Un desafortunado Matiz acadou na 3ª xornada ligueira
a súa primeira derrota da tempada, e o fixo por un resultado
avultado que a priori podería semellar preocupante; pero nada máis
lonxe da realidade. O equipo tivo un mal día, que comezou coa
coincidencia de cores nas equipacións que obrigou a buscar unha
solución desesperada que descentraría a atención dos nósos.
Seguíu coa mala fortuna de cara a porta (se diciamos en xornadas
pasadas que custaba convertir as ocasións, neste encontro, a falta
de acerto foi por momentos incrible, marchándose fóra balóns
que eran máis sinxelos de marcar que de errar), e finalizou co gran
acerto anotador do equipo rival.
Todo iso, observouse xa na primeira
xogada do choque. Tralo saque de centro, Emi marchaba nunha fermosa
xogada individual de tódolos adversarios que saían ao seu paso e
facía méritos para anotar un gol que non chegou por pouco. E acto
seguido, primeiro lanzamento do rival que superaba a Jorge e
traducíase no 1-0.
Pouco despois, erro defensivo e 2-0.
En escasos minutos o encontro púñase
costa arriba e obrigaba ao Matiz a ter que levar o peso do partido, o
que implicaba correr riscos defensivo e un maior desgaste físico.
Aínda así o equipo tivo a ocasión do
2-1, pero o que chegou foi o 3-0.
Na segunda parte, o número de ocasións
dos “homes de peto” foi escandalosa. Pero o gol só chegou de
penalti transformado por Emi.
Con todo iso, o encontro só podía
rematar en derrota. Os outros dous goles do Explanada ata o 5-1, mera
anécdota.
Así pois, os nósos pasan páxina, sen
esquecer a importancia que teñen os minutos iniciais de cada
encontro e a importancia de defender ao 100% cada xogada. Se
recuperan iso, as ocasións que neste encontro marcharon fóra,
pronto comezarán a entrar.
A pensar xa no vindeiro duelo!
Un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario