miércoles, 15 de enero de 2014

"A pegada do líder dilapida as opcións Dcmistas" BARLUADA 7-3 DCM


O choque no que o DCM apuraba as súas opcións de achegarse á loita polos postos de ascenso directo antes de finalizar a primeira volta de campionato, convertíuse nun querer e non poder ante un líder moi sólido, que sen grandes alardes levouse o partido pola vía rápida.
O DCM entrou frío e no primeiro minuto de encontro o BarLuadaII amosaba a súa portentosa efectividade e adiantábase no marcador 1-0; a partir de ahí, tirou de defensa posicional, deixando facer ó DCM que tivo ocasións pero errou, e altísimo porcentaxe de acerto en ataque; apenas 5 ataques servíronlle para marchar ó descanso cun 4-0 no electrónico.

Demasiado castigo para un DCM que o tentaba pero non era quén de materializar as súas ocasións, e recibía 4 durísimos golpes en forma de goles que semellaban unha vantaxe insalvable.
Aínda así o equipo non baixou os brazos na segunda metade e desta vez sí conseguiría anotar 3 goles, pero nunca conseguíu achegarse no marcador, xa que ao líder bastáronlle con 3 novos zarpazos para manter as diferenzas e non deixar que o partido perigase en ningún momento.
Polos nósos anotarían Emi de penalti cometido sobre Selu, Davo nunha magnífica xogada individual e Vare de disparo dende a frontal.


Agora o equipo pon a vista xa na última xornada da primeira volta. Queda anclado na 4ª posición da táboa, e segundo o resultado que acade neste derradeiro partido achegarase aos 3 primeiros ou os seus perseguidores comezarán a pisarlle os talóns.

O rival, o Bar Secundino, atópase nos postos baixos da clasificación pero chega repleto de moral neste 2014, tras sumar 4 puntos esta fin de semana (obtendo unha vitoria e un empate nun encontro aprazado). Os seus números reflicten que é un equipo pouco anotador pero que rendabiliza ben os seus goles. Non será por tanto un duelo sinxelo para un DCM obrigado a gañar.

No hay comentarios: