O DCM principiou a segunda volta do campionato da peor maneira posible; alonxándose de novo na loita de tódolos obxectivos aos que se tiña achegado ao remate das primeiras 13 xornadas. Derrota que supón desperdiciar unha clara oportunidade de alcanzar o 2º posto clasificatorio, encaixando 7 goles que minimiza moitísimo as opcións de estar entre os menos goleados da categoría e cun cartón amarelo (nesta ocasión inevitable e dos que entran dentro dos necesarios) que dificulta un chisco a deportividade.
Só queda esquecer esta xornada, pensar que queda moitísimo por diante e que con traballo, a competición dará máis oportunidades de loitar por estes obxectivos.
O encontro de onte, complicouse incluso antes de comezar; Jorge non podería estar na porta nos primeiros instantes e ademáis as condicións da pista (con importantes charcos fixo perigar a desputa do encontro).
Aínda así, o DCM comezou ben, e incluso tivo oportunidades de adiantarse. Pero non atinou nestos primeiros compases, algo que sí fíxo o Caf.Danais, que sacou a relucir un dos problemas do DCM esta tempada. Sen facer méritos suficientes, bastáronlle con 5 chegadas nesta primeira metade para poñer unha ampla vantaxe de 4 goles. O DCM pola contra, a pesares de ter tantas ou máis ocasións que o rival, só anotaría un gol. 4-1 ao descanso. Ademáis o equipo, cometeu o erro de desesperarse cun colexiado que realizou unha paupérrima actuación para ambos lados; asubiando accións cada vez que un dos equipos a reclamaba, corrixindo logo os seus propios erros, perdendo tempo en cada acción...
Aínda así, os nósos sabían que quedaba moito tempo e que o rival non estaba a ser tan superior como indicaba o electrónico, e que na segunda metade poderían dar a volta ao marcador. E así sería, os nósos achegáronse moi rápidamente ao empate con dous goles de empuxe e rabia. O Danais non era quen de ter o esférico e únicamente buscaban con balóns longos ao seu atacante de referencia. Pero unha falta na frontal que custaría ademáis cartón amarelo a Davo, acabaría en gol e daría de novo un importantísimo respiro aos visitantes; non estivo acertado Jorge nesta acción, quen caeu na trampa do dianteiro rival e centrouse en empurrar ao atacante que lle tabapaba e non no lanzamento. Seguíu remando o DCM e achegouse de novo no electrónico e incluso conseguíu empatar o partido, pero incomprensiblemente o colexiado anulaba o gol pitando de oídas. Ao final e xa co DCM á desesperada, Caf.Danais sentenciaría o encontro. 4-7.
Doloroso encontro. Primeira derrota do DCM ante un equipo que non está por riba na táboa clasificatoria. Hai que erguerse de novo e traballar con paciencia, xornada a xornada para non abandoar a pelexa dos obxectivos. Queda moito e moitas oportunidades. Imos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario