Moi boas tardes queridos lectores
Nos atopamos neste blog para
comentar por primeira vez na historia do DCM, o que vai a ser a súa
participación no torneo da copa, que este ano se abre a tódolos equipos
participantes na competición recreativa máis importante da cidade de Vigo.
Tras finalizar un ano no que se cumpriron
os obxectivos mínimos con soltura, pero no que non se conseguiu recuperar a
categoría perdida un ano antes, o DCM ten a oportunidade de pórlle unha bonita
guinda ó final de temporada pechando unha boa actuación no campionato de Copa.
A partir deste intre, cada actuación do equipo rosiña determinará se pode
seguir xogando unha semana máis a competición, ou se debe coller vacacións anticipadas.
O sorteo da copa determinou, como
ben comentou Lino fai unhas semanas, que o equipo deberá xogar a rolda previa
ós 1/32 de final. O partido será contra o WebsGalicia.es rival que pasamos a
analizar a continuación.
O WebsGalicia.es rematou a
temporada como 5º clasificado da terceira división grupo A, o grupo do
todopoderoso Vasnesma quen non sabe o que é non gañar no que vai en competición
e que suma 219 goles a favor e tan só 27 en contra. O Websgalicia pola súa
banda obtivo 41 puntos, conseguindo gañar 13 partidos, empatou 2 e perdeu 11,
obtendo 84 goles a favor (3,23 goles por partido) e 77 na contra (2,96 por
partido). Obtivo unha cómoda quinta praza quedando 5 puntos por debaixo do
cuarto clasificado e 7 por riba do sexto. Polo tanto se trata dun equipo sólido
da terceira división, que nun futuro pode dar o salto de categoría. Un rival
complicado para o cadro DCM'ista, que observamos no seu partido fronte ó líder
da categoría, onde plantáronlle cara, dificultándolle a vitoria ata que o
Vanesma conseguiu abrir a lata, e comezou a golear, como o soe facer cada fin
de semana.
Por todo isto o DCM, terá que dar
o mellor de si mesmo, para lograr pasar de rolda e continuar a competición a lo
menos unha semana máis. Para todo isto o equipo rosiña debe recuperar o
espírito competitivo, e deixar a relaxación de obxectivos das últimas xornadas
ligueiras onde non se xogaba nada. Ademais o cadro DCM'ista debe ser consciente
da importancia de amosar un comportamento sólido, xa que un gol na contra nesta
competición te pode enviar a casa ata outubro, máis aínda tendo en conta a
solidez do rival que ó igual que outros moitos equipos facilítalle moito as
cousas adiantarse no marcador. Polo tanto os xogadores que saían ó campo este
domingo, deberán facelo concentrados ó 100% e ofrecendo sacrificio colectivo en
defensa, xa que se todos cumpren as súas funcións a vitoria estará moito máis
cerca. Todo isto sen esquecer a faciana ofensiva, na que o equipo rosiña non
está atopar demasiados problemas para xerar ocasións pero si para
transformalas, pero estamos seguros que a necesidade de vitoria propia da
competición copeira mellorará as estatísticas do noso equipo.
Para este fin de semana son baixa
segura Quique e Yago, ambos fora das terras galegas. Dúbida e Chap quen parece
ser que non chegará a tempo para a disputa deste partido. Polo tanto a
convocatoria segura será a de Jorge na portería, na que terá que dar o mellor
de si mesmo para pór en valor os goles acadados polo equipo, Selu, Vare e Xmon
que deberán ser o baluarte defensivo que en moitos partidos foi o DCM e Emi,
Pani e Davo en ataque que ademais do sacrificio defensivo deberán ser os
encargados de xerar o xogo que leve ós nosos cara a vitoria.
O partido se disputará o domingo
día 11 de Maio ás 12:00 no pavillón de Bembrive!, agardámoste, se necesita todo
o apoio para poder pasar esta eliminatoria.
IMOS DCM!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario