O primeiro encontro
oficial do MatizVigoFS quixo estar á altura do valor histórico que
terá ao longo dos anos e estivo cargado de emocións, dificultades,
tensión, intensidade e finalmente ledicia para a parroquia do novo
equipo do Paso de Afonso XII.
Os nósos que estrearon
indumentaria (vestiron nesta ocasión camisola e pantalón negros e
medias vermellas, aínda que poderán combinar as mesmas en función
das necesidades de cada encontro con camisola e/ou pantalón
vermellos; e tamén estrearon bolsa deportiva a xogo cortesía da
nova patrocinadora que seguíu o debut do equipo dende a bancada),
saíron moi metidos no encontro, realizando uns fantásticos minutos
iniciais e gozando de moitas ocasións para adiantarse no marcador.
Pero o gol non chegaría
do lado do Matiz, senón do Camping Cangas nun contragolpe mal
defendido polos nósos.
A partires de entón, o
protagonismo do encontro xa non foi para o xogo e o dominio do Matiz,
senón para as interrupcións e protestas continuadas (parte da
estratexia xa agardada do CampingCangas). Os nósos sabían que non
debían caer nese xogo, pero nesta primeira metade acabaron caendo na
trampa rival.
O descanso servíu para
que o equipo concienciárase da necesidade de centrarse de novo no
xogo, única e exclusivamente no xogo, e iso fixo que recuperasen o
dominio do esférico e comezasen de novo a levar perigo cara a meta
rival sen conseguir transformalo en goles.
Mais desta vez, a
arriscada estratexia dos locais volveuse na súa propia contra, e é
que a súa decisión de quedarse protestando ao colexiado todas e
cada unha das accións do partido, levounos a cometer dúas
infraccións por non permitir sacar con axilidade dous saques de
banda a favor dos nósos ao non respetar a distancia regulamentaria;
infraccións correctamente sancionadas polo colexiado en aplicación
do regulamento, con dous cartóns amarelos para un dos seus xogadores
e a correspondente expulsión.
Esta situación rematou de
descolocar e de agotar físicamente aos locais e reafirmou a idea do Matiz de que debían
seguir centrados só en conseguir facer gol na porta rival.
E así, en dúas xogadas
onde equipo moveu con bo criterio o esférico chegarían os dous
goles que daban a volta ao electrónico e supoñían a primeira
vitoria do Matiz no seu debut.
Anotou Yago en dúas
ocasións tras sendas asistencias de Emi e Xmon.
Gran esforzo de todo o
equipo, que convenceu ao respetable pola súa entrega e pola idea de
xogo dos primeiros cinco minutos e da segunda metade.
Pola contra o equipo
deixou entrever a que pode ser a súa principal carencia esta
tempada, a falta de gol. Por fortuna tamén amosouse a sí mesmo unha
das mellores formas de contrarrestala, encaixar moi poucos goles.
Nos vindeiros encontros o
equipo buscará solucións para ser máis efectivos de cara a porta,
sen esquecer as súas principais virtudes; traballo e colocación.
Todo iso o fará sen Yago, que ausentarase unhas cantas xornadas por
mor dos seus estudos.
Quedará por tanto o
equipo cun troco por posto, o que incrementará o cansazo, pero tamén
facilitará aos convocados estar metidos e concentrados no encontro
durante os 50 minutos.
Imos Matiz!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario