no cadro de xogadores, si que se produciu no patrocinio do equipo. Tras
fracasar a temporada pasada a renovación do patrocinio con Deportes Carlos
Miguel (un dos patrocinios máis lonxevos da competición) a directiva conseguiu
acordar un novo patrocinio e máis vantaxoso con outra empresa histórica da
cidade e que ademais leva no seu nome o fermoso topónimo da cidade olívica
"VIGO". Esta histórica empresa non é outra que Matiz Vigo, compañía
de personalización (camisetas, chaveiros, cuncas... calquera superficie
susceptible de personalización) situada na esquina da Rúa Elduayen co Paseo de
Alfonso XII.
Nembargante
como xa dixemos este cambio de patrocinio non se traduciu nun troco no cadro de
xogadores, e é que a directiva prefire seguir apostando polos xogadores que
lograron militar na primeira división fai un par de temporadas. Este ano con
respecto ó pasado o equipo perde a figura de Selu, única fichaxe do ano pasado
e que rendeu a un bo nivel. Aínda que o club tiña a intención de seguir
contando cos seus servizos, Selu decidiu deixar o fútbol por unha temporada. A
cambio o Matiz Vigo recupera a Pablo, que deixou o equipo a pasada temporada
debido a súa estadía en Polonia. Non obstante, tan só poderá acudir a contados
partidos durante esta temporada, xa que terá fixada a súa residencia en Madrid.
Polo tanto cabe a dúbida de se o plantel do equipo será o suficientemente longo
para afrontar toda a temporada. O club aínda ten 4 semanas para analizar a
opción de realizar algunha fichaxe e ó remate da primeira volta abrirase o
mercado de inverno no que o club tamén tería marxe de manobra.
Con
todo isto o cadro de xogadores queda composto por: Jorge na portería, Xmon,
Chap, Vare para posicións defensivas, Emi, Yago e Pani para posicións ofensivas
e Davo como xogador comodín. Por último quedarían Quique e Pablo que
previsiblemente xogarán un par de partidos nas datas próximas ó Nadal. Isto é o
que se agarda de cada un dos xogadores esta temporada:
-
Jorge: Agárdase que atope a súa mellor versión, coa que poida garantir que a
portería do Matiz Vigo sexa un das menos goleadas da categoría.
-
Xmon: Deberá manter o bo ton físico da pasada campaña, que lle permitiu converterse
nun dos baluartes defensivos do equipo. Sigue progresando a un gran nivel co
paso das temporadas.
-
Vare: Seguirá sendo un dos líderes da retagarda do equipo branquinegrovermello grazas
a súa suculenta colocación, agárdase que poida ademais aportar a súa faceta
goleadora como ten acostumados ó equipo de funcionarios do Concello.
-
Chap: Este ano debido ó curto do cadro de xogadores de seguro que o equipo
precisará máis del, e estamos seguros de que cumprirá a un bo nivel como é
habitual, sexan cales sexan as condicións ás que chega ó partido.
-
Pani: Un exemplo de sacrificio defensivo e ofensivo, o ano pasado foi clave na
presión do equipo ó rival recuperando multitude de balóns debido a esa
xenerosidade que lle caracteriza. Na pretemporada deu mostras de que este ano
vai ser un xogador importante.
- Emi:
Debe ser un dos epicentros de creación do equipo, dándolle o toque imaxinativo
e organizativo ó equipo e coa habitual contribución goleadora. Coma todos
tamén será importante a súa axuda á defensa do equipo coa súa habilidade para
detectar o caneo do rival.
-
Yago: Tras uns anos nos que puido participar pouco co equipo, o ano pasado tivo
presenza en máis partidos e o equipo o notou positivamente. Este ano se agarda
que aínda poida xogar máis partidos e que sexa o home gol do equipo. Yago lle
da unha variante ó ataque Maticista ademais de sacrificio defensivo.
-
Davo: O ano pasado cumpriu a perfección nas tarefas que lle requiriu o equipo.
Xa sexa en defensa ou en ataque non deixa de sorprender a súa regularidade e o
seu bo nivel. Este ano o equipo volverá a aproveitarse del, e aínda que a baixa
de Selu lle dea máis oportunidades para xogar en defensa, tamén requirirase dos
seus servizos en ataque.
-
Quique: Sempre determinante cando xoga no equipo xa sexa en ataque ou en
defensa, seareiros, algún que outro árbitro e compañeiros estarán agardando a
súa volta de Perú para volver gozar do seu fútbol.
-
Pablo: Tras un ano sabático esta temporada xogará algún partido no que deberá
ser tan determinante como nos dous anos completos que estivo no equipo. Aínda
que sexa para poucos partidos, unha boa nova que a directiva puidera
retelo.
Xa
temos analizado o cadro de xogadores, noutra ocasión entraremos a analizar máis
o grupo que lle tocou este ano ó Matiz Vigo, como novidade sinalar que este ano
a 2ªA será de 16 equipos polo que a liga estará composta de máis xornadas. Como
sempre o nivel do grupo é unha incógnita.
O
primeiro rival do Matiz Vigo esta temporada será o Camping Cangas, ó que o ano
pasado logrou vencer na ida e co que caeu derrotado na volta nun pésimo partido
no pavillón municipal do Frontón. O Equipo do Morrazo realizou unha gran
segunda volta que lle permitiu saír dos postos de descenso e rematar sexto con
37 puntos, 8 por debaixo do DCM (actual Matiz Vigo).
O
Matiz Vigo chega a este partido tras realizar 1 adestramento e 3 partidos de
pretemporada onde a progresión do equipo foi máis que evidente. Cun nivel moi baixo
no primeiro partido no pavillón de Balaídos o equipo mellorou no amigábel no
pavillón de Bembrive no que a pesar da mellora acabou por ser goleado. No
último partido o equipo conseguiu pechar o mellor partido da pretemporada
conseguindo facerlle fronte ó equipo que a semana anterior pasaralle por
enriba. Polo tanto se agarda que o nivel do equipo neste primeiro partido sexa
realmente alto, e para isto será importantísimo que os xogadores saían
centrados ó 100%, motivados e coa confianza de que poder ser un dos mellores
equipos de esta temporada.
O
partido non podería ser nun mellor marco, o pavillón de Candeán unha das
mellores pistas para a práctica do fútbol sala en Vigo, unhas instalacións
cómodas e ben realizadas onde os espectadores poderán gozar desta nova etapa do
club a partir das 16:00 horas. Animádevos a vir, o Matiz Vigo necesita o
Voso Apoio! Imos que nos Imos, Imos que Comezamos, Imos Matiz Vigo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario